Expedición dos dez mil
A expedición dos dez mil foi unha campaña formada por continxentes de mercenarios gregos, recrutados polo persa Ciro o Mozo, durante a revolta para conseguir o trono contra o seu irmán maior, o rei aqueménida Artaxerxes II Memnón. A expedición é contada por Xenofonte, que formou parte dela, na súa obra A Anábase, e tivo lugar entre o -401 e o -399.
Disputa polo trono de Persia
[editar | editar a fonte]Á morte de Darío II de Persia, no -404, sucedeuno o seu fillo Artaxerxes[1] pero o seu irmán Ciro, sátrapa de Sardes, aspiraba a ocupar o trono e sublevouse nese ano, pero foi derrotado. Artaxerxes perdoouno e confirmouno como sátrapa de Sardes, pero Ciro non deixou de conspirar e comezou a recrutar mercenarios gregos baixo o mando do xeneral espartano Clearco: no -401 á fronte dun exército con miles de gregos, marchou cara a Babilonia., pero o seu irmán saíu ao seu encontro coas forzas persas.
Exército
[editar | editar a fonte]Segundo Xenofonte[2], o continxente persa estaba formado por 50.000 homes, e os mercenarios gregos por uns 12.000, distribuídos en:
- 1.000 hoplitas, 800 peltastas tracios e 200 arqueiros cretenses baixo o mando de Clearco de Esparta.
- 700 hoplitas baixo o mando de Quirísofo de Esparta.
- 300 hoplitas ao mando de Sosis de Siracusa.
- 1.000 hoplitas ao mando de Sofaneto de Arcadia.
- 4.000 hoplitas ao mando de Xenias de Parrasia.
- 1.500 hoplitas e 500 peltastas baixo o mando de Proxeno de Beocia.
- 1.000 hoplitas ao mando de Sofaneto de Estinfalo.
- 500 hoplitas baixo o mando de Sócrates de Acaia.
- 300 hoplitas e 300 peltastas ao mando de Pasion de Mégara.
- 1.000 hoplitas e 500 peltastas ao mando de Menón de Tesalia.
Avance en territorio persa
[editar | editar a fonte]Ciro ocultou, ao principio, o obxectivo da súa expedición, xa que anunciou que quería someter a rexión rebelde de Pisidia.
O exército abandonou Sardes e comezou a súa marcha cara ao leste polas terras de Ciro, uníndoselles máis mercenarios. Despois cruzaron Cilicia e Siria sen ter ningún enfrontamento coas tropas de Artaxerxes, xa avisadas da conspiración. Unha vez que o exército superou esta rexión e chegou aos límites do Éufrates, xa non puido ocultar a verdade. Isto fixo que os soldados se indignasen nun primeiro momento, pero a promesa de pagos xenerosos calmou os seus ánimos.
A batalla
[editar | editar a fonte]Finalmente as tropas de Ciro enfrontáronse ás de Artaxerxes na batalla de Cunaxa no -401, a poucos quilómetros de Babilonia. Segundo Xenofonte, o rei persa tiña tropas moi superiores ás dos mercenarios. O resultado foi un masacre, no que Ciro resultou morto cando dirixía un ataque directo contra a posición onde estaba o seu irmán Artaxerxes[3][4].
Á morte de Ciro, Clearco asumiu o mando e retirouse, ata que, arrestado a traizón cos seus xenerais por Tisafernes, foi entregado a Artaxerxes e executado. Estando moi no interior do territorio inimigo, coa maioría dos seus xenerais mortos, Xenofonte xogou un papel decisivo para alentar aos dez mil soldados do exército grego a se desprazaren ao norte cara ao Mar Negro nunha épica retirada defensiva[1].
A retirada
[editar | editar a fonte]Primeiro cruzaron o deserto sirio, Babilonia, despois a Armenia nevada, para regresar á súa terra natal. Ao final, tras varios meses de marcha e numerosos enfrontamentos cos pobos dos territorios que atravesaron, chegaron ao mar Negro, en Trapezunte. É o momento que Xenofonte explica na Anábase[5] no que berran "θάλασσα θάλασσα, thálassa thálassa ("O mar! O mar!). Porén, aínda lles quedaban 1.000 km por diante, con escaseza de comida e auga.
