Festival de Eurovisión 1962
Festival de Eurovisión 1962 | |
---|---|
Datas | |
Final | 18 de marzo de 1962 |
Anfitrión | |
Lugar | Villa Louvigny Luxemburgo Cidade de Luxemburgo, Luxemburgo |
Director | Jean Roderès |
Supervisor executivo | René Steichen |
Produtor executivo | Jos Pauly |
Televisión anfitrioa | CLT |
Acto(s) intermedio(s) | Achille Zavatta |
Participantes | |
Participantes | 16 |
Mapa
| |
Votacións | |
Sistema de votación | Cada país estaba formado por un xurado de 10 membros. Cada un destes outorgaba 3, 2 e 1 punto ás súas tres cancións favoritas. Todos estes puntos sumaríanse, e as tres cancións con maior puntuación de cada país recibirían 3, 2 ou 1 votos na puntuación xeral. |
Canción gañadora | Un premier amour, Isabelle Aubret Francia |
Festival de Eurovisión | |
◄1961 1963► |
O Festival Eurovisión de 1962 foi o 7º edición do festival de Eurovisión e foi realizado o 18 de marzo de 1962 en Luxemburgo. Mireille Delanoy foi a presentadora do festival. Gañou a cantante francesa Isabelle Aubret, que representou a Francia coa canción "Un premier amour", facendo de Francia o primeiro país a gañar o certame tres veces. Esta edición foi a única que se realizou nun serán de domingo. Por primeira vez, o top 3 foi constituído por 3 cancións interpretadas na mesma lingua, o francés.[1]
Debido ao feble sistema de votación, onde apenas 3 países (de 16) eran puntuados por cada país, Austria, Bélxica, España e os Países Baixos partillaron o derradeiro lugar, con 0 puntos. Por primeira vez na historia, houbo "puntos nulos".
Local
[editar | editar a fonte]O Festival de Eurovisión de 1962 ocorreu na capital de Luxemburgo. A cidade do Luxemburgo é unha comuna de Luxemburgo con status de cidade, pertencente ao distrito de Luxemburgo e ao cantón de Luxemburgo.
Luxemburgo é unha cidade moi desenvolvida social e economicamente. Luxemburgo é unha das cidades máis ricas da Europa e tornouse un importante centro financeiro e administrativo. Na cidade están varias importantes institucións da Unión Europea, entre as que están o Tribunal de Xustiza Europeo, o Tribunal de Contas e o Banco Europeo de Investimento.
O festival en si realizouse no Villa Louvigny, no sur do Luxemburgo, que foi a sede da Compagnie Luxembourgeoise de Télédiffusion, o antecesor do actual RTL Group. Está localizado nun grande parque, ó Parque Municipal, no barrio Ville Haute do centro da cidade.
Formato e vídeo
[editar | editar a fonte]O vídeo introdutorio comezou cunha vista aéreo da Villa Louvigny. Mentres a orquestra interpretou o instrumental de "Nous les amoureux", a canción vencedora do festival de 1961, a cámara ofreceu unha imaxe da sala, e enfocou ó público e, finalmente, á orquestra.
A presentadora foi Mireille Delannoy, que abriu a noite co inevitábel "Boa noite, Europa!", seguido da mesma apertura nalgunhas linguas dos países participantes. Concluíndo con: "Boa noite, millóns de amigos!".
A decoración lembraba as mansións do século XVI con adornos e flores. O salón principal estaba cheo de personalidades, principalmente francesas, convidadas pola Télé Luxembourg. A orquestra, os artistas e o cadro de votación foron colocados no mesmo escenario, a orquestra á esquerda, os artistas no centro e o cadro de votación á dereita. O pano de fondo que cubría ós artistas tiña unha entrada, unha balaustrada de ferro forxado, columnas e xanelas. Polas xanelas podíase ver un ceo pintado de estrelas.
Unha nova regra for introducida, o límite das cancións a 3 minutos de duración. Esta regra segue vixente a día de hoxe.
As cancións participantes foron interpretadas sen presentación individual. Un pequeno incidente ocorreu após a a canción de Francia, un corte da corrente xeral apagou as luces do auditorio, deixándoo ás escuras.
Alemaña, con Conny Froboess e a súa canción "Zwei kleine Italiener" (en galego: dous pequenos italianos) era unha das grandes favoritas á vitoria. Con todo, ficou no 6º lugar, con apenas 9 puntos.
Despois da derradeira música, pareceu que podía entrar un participante sorpresa. Realmente, tratábase do famoso pallaso Achille Zavatta que representou "Zavattaland" e tocou distintos instrumentos musicais que incluso colleu dos músico da orquestra, antes de ser "detido" por dous mozos de seguridade.
Votación
[editar | editar a fonte]Un novo sistema de votación for utilizado.
