Google Earth
Aparencia
Google Earth | |
---|---|
Logotipo do software | |
Captura da interface do Google Earth | |
Desenvolvedor(es) | |
Última versión | 7.3.0 |
Escrito en | C++ |
Sistema operativo | Windows, macOS, Linux, Android, iOS |
Lingua/s | Multilinguaxe Galego: Non |
Tipo | Xeomática |
Licenza | Freeware / software propietario |
Sitio web | earth |
Google Earth é un programa informático similar a un sistema de Información xeográfica creado pola empresa Keyhole, Inc., inicialmente baixo o nome de EarthViewer 3D. Permite visualizar imaxes en tres dimensións do planeta, combinando fotos de satélite, mapas e o motor de procura de Google que permite ver imaxes a escala dun lugar específico do planeta. En 2013 converteuse no programa máis popular para visualizar cartografía, con máis de mil millóns de descargas.
Controversias
[editar | editar a fonte]- O antigo presidente da India, A.P.J. Abdul Kalam pronunciouse en contra da dispoñibilidade de imaxes de satélite dalgúns lugares secretos. En resposta, Google decidiu desenfocar estas imaxes.[1]
- O goberno surcoreano protestou alegando que as imaxes do palacio presidencial de Seúl dispoñíbeis en Google Earth serían de total importancia para os inimigos norcoreanos.
- En outubro de 2007, The Guardian informou de que as Brigadas dos Mártires de Al-Aqsa estaban usando o software para planificar ataques terroristas contra Israel.[2]
- Heidy, unha implicada nos atentados de Bombai do 26 de novembro de 2008, admitiu que utilizou o Google Earth para planificar os ataques.[3]
- Varias persoas tomando o sol espidas nas súas casas e xardíns foron capturadas nas fotos e presentaron unha demanda contra Google.[4]
- En 2016 unha petición de Change.org recolleu máis de 5000 sinaturas para que Google empregue os topónimos galegos.[5] En 2017 o Parlamento Galego solicitou a Google que respecte os topónimos galegos en Google Earth.[6] A Mesa pola Normalización Lingüística volveu solicitalo en 2022.[7] En 2023 Google continúa a empregar os topónimos castelanizados.
- Os creadores da empresa ART+COM Studios sosteñen que Google Earth foi copiado do seu programa Terravision. A miniserie de Netflix The Billion Dollar Code de 2021, está inspirada nese proceso de infracción de patentes do algoritmo.[8][9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Google_Earth_agrees_to_blur_pix_of_key_Indian_sites ("Google Earth acepta desenfocar a imaxe india sitios clave")". Timesofindia.indiatimes.com (en inglés).
- ↑ "Inside Gaza: 'A resistencia é a nosa estratexia'". Guardian.co.uk (en inglés).
- ↑ "Ataques de Mumbai: demanda india contra Google Earth sobre imaxe uso por terroristas", The Daily Telegraph". Telegraph.co.uk (en inglés). 9 Dec 2008.
- ↑ "Google snaps sunbathers". Smh.com.au (en inglés).
- ↑ "Sign the Petition". Change.org (en inglés). Consultado o 2023-01-28.
- ↑ Redacción (2017-06-17). "O Parlamento pide a Google Maps que respecte os topónimos galegos". GCiencia. Consultado o 2023-01-28.
- ↑ "Reclaman a Google Maps e Apple Maps que restitúan a toponimia galega nas súas aplicacións". Galicia Confidencial. Consultado o 2023-01-28.
- ↑ "'Billionaire Battle: The Google Earth Case". Netflix.com (en portugués). 7 de outubro de 2021.
- ↑ Albuquerque, Karoline (2021-10-07). "'Batalha Bilionária': disputa judicial sobre o Google Earth inspira série da Netflix". Olhar Digital (en portugués). Consultado o 2023-04-14.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Google Earth |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |