Funcionalismo (arquitectura)
Funcionalismo, en arquitectura, é un estilo arquitectónico do século XX baseado no principio polo cal os arquitectos deben deseñar o edificio baseado no propósito do edificio mesmo, representa unha volta aos principios mesmos da arquitectura, formulada como necesidade e que ten en conta os valores sociolóxicos derivados da civilización industrial.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Foi un estilo de ámbito internacional propio do período de entreguerras que cifra os seus principios arquitectónicos en termos volumétricos, e non de masas, o que provoca o abandono da simetría axial en favor dunha diferenciación e organización dos elementos do edificio en razón da súa función sen calquera ornamentación superflua que poida ocultar o seu artellamento.
É a época dos grandes rañaceos pero tamén doutra arquitectura na cal a forma e os material estaban en relación harmonica coa paisaxe como o caso das luxosas residencias rurais norteamericanas, ou da Bauhaus que puña en práctica a fusión de tódalas artes ou de Le Corbusier en Francia.