Cada país tivo un xulgado formado por 10 xuíces que asinaban 3, 2 e 1 punto as súas 3 canción favoritas. Sumando os puntos totais de todos os xuíces de cada país quedou unha lista cas cancións favoritas dese país. As tres cancións favoritas recibiron 3 puntos, 2 puntos e 1 punto, respectivamente.
Participantes
[editar | editar a fonte]País | Título orixinal | Artista |
---|---|---|
Tradución en galego | Idiomas da música | |
Austria | "Nur in der Wiener Luft" | Eleonore Schwarz |
Soa no ar da Viena | Alemán | |
Alemaña | "Zwei kleine Italiener" | Conny Froboess |
Dous pequenos italianos | Alemán | |
Bélxica | "Ton nom" | Fud Leclerc |
O teu nome | Francés | |
Dinamarca | "Vuggevise" | Ellen Winther |
Canto de berce | Dinamarqués | |
España Franquista | "Llámame" | Victor Balaguer |
Chámame | Castelán | |
Finlandia | "Tipi-tii" | Marion Rung |
Canto alegre | Finés | |
Francia | "Un premier amour" | Isabelle Aubret |
Un primeiro amor | Francés | |
Italia | "Addio, addio" | Claudio Villa |
Adeus, adeus | Italiano | |
Iugoslavia | "Ne pali svetla u sumrak" | Lola Novaković |
Non des a luz no lusco fusco | Servo-Croata | |
Luxemburgo | "Petit bonhomme" | Camillo Felgen |
Rapaziño | Francés | |
Mónaco | "Dis rien" | François Deguelt |
Non digas nada | Francés | |
Noruega | "Kom sol, kom regn" | Inger Jacobsen |
Veña Sol, veña choiva | Noruegués | |
Países Baixos | "Katinka" | De Spelbrekers |
Katinka | Holandés | |
Reino Unido | "Ring-A-Ding Girl" | Ronnie Carroll |
"Ring-A-Ding Girl" | Inglés | |
Suecia | "Sol och vår" | Inger Berggren |
Sol e primavera | Sueco | |
Suíza | "Le retour" | Jean Philippe |
O regreso | Francés |
Festival
[editar | editar a fonte]# | País | Lingua | Artista | Música | Lugar | Puntuación |
---|---|---|---|---|---|---|
1º | Finlandia | Finés | Marion Rung | "Tipi-tii" | 7º | 4 |
2º | Bélxica | Francés | Fud Leclerc | "Ton nom" | 13º | 0 |
3º | España franquista | castelán | Victor Balaguer | "Llámame" | 13º | 0 |
4º | Austria | Alemá | Eleonore Schwarz | "Nur in der Wiener Luft" | 13º | 0 |
5º | Dinamarca | Dinamarqués | Ellen Winther | "Vuggevise" | 10º | 2 |
6º | Suecia | Sueco | Inger Berggren | "Sol och vår" | 7º | 4 |
7º | Alemaña | Alemá | Conny Froboess | "Zwei kleine Italiener" | 6º | 9 |
8º | Países Baixos | Holandés | De Spelbrekers | "Katinka" | 13º | 0 |
9º | Francia | Francés | Isabelle Aubret | "Un premier amour" | 1º | 26 |
10º | Noruega | Noruegués | Inger Jacobsen | "Kom sol, kom regn" | 10º | 2 |
11º | Suíza | Francés | Jean Philippe | "Le retour" | 10º | 2 |
12º | Iugoslavia | Servo-croata | Lola Novaković | "Ne pali svetla u sumrak" (Не пали светло у сумрак) | 4º | 10 |
13º | Reino Unido | Inglés | Ronnie Carroll | "Ring-A-Ding Girl" | 4º | 10 |
14º | Luxemburgo | Francés | Camillo Felgen | "Petit bonhomme" | 3º | 11 |
15º | Italia | Italiano | Claudio Villa | "Addio, addio" | 9º | 3 |
16º | Mónaco | Francés | François Deguelt | "Dis rien" | 2º | 13 |
Galería
[editar | editar a fonte]-
Marion Rung
-
Victor Balaguer
-
Eleonore Schwarz
-
Ellen Winther
-
Inger Berggren
-
Conny Froboess
-
De Spelbrekers
-
Isabelle Aubret
-
Inger Jacobsen
-
Jean Philippe
-
Lola Novaković
-
Ronnie Carroll
-
Camillo Felgen
-
François Deguelt
-
Ronnie Carroll, De Spelbrekers e Conny Froboess
-
Conny Froboess e De Spelbrekers
Resultados
[editar | editar a fonte]A orde de votación foi ó contrario da orde de actuación dos países no festival, sendo a seguinte:[2]
País Votante | País puntuado | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mónaco | 2 | 1 | 3 | |||||||||||||
Italia | 1 | 2 | 3 | |||||||||||||
Luxemburgo | 1 | 2 | 3 | |||||||||||||
Reino Unido | 3 | 2 | 1 | |||||||||||||
