Gobind Singh
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de decembro de 1666 Patna (Imperio mogol) |
Morte | 7 de outubro de 1708 (41 anos) Nanded (Imperio mogol) |
Actividade | |
Ocupación | guru (pt) , poeta, filósofo |
Familia | |
Cónxuxe | Mata Jito Mata Sundari Mata Sahib Kaur |
Fillos | Sahibzada Ajit Singh () Mata Sundari Sahibzada Jujhar Singh () Mata Jito Sahibzada Zorawar Singh () Mata Jito Sahibzada Fateh Singh () |
Pais | Guru Tegh Bahadur e Mata Gujri |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok |
Guru Gobind Singh (|gʊɾuː goːbɪn̯d̯ᵊ sɪ́ŋgᵊ|), nado como Gobind Rai en Patna o 5 de xaneiro de 1666 e finado en Hazur Sahib o 7 de outubro de 1708,[1][2] foi o décimo gurú sikh, mestre espiritual, guerreiro, poeta e filósofo indio. Cando o seu pai, Guru Tegh Bahadur, foi decapitado por rexeitar converterse ao islam,[3][4] Guru Gobind Singh instalouse formalmente como o líder dos sikhs aos nove anos.[5] Os seus catro fillos morreron mentres Singh aínda vivía, dous en batalla e dous executados polo exército mogol.[6][7][8][9]
Entre as súas contribucióna ao sikhismo están a fundación da comunidade de guerreiros sikh chamada Khalsa en 1699[10][11][12] e a introdución dos cinco K, os cinco artigos de fe que os sikhs khalsa levaban nesa época. Gobind Singh tamén continuou coa formalización da relixión, escribiu importantes textos relixiosos[13][14] e consagrou a Guru Granth Sahib como gurú eterno do sikhismo.[15]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Orixes
[editar | editar a fonte]Nomeado dende o seu nacemento como Gobind Rai, foi instruído a partir dos cinco anos en linguas e literatura indoiranianas, persa e sánscrito. Foi adestrado militarmente no estilo bélico Kalaripayatu, no que acabou por dominar todas as diversas técnicas e finalmente institucionalizou o gatka como unha formación obrigatoria e fundamental para todos os sikhs.
Na súa maioría de idade alistou adeptos (varóns e mulleres) para liberarse da invasión persa, que xa levaba varios séculos oprimindo todos os estratos sociais, impoñendo á poboación a conversión ao islam mediante a tortura e obrigándoos a render tributos e ofrendas económicas ao Imperio mogol. Durante toda a súa infancia Gobind Rai foi testemuña da opresión persa sobre a poboación india, vendo aos nove anos a execución do seu pai, ordenada polo emperador Aurangzeb. Tralo asasinato, Gobind Rai foi elixido décimo e último gurú vivente, polo que se lle chamou a partir dese momento Guru Gobind Singh.
Accións e legado
[editar | editar a fonte]Aos dezaseis anos, presidiu a corte político-marcial sikh en Anandpur Sahib. Dende o presidio Gobind Singh estivo continuamente en estado de guerra, facendo compatriotismo cos altos xefes guerreiros Kali Cchela e Durga Cchela en contra das autoridades mogolas. Estas accións obrigaron a corte sikh a saír de Anandpur en 1704, matando máis de 32 000 soldados (entre eles 1270 mulleres) e os fous fillos pequenos de Gobind Singh, asasinados por incineración.
Unha lenda épica narra como Gobind Singh deu morte ao emperador Aurangzeb, lanzándolle unha frecha ao corazón que percorreu a distancia dun quilómetro. Ao causar a morte do sanguinario Aurangzeb apoiou as pretensións do futuro emperador Bahadur Shah (1643–1712) de ocupar o trono e de abolir todos os actos violentos en contra de todas as relixións, outorgando por primeira vez a implantación non bélica do islam.
Gobind Singh morreu asasinado, tras ser ferido por unha daga no peito antes de que puidese persuadir a Bahadur Shah de permitir o regreso da corte sikh a Anandpur.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ganda Singh. "GOBIND SINGH, GURU (1666-1708)". Encyclopaedia of Sikhism. Punjabi University Patiala. Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2017. Consultado o 7 de marzo de 2016.
- ↑ Owen Cole, William; Piara Singh Sambhi (1995). The Sikhs: Their Religious Beliefs and Practice. Sussex Academic Press. p. 36.
- ↑ Guru Tegh Bahadur Arquivado 14 de abril de 2017 en Wayback Machine. BBC Religions (2009)
- ↑ Jenkins, Jr., Everett (2000). The Muslim Diaspora (Volume 2, 1500-1799): A Comprehensive Chronology of the Spread of Islam in Asia, Africa, Europe and the Americas. McFarland. p. 200. ISBN 978-1-4766-0889-1.
- ↑ Mayled, Jon (2002). Sikhism. Heinemann. p. 12. ISBN 978-0-435-33627-1.
- ↑ Seiple, Chris; Hoover, Dennis; Otis, Pauletta (2013). The Routledge Handbook of Religion and Security. Routledge. p. 93. ISBN 978-0-415-66744-9.
- ↑ Richards, John F. (1995). The Mughal Empire. Cambridge University Press. pp. 255–258. ISBN 978-0-521-56603-2.
- ↑ "The Sikh Review". Sikh Cultural Centre 20 (218-229): 28. 1972.
- ↑ Singh Syan, Hardip (2013). Sikh Militancy in the Seventeenth Century: Religious Violence in Mughal and Early Modern India. I.B.Tauris. pp. 218–222. ISBN 978-1-78076-250-0.
- ↑ Singh Mandair, Arvind-Pal; Shackle, Christopher; Singh, Gurharpal (2013). Sikh Religion, Culture and Ethnicity. Routledge. pp. 25–28. ISBN 978-1-136-84627-4.
- ↑ "BBC Religions - Sikhism". BBC. 26 de outubro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2011. Consultado o 30 de xullo de 2011.
- ↑ Dhavan, P. (2011). When Sparrows Became Hawks: The Making of the Sikh Warrior Tradition, 1699-1799. Oxford University Press. pp. 3–4. ISBN 978-0-19-975655-1.
- ↑ Singh, Patwant; (2000). The Sikhs. Alfred A Knopf Publishing. Pages 17. ISBN 0-375-40728-6.
- ↑ "A Biography of Guru Guru Nanak on BBC". BBC. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2011. Consultado o 30 de decembro de 2011.
- ↑ Shelke, Christopher (2009). Divine covenant: rainbow of religions and cultures. Gregorian Press. p. 199. ISBN 978-88-7839-143-7.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: India |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Singh, Gobind; Jasbir Kaur Ahuja (1996). The Zafarnama of Guru Gobind Singh. Mumbai: Bharatiya Vidya Bhavan. OCLC 42966940.
- Singh, Prof. Surinderjit, Guru Gobind Singh's Zafarnamah Transliteration and Poetic Rendering in English. Singh Brothers, Amritsar. 2003. ISBN 81-7205-272-3.
- Deora, Man Singh (1989). Guru Gobind Singh: a literary survey. New Delhi: Anmol Publications. ISBN 978-81-7041-160-4. OCLC 21280295.
- Sri Dasam Granth Sahib: Questions and Answers: The book on Sri Dasam Granth Sahib