Evanxeo de María
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2014.) |
O Evanxeo de María, ou Evanxeo de María Madalena, é un dos Evanxeos gnósticos, parte dos Evanxeos apócrifos, que forma parte do Códice de Berlín (ou Códice Akhmim). Tamén existen fragmentos deste evanxeo nos papiros Oxirrinco L 3525 e Rylands 463. O primeiro está escrito en dialecto copto sahídico e os fragmentos en grego.
Segundo interpretacións como a da profesora da Cátedra Hollis de Divindade da Harvard Divinity School Karen King, o texto revela as tensións existentes entre os protoortodoxos, representados por Pedro, e os gnósticos, simbolizados por María Madalena. Unha confrontación similar existe noutros textos gnósticos, como o Evanxeo de Tomé, a Pistis Sophia ou o Evanxeo Copto dos Exipcios. Ademais, de acordo con este texto, María Madalena tería sido depositaria de revelacións secretas de Xesús, e tivo un papel destacado na comunidade cristiá postpascual. Porén, é posíbel que María Madalena non sexa aquí máis que un símbolo da Sophia do Gnosticismo.
O Códice de Berlín foi atopado soterrado en Akhmim, Exipto e está no Museo Exipcio de Berlín, Alemaña.