Saltar ao contido

Futbol Club Barcelona (hóckey sobre xeo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
FC Barcelona
Fundación1972
Cidade Barcelona,
Cataluña Cataluña
España España
LigaLNHH (ata 2024)
Campionatos7
CoresAzul, granate
           
Na rede
http://www.fcbarcelona.cat/web/english/altres_esports/esports/hoquei_gel/plantilla_hoqueigel.html

A Sección de hóckey sobre xeo do Futbol Club Barcelona é un equipo de hóckey sobre xeo catalán da cidade de Barcelona. Dende verán de 2024 o primeiro equipo foi disolto e non toma parte en ningunha competición.

Fundado en 1972, ao longo dos seus máis de 50 anos de historia o equipo proclamouse campión de liga en sete ocasións, e alzou seis veces a Copas do Rei.

Juhani Wahlsten, fichado polo FC Barcelona para lanzar o seu programa de hóckey sobre xeo, foi adestrador do equipo na tempada do seu debut.

A sección naceu en xaneiro de 1972, logo da construción do Palau de Gel. Logo de varios meses de adestramento, o equipo debutou o 24 de setembro de 1972 fronte ao Font-Romeu/Puigcerdà, un combinado de xogadores españois e franceses, ante 2 000 persoas.[1][2]

Antes do inicio da tempada do seu debut o equipo blaugrana partía como gran favorito ao título pola maior experiencia do equipo, con varios veteranos procedentes do hóckey a patíns encabezados por Manel Puigbò, aínda que o Barcelona non puido contar co seu xogador-adestrador, o ex internacional finlandés Juhani Wahlsten, ao non estar permitida a participación de xogadores estranxeiros. Con todo, o equipo non puido alzarse co campionato e finalizou a súa primeira tempada na terceira posición, por detrás da Real Sociedad, que se proclamou campión cun equipo moi novo, e o CH Madrid, contra o que se viron superados no terceiro período do partido de volta disputado o 7 de abril de 1973 en Barcelona e no que os madrileños marcaron tres goles para un marcador final de 2-4.[2] Na final da Copa do Xeneralísimo os cataláns bateron coa solidez defensiva da Real Sociedad, que se acabou impoñendo por 2-4 cunha gande actuación do seu porteiro Carlos Arizti. Con todo, o club connseguiu para as súas vitrinas o Campionato Nacional Infantil, que se disputou en Donostia entre 21 e o 23 de abril de 1973.[2]

O primeiro título que acadou foi a Copa do Rei de 1976. A mediados dos anos '80, a xunta directiva de Josep Lluís Núñez suprimiu o equipo sénior, deixando tan só os equipos de base e formación. En 1990 o club retornou á máxima competición, destacando a tempada 1996-97, na que acadou o dobrete (liga e copa).

O FC Barcelona durante un partido no Palau de Gel.

No verán de 2024 o club e os xogadores chegaron a un acordo para disolver o primeiro equipo, que non competirá na liga canto menos durante a tempada 2024-25, algo que non ocorría dende 1989. A decisión foi tomada logo da demolición do Palau de Gel, o que fixo ao equipo competir sempre fora da casa e sen poder adestrar. O Futbol Club Barcelona comezou a construir unha pista provisional nas instalacións deportivas da Universidade de Barcelona, que con todo, non estará lista ata finais de 2025. Con todo, o club catalán non disolveu o resto de equipos da sección.[3]

Pavillón

[editar | editar a fonte]
Antiga pista do club no Palau de Gel.
Artigo principal: Palau de Gel.

A sección de hóckey sobre xeo do Futbol Club Barcelona xogaba os seus partidos como local no Palau de Gel, inaugurado o 23 de outubro de 1971. O último partido que o primeiro equipo disputou no Palau foi o 3 de abril de 2022, cando o Barça se proclamou campión de liga. No momento da súa demolición era a única pista de xeo permanente na cidade de Barcelona e a máis antiga de España.[1]

Debido ao derrubo do Palau de Gel a causa das obras do Espai Barça, o club comezou a construción dunha nova pista de xeo nos terrens do campo de lanzamento do Esports UB da Universidade de Barcelona, e cun contrato de cesión de catro anos prorrogables a outros dous. A nova pista, de carácter provisional, terá capacidade para 400 persoas no xeo e 350 nas bancadas e está previsto que abra a finais de 2025.[4]

Participacións na Copa de Europa

[editar | editar a fonte]
Tempada Rolda Adversario Resultado(s)
1997-98 1ª Rolda Alba Volán
Sportina Bled
2-11
0-13
2002-03 1ª Rolda Tilburg Trappers
KHL Zagreb
HC Riga
4-11
1-4
4-12
2003-04 1ª Rolda Phantoms Deurne
Espagne CH Jaca
Amstel Tijgers Amsterdam
4-4
3-5
2-23

Balanzo europeo

[editar | editar a fonte]
Partidos xogados Vitorias Empates Derrotas Goles a favor Goles en contra Diferenza
8 0 1 7 20 83 -63
  1. 1,0 1,1 Mills, Alfons (21 de decembro de 2023). "Adiós al Palau de gel, una pista pionera" (en castelán). nhlmania.com. Consultado o 24 de agosto de 2024. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Championnat d'Espagne 1972/73" (en francés). hockeyarchives.info. Consultado o 24 de agosto de 2024. 
  3. Pedrol, Albert (19 de agosto de 2024). "Les obres de l'Espai Barça deixen el club sense equip d'hoquei gel". RAC1 (en catalán). Consultado o 24 de agosto de 2024. 
  4. "La nueva Pista de Gel provisional, una realidad" (en castelán). Futbol Club Barcelona. 17 de abril de 2024. Consultado o 24 de agosto de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]