Os gregos continuaron a marcha cara á Paflagonia. As cidades gregas da costa, en lugar de os acoller, mantíñanos a distancia por medo a un posible saqueo. A rebelión estalou nas súas filas e os arcadios e aqueos acabaron desertando. Malia algúns rumores de que Xenofonte quería fundar unha colonia, isto foi refutado perante o exército constituído en asemblea.
Os gregos traballaron como mercenarios ao mellor ofertante. Un dinasta tracio negouse a pagarlles; un xeneral espartano, Tibrón, contratounos para loitar contra os sátrapas Tisafernes e Farnabazo I, que coa morte de Ciro recuperaran o control das cidades gregas de Xonia. Os Dez Mil, que dous anos despois non eran máis de 6.000, marcharon a Lámpsaco e despois a Pérgamo, onde Xenofonte lle cedeu o mando a Tibrón.
Consecuencias da expedición dos dez mil
[editar | editar a fonte]A viaxe do continxente grego polo Imperio persa sorprendeu aos contemporáneos de Xenofonte. Era a primeira vez que un grupo de gregos lograba fuxir do “corazón das tebras” de Persia, un imperio ata entón inviolable. A expedición dos gregos demostrou que este imperio, que invadira Grecia dúas veces durante as Guerras Médicas, quizais non fose, despois de todo, tan formidable.
Unha pequena tropa de mercenarios conseguiu escapar da vinganza de Artaxerxes e os seus exércitos no corazón mesmo do seu reino. O seu éxito, ademais de demostrar a innegable superioridade militar dos gregos sobre os persas, demostrou que era posible unha expedición ás terras do Gran Rei.
Recordarase especialmente esta lección, narrada na Anábase, onde se evidencia a importante evolución dos mercenarios, e a notable arma letal que supuxo a unión de guerreiros de distintas poleis gregas complementando todas as técnicas, tal e como quedou reflectido no campo de batalla. por Alexandre Magno, que 70 anos despois tomou todo o seu vasto reino a Persia, cun pequeno exército de 40.000 aliados gregos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Artaxerxes II de Pèrsia". L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana.
- ↑ Xenofonte 1.2.9 Anábase'
- ↑ Plutarco (1831). Plutarch's lives. William and Joseph Neal. p. 693–."Pasacas", cavall de Cir el Jove.(en inglés)
- ↑ Plutarc. Vides paral·leles, vol. XII: Artaxerxes. Agis i Cleòmenes. Tiberi i Gaius Grac. Fundació Bernat Metge. p. 2–. ISBN 9788472259461.Pasacas, cavall de Ciros.(en catalán)'(en grego antigo)
- ↑ Xenofonte, Anábase,iv,7, 21–27
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Pierre Briant:
- Histoire de l'Empire perse, de Cyrus à Alexandre, Fayard, 1996, ISBN 2-213-59667-0
- Dans les pas des Dix-Mille. Peuples et pays du Proche-Orient vus par un Grec , Actas da mesa redonda de Toulouse, 3-4 de febreiro de 1995
- Pierre Carlier, Le IVe siècle grec jusqu'à la mort d'Alexandre, Nouvelle histoire de l'Antiquité, vol. 3, Seuil, col. «Points Histoire», París, 1996, ISBN 2-02-013129-3
- Silvia Milanezi, aviso da Anabase, Belles Lettres, col. "Classiques en poche", 2002, ISBN 2-251-79952-4
- Literatura
- Manfredi, Massimo Valerio, El Ejército Perdido, Barcelona: Grijalbo, 2008, ISBN 978-84-253-4244-8
- Ford, Michael Curtis, La odisea de los diez mil, Barcelona: Random House Mondadori, 2004, ISBN 978-84-979-3082-6
- Anábasis — Expedición de los Diez Mil (en castelán)
- — Artigo: SAEZ GEOFFROY, ANDRÉS. Geopolítica y hostelería: una aproximación a los orígenes de la expedición de los diez mil (404-401). Byzantion nea hellás [en liña . 2013, n.32 [citado 13-08-2014], pp. 163-181] (en castelán)