Galloanserae
Galloanserae Rango fósil: Cretáceo superior - actualidade 75 - 0 Ma | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Pavón (Pavo cristatus)
| |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Ordes | |||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||
|
O dos Galloanserae é un clado (considerado como superorde) de aves da subclase dos neognatos e infraclase dos neognatos, constituído polas ordes dos galiformes e os anseriformes.
Os membros dos Galloanserae son as aves máis importantes para a alimentación humana como aves domésticas, e tamén como aves de caza. Galiñas, pavos, pintadas, faisáns, perdices, paspallás, patos, gansos e outras aves similares pertencen a este grupo.
Características
[editar | editar a fonte]Ecolóxicamente é un grupo extremadamente diverso e, consecuentemente, na adaptación aos diferentes estilos de vida, tamén é diverso morfoloxicamente e condutualmente; porén existen algunhas características evidentes que unen a galiformes e anseriformes. Moitas destas, porén, son plesiomórficas para todas as aves modernas, e son tamén compartidas coas antigas.
- Son aves moi prolíficas; regularmente producen niñadas de máis de 5 ou incluso máis de 10 ovos, o que é moito para aves tan grandes. Por exemplo as aves de presa e as pombas rara vez poñen máis de dous ovos.
- Mentres que a maioría das aves viventes son monógamas, polo menos durante a estación de cría, moitos membros dos Galloanserae son notoriamente polixínicos ou polígamos. Para os ornitólogos, isto é particularmente ben coñenocido nos patos, onde os machos forman "cuadrillas para violar" ás femias renuentes. O público xeral está máis familiarizado cos hábitos polígamos do galo doméstico no curral, onde só un ou dous manteñen xunto a todo un "harén" de femias.
- A hibridación é extremadamente frecuente en Galloanserae, e poden entrecruzarse xéneros con relativa facilidade, comparando con outras aves onde non aditan verse híbridos xenéricos viábeis. As pintas producen híbridos ao cruzárense con galos domésticos e con pavóns, cos que non están moi estreitamente relacionados dentro dos galiformes. Isto é un factor importante na complicación dos estudos de parentesco baseados en análises de secuencia de ADN mitocondrial destas aves. A subespecie de lavanco que vive en América do Norte, por exemplo, aparentemente é maiormente derivada dalgúns machos que chegaron de Siberia, asentáronse alí, e apareáronse con femias de antepasados de pato sombrío.[1]
- Os xuvenís son notabelmente precoces. Os dos anseriformes son capaces de nadar e mergullarse poucas horas despois da eclosión do ovo, e os pitos dos talégalos están completamente emplumados e capacitados para voaren, incluso a grandes distancias, tan pronto como saen da casca e do seu niño.
Sistemática e evolución
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]O grupo foi descrito en 1988 por Charles Sibley, Jon Edward Ahlquist e Burt Monroe.[2]
Evolución
[editar | editar a fonte]Debido ás similitudes anatómicas e moleculares estableceuse que as dúas ordes citadas están emparentadas evolutivamente e incluíronse xuntas en Galloanserae que foi inicialmente denominado Galloanseri.[2] Este clado é apoiado ademais por outros estudos morfolóxicos e de datos de secuencia de ADN,[3] así como por datos de presenza/ausencia de retrotransposóns.[4]
Dos escasos fósiles que se descubriron até agora, acéptase actualmente a conclusión de que ao final do Cretáceo xa estaban amplamente distribuídos. De feito era o grupo predominante das aves modernas. Fósiles como os de Vegavis indican que anseriformes esencialmente modernos, aínda que pertencentes a liñaxes xa extintas, eran contemporáneos dos dinosaurios (non avianos). En oposición ás bastante conservadoras galiformes, as anseriformes adaptárose á alimentación por filtración, e caracterízanse por un gran número de autapomorfismos relacionados con este estilo de vida. Anteriormente, os sistemas de alimentación extremadamente avanzados de dosA anseriformes, xunto coas similitudes do anseriforme primitivo Presbyornis coas aves limícolas, levaran a algúns taxónomos a asocialas cos Charadriiformes.[5][6] Porén, Galloanserae continúa aceptándose como liñaxe evolutiva xenuína por unha vasta maioría de científicos, dado que estudos posteriores apoiaron fortemente a súa existencia.
Filoxenia
[editar | editar a fonte]As relacións filoxenéticas dos Galloanserae móstranse neste cladograma, baseado en Hackett et al. (2008):[7]
Galloanserae |
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Kulikova, I. et al. (2005).
- ↑ 2,0 2,1 Sibley, C. G.; Ahlquist, J. E. & Monroe, B. L.(1988): "A classification of the living birds of the world based on DNA-DNA hybridization studies". Auk 105: 409-423.
- ↑ Chubb, A. (2004).
- ↑ Kriegs et al. (2007).
- ↑ Benson, D. (1999).
- ↑ Feduccia, A. (1999).
- ↑ Hackett Shannon J. et al.(2008): "A Phylogenomic Study of Birds Reveals Their Evolutionary History" Science 320. Consultada o 2 de xaneiro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Benson, D. (1999): "Presbyornis isoni and other late Paleocene birds from North Dakota". Smithsonian Contributions to Paleobiology 89: 253-266.
- Chubb, A. (2004): "New nuclear evidence for the oldest divergence among neognath birds: the phylogenetic utility of ZENK(i)". Molecular Phylogenetics and Evolution 30: 140-151.
- Feduccia, A. (1999): The Origin and Evolution of Birds, 2nd edition. New Haven, Connecticut, USA: Yale University Press. ISBN 978-0-3000-6460-5.
- Kriegs, Jan Ole; Matzke, Andreas; Churakov, Gennady; Kuritzin, Andrej; Mayr, Gerald; Brosius, Jürgen & Schmitz, Jürgen (2007): "Waves of genomic hitchhikers shed light on the evolution of gamebirds (Aves: Galliformes)". BMC Evolutionary Biology 7: 190. (Texto completo).
- Kulikova, Irina V.; Drovetski, S. V.; Gibson, D. D.; Harrigan, R. J.; Rohwer, S.; Sorenson, Michael D.; Winker, K.; Zhuravlev, Yury N. & McCracken, Kevin G. (2005): "Phylogeography of the Mallard (Anas platyrhynchos): Hybridization, dispersal, and lineage sorting contribute to complex geographic structure". Auk 122 (3): 949-965. (Texto completo).
- Sibley, C. G.; Ahlquist, J. E. & Monroe, B. L.(1988): "A classification of the living birds of the world based on DNA-DNA hybridization studies". Auk 105: 409-423.