Saltar ao contido

Espermatogonia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Epitelio xerminal do testículo. 1 lámina basal, 2 espermatogonia, 3 espermatocito primario, 4 espermatocito secundario, 5 espermátida, 6 espermátida madura, 7 célula de Sertoli, 8 unión hermética (barreira hematotesticular)
Corte histolóxico a través do parénquima testicular dun porco. 1 Lume do túbulo seminífero contorneado, 2 espermátidas, 3 espermatocitos, 4 espermatogonias, 5 célula de Sertoli, 6 miofibroblastos, 7 células de Leydig, 8 capilares

Unha espermatogonia[1] é unha célula xerminal masculina indiferenciada. As espermatogonias sofren a espermatoxénese, ao final da cal se orixinan os espermatozoides maduros nos túbulos seminíferos dos testículos.[2] As espermatogonias divídense por mitose e son células diploides, mentres que os espermatocitos se dividen por meiose.

Existen tres substipos de espermatogonias en humanos:

  • Células de tipo Ad (dark), con núcleos escuros. Estas células son unha reserva de células nais espermatogoniais que non adoitan realizar unha activa mitose.
  • Células de tipo Ap (pale), con núcleos pálidos. Son células nais espermatogoniais que están realizando unha activa mitose. Estas células divídense producindo as células de tipo B.
  • Células de tipo B, que crecen e convértense en espermatocitos primarios.

Cando as espermatogonias se dividen, a citocinese é inclompleta e quedan unidas por pontes citoplasmáticas, formando sincitios. O mesmo ocorre cos espermatocitos e as espermátidas durante a espermatoxénese.

Fármacos anticancerosos

[editar | editar a fonte]

Fármacos anticancerosos como a doxorrubicina e a vincristina poden afectar adversamente á fertilidade masculina ao causaren danos no ADN das células nais espermatogoniais proliferativas. A exposición experimental de espermatogonias indiferenciadas de ratas á doxorrubicina e á vincristina indicou que estas células poden responder aos danos no ADN incrementando a expresión de xenes de reparación do ADN e que esta resposta probablemente prevén parcialmente a acumulación de roturas no ADN.[3] Ademais da resposta de reparación do ADN, a exposición de espermatogonias á doxorrubicina pode tamén inducir a morte celular programada (apoptose).[4]

  1. Definición de espermatogonia no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  2. Mahla, R.S. (2012). "Spermatogonial Stem Cells (SSCs) in Buffalo (Bubalus bubalis) Testis". PLOS ONE 7 (4): e36020. PMC 3334991. PMID 22536454. doi:10.1371/journal.pone.0036020. 
  3. Beaud H, van Pelt A, Delbes G (2017). "Doxorubicin and vincristine affect undifferentiated rat spermatogonia". Reproduction 153 (6): 725–735. PMID 28258155. doi:10.1530/REP-17-0005. 
  4. Habas K, Anderson D, Brinkworth MH (2017). "Germ cell responses to doxorubicin exposure in vitro" (PDF). Toxicol. Lett. 265: 70–76. PMID 27890809. doi:10.1016/j.toxlet.2016.11.016. hdl:10454/10685. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.