Fulepa das xunqueiras
Fulepa das xunqueiras Acrocephalus schoenobaenus | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Fulepa das xunqueiras pousada nunha póla.
| |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Acrocephalus schoenobaenus (Linnaeus, 1758) |
A fulepa das xunqueiras,[2] Acrocephalus schoenobaenus (Linnaeus, 1758), é unha ave paseriforme da superfamilia dos silvioideos e familia dos acrocefálidos.[3]
Descrición
[editar | editar a fonte]Miden uns 13 cm de lonxitude e teñen unha envergadura de ás de entre 17 e 21 cm. Os adultos pesan entre 10 e 15 g. A parte superior é castaña agrisada con marcas escuras, a inferior é amarelada. Teñen a gorxa abrancazada. Na cabeza amosa un "pucho" negro e ten unha marca superciliar ou cella de cor gris clara. A coloración dos dous sexos é semellante. O bico é aguzado.
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]Cría en Europa e no leste e centro de Asia. É unha ave migratoria de longa distancia. Os exemplares europeos, presentes no continente entre abril e outubro, pasan o inverno ó sur do Sáhara, unha viaxe de ata 6.000 km para a que deben acumular boas reservas de graxa.
O seu hábitat son as xunqueiras e a vexetación mesta das beiras de ríos, lagos, pantanos e outras zonas acuáticas.
Alimentación
[editar | editar a fonte]Aliméntanse de insectos, arañas, pequenos invertebrados e bagas.
Reprodución
[editar | editar a fonte]Maduran sexualmente ó ano de vida. En Europa a forza da estación de cría sitúase entre maio e xullo. As femias fan un niño recuberto de follas e herbas entre a vexetación mesta, a pouca altura sobre da auga. Nel poñen entre 4 e 6 ovos averdesados con manchas amarelas e agrisadas, que chocan unhas dúas semanas. Os polos están en condicións para voar cando teñen 10 ou 12 días.
Nome vulgar noutras linguas
[editar | editar a fonte]- Alemán: Schilfrohrsänger
- Danés: Sivsanger
- Finés: Ruokokerttunen
- Francés: Phragmite des joncs
- Inglés: Sedge Warbler
- Italiano: Forapaglie
- Neerlandés: Rietzanger
- Sueco:Sävsångare
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Fulepa das xunqueiras
-
Fulepa das xunqueiras
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International (2014). "Acrocephalus schoenobaenus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2014.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 28 de agosto de 2014.
- ↑ Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
- ↑ Acrocephalus schoenobaenus (Linnaeus, 1758) no ITIS.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fulepa das xunqueiras |