Final Fantasy VII: Advent Children
Final Fantasy VII: Advent Children | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Final Fantasy VII: Advent Children |
Director | Tetsuya Nomura |
Produtor | Shinji Hashimoto Yoshinori Kitase |
Guión | Kazushige Nojima |
Baseado en | Final Fantasy VII |
Música | Nobuo Uematsu |
Montaxe | Keiichi Kojima |
Estudio | Square Enix |
Distribuidora | Sony Pictures |
Estrea | 2005 |
Duración | 101 minutos |
Orixe | Xapón |
Xénero | Ficción científica animada |
Na rede | |
http://www.square-enix.co.jp/dvd/ff7ac/ | |
Final Fantasy VII: Advent Children é a película secuela do videoxogo de Square Enix Final Fantasy VII. Esta película forma parte dunha serie de entregas cuxo obxectivo é completar e ampliar a historia de Final Fantasy VII, cuxo nome conxunto é Compilation of Final Fantasy VII.
Sinopse
[editar | editar a fonte]A película desenvólvese dous anos logo dos sucesos acaecidos no videoxogo. Cloud, o protagonista, vive só na cidade de Midgar, que logo de Meteorito e o ataque de Weapon (Arma na versión española), quedou baleira, xa que os habitantes desta mudáronse ou ao pobo de Kalm ou a unha cidade achega chamada Edge. O lugar onde reside é especificamente na igrexa de Aeris (ou Aerith Gainsborough), quen foi algo máis que unha amiga para el, pero que morreu no xogo a mans de Sephiroth ao sacrificarse para que Holy (Sagrado na versión española de FFVII, pero traducido como Sanctus en todas as posteriores versións de FF) puidese ser convocado e destruíse ao Meteorito. Cloud, do mesmo xeito que os orfos que coida con Tifa, vese afectado por unha estraña enfermidade, o Geostigma, producida polas células de Jénova que se diseminaron na Corrente Vital despois de que esta fose derrotada por Cloud e compañía ao final de Final Fantasy VII.
Ao mesmo tempo, os Turks (Turcos) que son enviados ao Cráter do Norte, onde Cloud e os seus amigos derrotan a Sephiroth dous anos atrás, atopan a cabeza de Jénova, un ente extraterrestre que chegou ao planeta dous mil anos antes e que causou a case completa extinción da raza dos Cetra ou Anciáns (Ancients). No pasado foi atopada por Shinra (Shin-Ra na versión xaponesa) e confundida cunha Cetra, sendo utilizada para diversos experimentos. Entre eles destaca Sephiroth, creado ao inxectar células de Jenova a un embrión que era o fillo do científico Hojo e Lucrecia. Logo pasou a formar parte de Soldado (Soldier), a forza guerreira elite de Shinra. Mentres os Turcos buscan na caverna, son atacados por unha banda de poderosos opoñentes que case logran apoderarse dos restos de Jénova pero que Reno logra salvar. Tseng e Elena son tomados como reféns.
Malia que Cloud deixa de vivir con Tifa e os nenos, segue traballando como repartidor, ata que un día Tifa contacta con el para informarlle de que Reno, un dos Turcos, chámao para facerlle un encargo. É entón cando Cloud, mentres se dirixe a "Healin Lodge", é atacado por tres persoas descoñecidas de moito parecido entre eles. Estes son Kadaj, Loz e Yazoo, que máis adiante se revelan como espíritos de Sephiroth que se manifestan fisicamente como unha trindade, e cuxa existencia é debida a que trala súa morte, a alma de Sephiroth non se uniu á Corrente Vital. Os tres mozos están buscando a Jénova para levar a cabo unha Reunión que lles permita volver formar a Sephiroth. Cloud logra salvarse e chega con Reno. É aquí cando lle revelan a Cloud que Rufus, o novo presidente de Shinra, non morreu no ataque a Midgar dous anos atrás como todos crían, e que está en cadeira de rodas e infectado de Geostigma.
Tifa e Marlene, a filla adoptiva de Barret, van á igrexa de Aerith para buscar a Cloud. Non o atopan pero se dan conta de que está infectado de Geostigma, do mesmo xeito que Denzel, un neno de que vive con Tifa. Nisto, Loz chega á igrexa e enfróntase a Tifa. Logo dun duro combate, no que Tifa leva a vantaxe durante boa parte del, Loz a derrota deixándoa inconsciente, roubándolle a materia de Cloud e secuestrando a Marlene. Mentres tanto, Yazoo atópase en Edge reunindo aos nenos con Geostigma e levándollos, incluído Denzel, e ao mesmo tempo Kadaj atópase en Healin Lodge explicándolle a Rufus o seu obxectivo e ameazándoo con que se non lle entrega a Jénova, vai seguir torturando a Elena e Tseng.
