Francesco I Acciaioli
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XV |
Morte | 1454 (Gregoriano) |
Familia | |
Familia | Família Accioli (pt) |
Pais | Nerio II Acciaioli e Clara Zorzi |
Francis ou Francesco I Acciaioli foi o fillo de Nerio II Acciaioli coa súa segunda esposa Clara Zorzi. Sucedeu a seu pai en 1451 no Ducado de Atenas baixo a rexencia da súa nai.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A súa nai casou co veneciano Bartolomeo Contarini (1453). Con todo, Mehmed II, o sultán otomán, interveu ante a insistencia do pobo en nome do novo duque Francesco e convocou a Bartolomeo e a Clara á súa corte en Adrianópole. Outro Acciaioli, Francesco II, foi enviado a Atenas como duque cliente turco. Evidentemente, os cidadáns desconfiaran da influencia dos dous amantes sobre o novo duque, por cuxa seguridade temían. O mozo Francesco I permaneceu na corte do sultán otomán.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Setton, Kenneth M. (general editor) A History of the Crusades: Volume III — The Fourteenth and Fifteenth Centuries. Harry W. Hazard, editor. University of Wisconsin Press: Madison, 1975.
- Setton, Kenneth M. Catalan Domination of Athens 1311–1380. Revised edition. Variorum: Londres, 1975.