Saltar ao contido

Gae Aulenti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGae Aulenti

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento4 de decembro de 1927 Editar o valor en Wikidata
Palazzolo dello Stella, Italia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte31 de outubro de 2012 Editar o valor en Wikidata (84 anos)
Milán, Italia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio monumental de Milán Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Politécnica de Milán Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoArquitectura, deseño, costume design (en) Traducir e escenografía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónarquitecta, diseñador de vestuario, decoradora, deseñadora, escenógrafa, deseñadora de mobles Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1955 Editar o valor en Wikidata - 2011 Editar o valor en Wikidata
Membro de
MovementoMetodo Castiglioni (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
Obras destacables
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0042038 Discogs: 3549284 Find a Grave: 103777618 Editar o valor en Wikidata

Gaetana Aulenti, nada en Palazzolo dello Stella, Udine en 1927 e finada en Milán o 31 de outubro de 2012, foi unha arquitecta italiana. Aulenti é unha das poucas mulleres que deixaron unha profunda impresión, ás veces polémica, na arquitectura internacional, así como na escenografía teatral e no deseño industrial.[1][2]

Gae Aulenti. Cadeira de xardín
Gae Aulenti. Museo de Orsay
Gae Aulenti. Museo Nacional de Arte de Cataluña
Gae Aulenti. Instituto Italiano de Cultura de Toquio
Gae Aulenti. Palacio Público, San Marino
Pavillón de Italia, Exposición Universal de Sevilla de 1992

Formación

[editar | editar a fonte]

O seu pai era contador, fillo dun mestre da escola de Trani e a súa nai, napolitana, filla dun médico que ensinaba en Palermo. Aulenti asiste ao Liceo artístico de Florencia, mais por mor da Guerra debe retornar ao norte, onde presta pequenos servizos á Resistencia.[3]

En 1954 licénciase na Facultade de Arquitectura do Politécnico de Milán, e comeza a súa decenal colaboración coa redacción da revista Casabella dirixida por Ernesto Nathan Rogers. Entre outras actividades foi membro do Comité de Dirección da revista Lotus International desde 1974 até 1979. Ao longo de case 60 anos de carreira, Aulenti traballou de forma independente en proxectos de arquitectura, deseño industrial, deseño de interiores e mesmo escenografía teatral. Logo de obter o título de doutora, deu clases na Escola de Arquitectura de Venecia desde 1960 até 1962 e na Escola de Arquitectura de Milán desde 1964 até 1967.[4]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Como moitos dos seus contemporáneos, Aulenti deseñou varias series de móbeis en toda a década de 1960 para a tenda La Rinascente e máis tarde deseñou móbeis para Zanotta.

Tamén desempeñou o cargo de vicepresidenta da Asociación Italiana de Deseño Industrial (ADI).

En 1972 participa na exposición Italy: The New Domestic Landscape organizada por Emilio Ambasz no MoMA xunto con outros numerosos deseñadores e arquitectos emerxentes, entre eles Marco Zanuso e Richard Sapper, Joe Colombo, Ettore Sottsass, Gaetano Pesce, Archizoom, Superstudio, Gruppo Strum e 9999.

A paixón pola arte escénica levouna a colaborar, de 1976 a 1978, co director de ópera Luca Ronconi, deseñando a escenografía de óperas como Il viaggio a Reims, de Gioachino Rossini.[5]

Listaxe de deseños

[editar | editar a fonte]
  • cadeira April (1964) unha cadeira encartábel feita de aceiro inoxidábel
  • a lámpada Giova (1964)
  • a mesa Tavolo con ruote (1980)
  • a mesa Tour (1993)
  • mesa Sanmarco (1984)

Xunto a Piero Castiglioni deseñou:

  • a familia de lámpadas Parola (1980)
  • lámpada de parede Diamante (1986)
  • lámpada Calle (1988)
  • foco Diastema (1994)

Arquitectura

[editar | editar a fonte]