Cloud vai á igrexa e atopa a Tifa inconsciente entre as flores. Mentres se pregunta sobre o que sucedeu, o Geostigma fai que Cloud se desmaie. Ao espertar atópase na súa casa en Edge xunto con Tifa, Reno e Rude. Convencen á Cloud para ir cara á Cidade dos Anciáns, onde Kadaj reuniu aos nenos afectados de Geostigma para levar a cabo a Reunión coas células de Jénova que teñen cada un deles.
Ao chegar Cloud dáse conta de que Kadaj logra controlar aos nenos infectados con Geostigma e entra nunha batalla contra o trío. Finalmente, é salvado por Vincent Valentine, un amigo do pasado. Vincent explícalle a Cloud o verdadeiro obxectivo de Kadaj e a verdade do Geostigma. Segundo Vincent, o Geostigma prodúcese pola reacción que ten a Corrente Vital do propio corpo dos afectados para combater contra as células de Jénova. Tamén lle di a Cloud que salvou a Elena e a Tseng e que eles lle deron toda esa información. Marlene aparece e convence a Cloud de ir axudar aos demais a Edge.
Mentres tanto en Edge, Loz e Yazoo atópanse a piques de derrubar o monumento en de Shinra en conmemoración do que ocorreu co Meteorito dous anos antes. Posto que é de Shinra, a banda cre que aí se atopa Jénova e están dispostos a derribalo para atopala. Usando aos nenos como escudos ven os seus plans frustrados por Reno e Rude, contra quen combaten. Ao mesmo tempo, Kadaj atópase no último piso dun edificio en construción con Rufus. Kadaj convoca a Bahamut Sen para atacar Edge e destruír o monumento. Lógrao pero chegan os antigos compañeiros de Cloud e Tifa a axudar: Cid, Yuffie, Rede XIII, Cait Sith, Barret e Vincent. Posteriormente chega Cloud e derrota a Bahamut Shin coa axuda de todos os seus amigos.
No outro lado da cidade, Rufus revélase e móstralle a Kadaj o contedor cos restos da cabeza de Jénova. Intenta salvalo de Kadaj, pero falla, e Kadaj escapa por unha estrada en construción. Cloud perségueos e empeza unha incrible batalla sobre motocicletas. Cloud gaña a batalla e Reno e Rude encárganse do resto.
Cloud vai por Kadaj, chegando así a Midgar. Na igrexa de Aerith teñen un pequeno enfrontamento e por accidente liberan parte da Corrente Vital que cura a Cloud do Geostigma. Cloud escoita unha voz familiar e sae a cazar a Kadaj. Teñen un gran combate no que Cloud completa a espada, converténdoa en "First Sword" (Primeira espada) e consegue a vitoria. É entón cando Kadaj decide terminar con todo e únese cos restos de Jénova, para así terminar a Reunión e formar a Sephiroth.
Sephiroth revélalle a Cloud o seu verdadeiro obxectivo: Cando alguén morre polo Geostigma, o seu espírito queda fluíndo no planeta en forma dunha especie de Corrente Vital "escura". Se suficiente xente morre por isto, Sephiroth podería controlar o fluxo de Corrente Vital do planeta e, polo tanto, o movemento do mesmo planeta. Sephiroth pretende usar o planeta para chegar a outros aos que intentar invadir. É entón cando empeza o colosal combate entre Cloud e Sephiroth.
Sephiroth derrota a Cloud, pero grazas ao recordo de Aerith, logra recuperarse e usa o limit break "Omnislash Versión 5" no que separa todas as espadas da orixinal derrotando a Sephiroth que é reducido novamente ao seu estado de Kadaj. O espírito de Aerith manda a Kadaj de novo ao planeta mediante unha unha "choiva" de Corrente Vital (referencia directa ao seu límite Great Gospel en Final Fantasy VII), que tamén cura aos enfermos de Geostigma, xa que destrúe todo aquilo afectado por Jénova. Cando aparentemente todo está ben, Cloud recibe un disparo por detrás ao corazón. Cloud dáse a volta e atópase a Loz e Yazoo que se negan a renderse. Cloud atácaos facendo un último esforzo, pero eles intentan responder producindo unha explosión á vez que se desvanecen debido á "choiva".
Cloud esperta na igrexa de Aerith, mergullado no lago formado pola Corrente Vital e cos nenos ao seu ao redor. Todos son curados usando esa auga. Finalmente, Cloud ve os espíritos de Zack e Aerith na porta da igrexa.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en xaponés).
- Final Fantasy VII: Advent Children en Anime News Network (en inglés).