Golfo Pérsico
(fa) خلیج فارس (ar) الخليج العربي | ||||
Tipo | mar | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Océano Índico | |||
Localización | ||||
País da cunca | Irán, Iraq, Kuwait, Bahrain, Qatar, Arabia Saudita, Emiratos Árabes Unidos e Omán | |||
| ||||
Afluentes | Chatt al-Arab (pt) ,Zohreh River (en) ,Bahmanshir (en) ,Helleh River (en) ,Jarahi River (en) ,Mand River (en) ,Mehran River (en) | |||
Características | ||||
Profundidade | 90 m | |||
Dimensións | 989 () km | |||
Punto máis baixo | valor descoñecido (−90 m ) | |||
Superficie | 251.000 km² | |||
Medicións | ||||
Salinidade | 41 ‰ | |||
O Golfo Pérsico (الخليج الفارسي , خليج فارس) é un golfo localizado no Medio Oriente, como un brazo do Mar de Arabia, entre a Península da Arabia e o Irán.
Localización e características
[editar | editar a fonte]Trátase dun mar interior con preto de 233 000 km2, ligado ao Mar da Arabia ao leste polo Estreito de Ormuz e polo Golfo de Omán, e co seu límite a oeste marcado polo delta de Shatt al-Arab, chamado Arvand-Rood polos iranianos, onde desaugan os ríos Éufrates e Tigris.
Países con litoral bañado polo Golfo Pérsico, en orde horaria, son: Irán, Arabia Saudita, Qatar (que ocupa unha península avanzada sobre o golfo), Bahrain (unha illa no golfo), Kuwait, Iraq, e Irán. O Golfo Pérsico e as súas áreas costeiras son a máis rica e máis usada fonte de petróleo; as industrias derivadas da extracción e refino dominan a rexión. Existen diversas illas no golfo, algunhas das cales son contestadas por estados veciños.
Nomenclatura
[editar | editar a fonte]O nome Golfo Pérsico foi emprestado de numerosas linguas antigas (inclusive o grego), sendo utilizado amplamente desde a Antigüidade, en razón de ter existido alí a nación-estado da Persia (onde hoxe é o Irán). A mediados da década de 1960, co xurdimento do nacionalismo árabe, os países da rexión pasaron a chamalo "Golfo de Persia". O Irán, entón, enviou dúas peticións para as Nacións Unidas (en 1971 e 1984) esixindo o recoñecemento oficial da rexión como Golfo Pérsico. A maioría dos países denomina a rexión Golfo Pérsico, pero algúns países árabes usan o termo Golfo de Persia ou simplemente o Golfo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Golfo Pérsico |