Aulenti é coñecida por varios proxectos de museos de grande escala na década de 1980. En 1981 foi escollida para reformar a estación de trens de Orsay en París, orixinalmente deseñada por Victor Laloux, no Museo de Orsay. O espazo expón obras de artistas franceses de 1848 a 1915. Este traballo abriulle o camiño para conseguir comisións como o Pavillón de Italia na Exposición Universal de Sevilla 1992, o encargo para crear un espazo para o Museo Nacional de Arte Moderna no Centro Georges Pompidou de París, a restauración do Palazzo Grassi como un museo de arte en Venecia (1985); a conversión dunha antiga embaixada de Italia en Berlín nunha Academia de Ciencias e a reforma do Palacio Nacional de Montjuïc (Barcelona), como Museo nacional de Arte de Cataluña (1985). En San Francisco, converteu a Biblioteca Central da cidade nun museo de arte asiática. En 2008 levou a cabo a restauración do Palazzo Branciforte en Palermo. En 2011, Aulenti supervisou a expansión do aeroporto de Perugia.[6]

Ela entendía que para deseñar eficazmente os ambientes domésticos, facíase necesario estabelecer un diálogo cos elementos e calidades da contorna urbana. Desta forma, poderíanse xerar formas arquitectónicas nas que os ámbitos privado e o público compartisen a súa complexidade formal e estilística.[7]

Parte dos seus arquivos atópanse no International Arquive of Women in Architecture en Virginia Tech.[8]

Listaxe de obras

[editar | editar a fonte]
  • 1960 : Percorrido de ingreso ao Parque Sempione para a XII Trienal de Milán
  • 1965 : Showroom de Olivetti en París
  • 1968 : Showroom de Olivetti en Buenos Aires
  • 1970 : Casa dunha coleccionista - Reestruturación do departamento de Gianni Agnelli en Milán
  • 1973 : Residencia privada en Pisa
  • 1975 : Residencia privada en Parma
  • 1980/86 : Recualificación da Gare d'Orsay e acondicionamento do Museo d'Orsay, París
  • 1982/85 : Acondicionamento interior do Museo Nacional de Arte Moderna no Centro Georges Pompidou, París
  • 1985/2004 : Museo nacional de Arte de Cataluña, Barcelona
  • 1985/86 : Reestruturación do Palazzo Grassi, Venecia
  • desde 1987 : Cidade universitaria e sede destacada do Politécnico de Turín, escola e nova biblioteca na sede de Biella
  • 1990 : Residencia privada en Saint Tropez
  • 1990 : Rampla de acceso á Estación de Santa Maria Novella desde o piazzale Montelungo[9]
  • 1992 : Pavillón italiano na EXPO '92 de Sevilla
  • 1996 : Praza de entrada á ex-estación Leopolda (Florencia)
  • 1996/2003 : Museo de arte asiática, San Francisco
  • 1996 : Mobiliario urbano da praza Ciullo e da praza do Mercado, Alcamo
  • 1996 : Restauración do Palacio Público, San Mariño
  • 1998 : Ampliación dunha estrutura hoteleira, Xerusalén
  • 1999 : Reestruturación do Spazio Oberdan, Milán
  • 1999 : Reestruturación das ex-corte das bestas do Palacio do Quirinal, Roma
  • 1999 : Ampliación do Museo de Arte Oriental Edoardo Chiossone, Xénova
  • 1999/2002 : Estacións de subterráneo “Museo” e “Dante” da liña 1 e redeseño das Prazas Cavour e Dante, Napoli
  • 2000 : Mobiliario urbano do Piazzale Cadorna e redefinición da fachada da sede das Ferrovías Nord, Milán
  • 2000 : Realización dun emprendemento turístico-hoteleiro nunha granxa, Taranto
  • 2001 : Novo edificio direccional en Rímini
  • 2001 : Galería de arte contemporánea e deseño en Vila Capriati, Bari
  • 2001 : Recualificación da costa do lago en Meina
  • 2001 : Escola maternal en Villar Perosa
  • 2003/05 : Reestruturación do Palavela para as Olimpíadas Invernais Turín 2006, Turín
  • 2003 : Restauración do Castello Estense en Ferrara
  • 2005 : Sistematización da Praza San Giovanni en Gubbio
  • 2005 : Instituto de Cultura Italiano, Toquio
  • 2008 : Central de utilización térmica de residuos sólidos urbanos e novo edificio para residuos e calefacción urbana, Forlì
  • 2011/12 : Reestruturación e ampliación do aeroporto San Francisco de Asís, Perugia
  • 2012 : Restyling da Praza Mario Pagano, Potenza
  • 2012 : Palazzo Branciforte, restauración e transformación en polo cultural polifuncional, Palermo[10]
  • 2013 : Sede da Hixiene Ambiental Hera de Cesena

