Glucano
Os glucanos son un tipo de polisacáridos formados especificamente por unidades monómeras do monosacárido D-glicosa,[1] que están unidos por medio de enlaces glicosídicos. Entre eles están polisacáridos tan importantes como o glicóxeno, o amidón e a celulosa, que exercen funcións de almacenamento enerxético ou estruturais na célula.
Moitos beta-glucanos son medicamente importantes, xa que son dianas para fármacos antifúnxicos da clase da equinocandina.
Glucanos e glicanos
[editar | editar a fonte]Aínda que, tal como recomenda a Academia[2], para o nome dos glícidos en galego se utiliza normalmente a raíz glic (do grego glykys, doce), se ben tamén está aceptada a raíz gluc, neste caso cómpre distinguir entre parellas como glucano e glicano, que se refiren a tipos de moléculas distintos, o que se fixo aquí seguindo os usos internacionais (por exemplo, inglés glucan = galego glucano, e inglés glycan = galego glicano).
Cómpre non confundilos, xa que os glicanos son polímeros de monosacáridos formados por calquera tipo de monosacáridos unidos por enlace glicosídico, polo que o termo é sinónimo de polisacárido.[3] Glucano é un termo máis restritivo, xa que son un tipo de glicano, concretamente son glicanos que están formados especificamente por glicosa. Por tanto, os glucanos están incluídos dentro dos glicanos.
Tipos
[editar | editar a fonte]Poden dividirse en glucanos α e β, segundo a xeometría do seu enlace glicosídico.
Alfa
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Alfa-glucano.
- dextrano, α-1,6-glucano con ramificación α-1,3
- glicóxeno, α-1,4- e α-1,6-glucano
- pululano, α-1,4- e α-1,6-glucano
- amidón, α-1,4- e α-1,6-glucano
Beta
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Beta-glucano.
- celulosa, β-1,4-glucano
- crisolaminarina, β-1,3-glucano
- curdlana, β-1,3-glucano
- laminarina, β-1,3- e β-1,6-glucano
- lentinana, un β-1,6:β-1,3-glucano estritamente purificado procedente do fungo Lentinula edodes
- liquenina, β-1,3- e β-1,4-glucano
- pleurana, β-1,3- e β-1,6-glucano illado do fungo Pleurotus ostreatus
- cimosano (ou zimosano), β-1,3-glucano
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Glucans Medical Subject Headings (MeSH) na Biblioteca Nacional de Medicina dos EUA.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para gluco-.
- ↑ IUPAC Gold book Glycans