Flapper
Aparencia
Flapper é un anglicismo[1] que se usaba nos anos vinte para designar a un novo estilo de vida levado por mulleres novas que usaban saias curtas, substituíron o corpiño pola faixa, estilaban un corte de cabelo especial (chamado bob cut) e escoitaban música non convencional para esa época (jazz), a cal tamén bailaban. As flappers empregaban moita maquillaxe, bebían licores fortes, fumaban, conducían adoito a altas velocidades e tiñan comportamentos similares aos dun home. Estas mulleres supuñan un desafío ao que naquel tempo era considerado o socialmente correcto.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Las flappers, esas mujeres a las que la moda actual les debe todo". El País. 2013-5-14. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2023. Consultado o 2023-2-16.