Iugoslavia | 3 | 2 | 1 | |||||||||||||
Suíza | 3 | 2 | 1 | |||||||||||||
Noruega | 1 | 3 | 2 | |||||||||||||
Francia | 2 | 3 | 1 | |||||||||||||
Países Baixos | 1 | 2 | 3 | |||||||||||||
Alemaña | 3 | 2 | 1 | |||||||||||||
Suecia | 1 | 3 | 2 | |||||||||||||
Dinamarca | 3 | 1 | 2 | |||||||||||||
Austria | 2 | 1 | 3 | |||||||||||||
España Franquista | 2 | 1 | 3 | |||||||||||||
Bélxica | 2 | 1 | 3 | |||||||||||||
Finlandia | 2 | 1 | 3 | |||||||||||||
Total | 4 | 0 | 0 | 0 | 2 | 4 | 9 | 0 | 26 | 2 | 2 | 10 | 10 | 11 | 3 | 13 |
Lugar | 7º | 13º | 13º | 13º | 10º | 7º | 6º | 13º | 1º | 10º | 10º | 4º | 4º | 3º | 9º | 2º |
5 puntos
[editar | editar a fonte]Os países que recibiron 5 puntos foron os seguintes[3]:
# | País puntuado | Países votantes |
---|---|---|
5 | Francia | Alemaña, Ioguslavia, Noruega, Suecia, Suíza |
3 | Luxemburgo | Bélxica, España, Mónaco |
Mónaco | Austria, Luxemburgo, Países Baixos | |
2 | Iugoslavia | Francia, Italia |
1 | Finlandia | Reino Unido |
Reino Unido | Finlandia | |
Suecia | Dinamarca |
Mestres
[editar | editar a fonte]Cada actuación tivo que levar un mestre de orquestra de seu para acompañar os artistas do seu país[4].
País | Mestre |
Finlandia | George de Godzinsky |
Bélxica | Henri Segers |
España franquista | Jean Roderès |
Austria | Bruno Uher |
Dinamarca | Kai Mortensen |
Suecia | William Lind |
Alemaña | Rolf-Hans Müller |
Países Baixos | Dolf van der Linden |
Francia | Franck Pourcel |
Noruega | Øivind Bergh |
Suíza | Cedric Dumont |
Xugoslavia | Joze Privzek |
Reino Unido | Wally Stott |
Luxemburgo | Jean Roderès |
Italia | Cinico Angelini |
Mónaco | Raymond Lefèvre |
Mestre anfitrión | Jean Roderès |
Artistas que repetiron
[editar | editar a fonte]En 1962, os artistas que repetiron foron:
- Bélxica, Fud Leclerc: Representou á Bélxica en 1956, 1958 e 1960, sendo a súa mellor en 1958 coa canción «Ma petite chatte», quedando na 5ª posición con 8 puntos.
- Luxemburgo, Camillo Felgen: Representou ó Luxemburgo no Festival de Eurovisión 1960 coa canción «So laang we's du do bast», quedando na 13ª posición (derradeira) con 1 punto.
- Mónaco, François Deguelt: Representou ó Mónaco no Festival de Eurovisión 1960 coa canción «Ce soir-là», quedando na 3ª posición con 15 puntos.
- Suíza, Jean Philippe: Representou a Francia no Festival de Eurovisión 1959 coa canción «Oui, oui, oui, oui», quedando na 3ª posición con 15 puntos.
O representante de Suíza, Jean Philippe, tornouse o primeiro artista a representar dous países, representando á Francia en 1959, con "Oui, oui, oui, oui", que terminou en 3º lugar.
Transmisión
[editar | editar a fonte]As canles de televisión responsábeis da difusión do festival por televisión e por radio foron as seguintes cadeas televisivas[5]:
Referencias
[editar | editar a fonte]- ↑ "Eurovision Song Contest". Eurovision.tv (en inglés). Consultado o 2022-01-03.
- ↑ A ordem de votação foi efectuada através da visualização de vídeos da edição do festival, à semelhança de outras secções deste artigo
- ↑ "Eurovision Song Contest 1962 | Year page | Eurovision Song Contest". web.archive.org. 2015-07-23. Archived from the original on 10 de febreiro de 2017. Consultado o 2022-01-03.
- ↑ "1962 - Diggiloo Thrush". www.diggiloo.net. Consultado o 2022-01-03.
- ↑ "And the conductor is...|...a website dedicated to all conductors of the Eurovision Song Contest". www.andtheconductoris.eu. Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2018. Consultado o 2022-01-03.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Festival de Eurovisión 1962 |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Predecesor: Cannes 1961 |
Festival de Eurovisión Luxemburgo 1962 |
Sucesor: Londres 1963 |