Filoloxía galega
A filoloxía galega é a rama da filoloxía que se ocupa do estudo da lingua galega. Esta titulación fornece un ensino literario e lingüístico relacionada co contexto galego. Impártese en Galiza (Na Universidades da Coruña, de Santiago de Compostela e de Vigo). Ademais existe oferta de lingua galega, minors e graos de estudos galegos en universidades de ámbito estatal e internacional. Está moi relacionada coa filoloxía portuguesa.
Ensino en Galiza
[editar | editar a fonte]Ata a década dos anos 1980, os estudos de filoloxía galega adscribíanse coma unha sección de Filoloxía hispánica chamada especialidade en Filoloxía galego-portuguesa, pero logo foron segregados coma unha carreira á parte. Na actualidade a filoloxía galega estúdase nos campus de Santiago, A Coruña e Vigo. No ensino universitario galego, as filoloxías estaban centradas tradicionalmente na Universidade e Campus de Santiago de Compostela, se ben coa segregación das universidades coruñesa e viguesa puxéronse en funcionamento centros e facultades en varios campus.
A distribución das diferentes Filoloxías nos Campus galegos é a seguinte:
Universidade de Santiago de Compostela | Campus de Santiago | Filoloxías galega, hispánica, inglesa, francesa, italiana, alemá, portuguesa, románica, italiana e clásica[1] |
Campus de Lugo | Filoloxía hispánica[2] | |
Universidade da Coruña | Campus da Coruña | Filoloxía galega, hispánica e inglesa[3] |
Campus de Ferrol | non hai filoloxías | |
Universidade de Vigo | Campus de Vigo | Filoloxía galega, hispánica, inglesa (e Tradución e interpretación)[4] |
Campus de Pontevedra | non hai filoloxías | |
Campus de Ourense | non hai filoloxías |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Filoloxías galega, hispánica, inglesa, francesa, italiana, alemá, portuguesa, románica, italiana e clásica". Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2005. Consultado o 14 de febreiro de 2017.
- ↑ Lingua e Literaura Españolas
- ↑ Filoloxía galega, hispánica e inglesa
- ↑ Filoloxía galega, hispánica, inglesa (e Tradución e interpretación)