Francisco Fernández Blanco
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de maio de 1973 (51 anos) A Pobra de Trives, España |
Alcalde da Pobra de Trives | |
2011 – decembro de 2017 (dimisión) | |
Alcalde da Pobra de Trives | |
2007 – xuño de 2008 (moción de censura) | |
Actividade | |
Lugar de traballo | A Pobra de Trives |
Ocupación | avogado, político |
Francisco José Fernández Blanco, nado na Pobra de Trives o 8 de maio de 1973, é un avogado e político galego que foi alcalde da Pobra de Trives.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Avogado. Dirixiu a plataforma pro A-76. Nas eleccións municipais de 2007 encabezou a candidatura da Agrupación Trivesa Independiente (ATI) á alcaldía da Pobra de Trives e foi elixido alcalde co apoio do PSdeG-PSOE. Gobernou en coalición cos socialistas que os expulsou do goberno en novembro de 2007[1]. En xuño de 2008 o PPdeG presentou unha moción de censura co apoio dos dous edís do PSdeG, polo cal foron expulsados do partido, e foi relevado da alcaldía[2]. Nas municipais de 2011 recuperou a alcaldía como cabeza da lista máis votada[3].
Nas municipais de 2015 foi reelixido alcalde con maioría absoluta. En decembro de 2017 presentou a súa dimisión como alcalde e concelleiro tras diferenzas co seu equipo de goberno en torno á estación de esquí da localidade[4].
Predecesor: Luis Álvarez González |
Alcalde da Pobra de Trives 2007 - 2008 |
Sucesor: Luis Álvarez González |
Predecesor: Luis Álvarez González |
Alcalde da Pobra de Trives 2011 - 2017 |
Sucesor: Domingo Diéguez González |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El alcalde de Trives deja sin competencias de gobierno a los 2 concejales socialistas
- ↑ "Luis Álvarez, del PP, recupera la Alcaldía de Trives apoyado por dos tránsfugas del PSOE". Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 29 de decembro de 2011.
- ↑ Los independientes tendrán la alcaldía de Trives salvo un acuerdo entre PP y PSOE
- ↑ El alcalde de Trives dimite por diferencias con su gobierno sobre la estación de esquí