Premios e honras

[editar | editar a fonte]
  • Foi nomeada Membro honorario do Instituto Americano de Arquitectura en 1990
  • En 1991 recibiu o Premio Imperial outorgado pola Japan Art Association (Toquio, 1991).[11]
  • Recibiu o título honorario en Belas Artes na Rhode Island School of Design (Providence, 2001).
  • En 2007 foille outorgado ex aequo o Marble Architectural Awards 2007 xunto a Renzo Piano[12]
  • En 2012, recibiu a Medalla de Ouro da Trienal de Milán pola súa traxectoria artística en recoñecemento á súa posición como un dos mestres do deseño italiano xunto a Vittorio Gregotti e a Maria Giuseppina Grasso Cannizzo.[13]

Ademais fóronlle concedidas as seguintes honras:

  • Cabaleiro da Lexión de Honra (Francia), 1987
  • Medalla de ouro Benemérito da cultura e da arte, 28 de marzo de 1994[14]
  • Dama da Gran Cruz da Orde ao Mérito da República Italiana, 6 de decembro de 1995[15]
  • Sigillo Longobardo outorgado pola Lombardía 27 de abril de 1999
  1. "Italian architect Gae Aulenti dies at 85". Gazzetta del Sud. 1 de novembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2016. Consultado o 19 de xaneiro de 2016. 
  2. Tagliabue, Benedetta (3 de novembro de 2012). "Gae Aulenti, genio en la arquitectura". El País. Consultado o 21 de xaneiro de 2016. 
  3. di Stefano, Paolo (21 de febreiro de 2011). "L'architettura è un mestiere da uomini ma ho sempre fatto finta di nulla". Corriere della sera. Consultado o 21 de xaneiro de 2016. 
  4. Marciani, Florencia (13 de xuño de 2015). "Gae Aulenti 1927-2012". Un día / una arquitecta. Consultado o 13 de xaneiro de 2016. 
  5. Foppianno, Anna (2014). "Gae Aulenti". En Eccheli, Maria Grazia; Tamborrino, Mina. donnArchitettura. Milán: Francoangeli. ISBN 9788891707086. 
  6. "Gae Aulenti, progetto e contesto". Musei d'Italia. 17 de novembro de 2012. Consultado o 21 de xaneiro de 2016. 
  7. Petranzan, Margherita (1997). Gae Aulenti. Rizzoli. ISBN 9780847820597. 
  8. "International Archive of Women in Architecture (IAWA) at Virginia Tech's University Libraries". 
  9. Paolini, Claudio (2011). "Rampa di accesso alla Stazione ferroviaria di Santa Maria Novella". Consultado o 19 de xaneiro de 2016. 
  10. Pierro, Lucia; Scarpinato, Marco (Xuño 2012). "A Palermo, riapre Palazzo Branciforte firmato Gae Aulenti". Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2012. Consultado o 8 de xullo de 2012. 
  11. "1991-Architecture Gae Aulenti". Praemium Imperiale. Consultado o 21 de xaneiro de 2016. 
  12. Marble Architectural Awards. "Marble Architectural Awards 2007" (PDF). Arquivado dende o orixinal (pdf) o 28 de xaneiro de 2016. Consultado o 21 de xaneiro de 2016. 
  13. Triennale di Milano. "Gae Aulenti. Gli oggetti e gli spazi". Arquivado dende o orixinal o 29 de xaneiro de 2016. Consultado o 21 de xaneiro de 2016. 
  14. Presidenza della Repubblica. "Aulenti Gae". Consultado o 21 de xaneiro de 2016. 
  15. Presidenza della Repubblica. "Aulenti ARCH. Gaetana". Consultado o 21 de xaneiro de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]