Gran Premio de Alemaña de 1959
Nome oficial | XXI Grosser Preis von Deutschland |
---|---|
Tipo | Gran Premio de Alemaña |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1959 |
Localización e Datas | |
Localización | AVUS (Charlottenburg-Wilmersdorf (pt) ) 52°28′50″N 13°15′05″L / 52.480555555556, 13.251388888889 |
País | Alemaña |
Data | 2 de agosto de 1959 |
Competición | |
Primeiro posto | Tony Brooks |
Pole position | Tony Brooks |
Volta máis rápida | Tony Brooks |
O Gran Premio de Alemaña de 1959 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 2 de agosto de 1959 no circuíto de AVUS, era a sexta carreira da tempada de Fórmula Un de 1959. Foi o 21º Gran Premio de Alemaña e a segunda vez que a carreira non tivo lugar en Nürburgring. AVUS aloxara anteriormente o Gran Premio de Alemaña en 1926. A carreira levouse a cabo en dúas series de 30 voltas ao circuíto de oito quilómetros, cunha distancia total de carreira de 498 quilómetros.
Nun formato de carreira de Fórmula Un único, o primeiro, segundo e terceiro postos foron ocupados todos polo mesmo equipo, a Scuderia Ferrari. O piloto británico Tony Brooks foi declarado gañador por diante dos seus compañeiros de equipo os americanos Dan Gurney e Phil Hill. Os tres pilotaban un Ferrari Dino 246.
Informe da carreira
[editar | editar a fonte]A pista, moi simple, consistía nunha moi rápida recta a ambos os dous lados dunha estrada de dobre calzada, interrompida nun extremo por unha pinza e no outro por unha incrible curva cun peralte de 43 graos de inclinación.
Tamén de xeito único na historia do Campionato Mundial de Fórmula 1, a carreira dividiuse en dúas series. Na primeira, Tony Brooks e Dan Gurney tomaron a dianteira. Masten Gregory nun Cooper - Climax loitou duro con eles, pasando primeiro a un Ferrari e logo ao outro, liderando a carreira ata que rompeulle un perno da biela. Foi un triplete de Ferrari, con Phil Hill logrando o podio final. Na segunda manga, unha vez máis os Ferrari tiveron que loitar polo liderado, esta vez con Bruce McLaren, ata que sufriu problemas na caixa de cambios. O resultado total acumulado, foi un podio pleno de Ferrari nesta orde, Brooks, Gurney, Hill. Maurice Trintignant foi o cuarto por diante de Jo Bonnier e Ian Burgess. Esta foi a carreira máis rápida da Fórmula Un rexistrada ata ese momento, cunha velocidade media de 230´136 quilómetros por hora. Hans Herrmann estrelou o seu BRM P25 na quinta volta da segunda manga.
O expiloto de Ferrari, o francés Jean Behra morreu o día antes da carreira cando participaba nunha carreira de Fórmula 2 previa en dito circuíto, nun Porsche RSK, saíu despedido do seu auto e feriuse mortalmente cando golpeou cun hasta de bandeira, causandolle unha fractura de cranio.
Os resultados mostran a incompatibilidade coas normas que se aplicaban nesa época. De acordo coas regras da Fórmula Un da época, aqueles pilotos que se retiraban antes do final do Gran Premio só se clasificaban se empuxaban o coche por encima da liña logo da chegada. Esta regra non se aplicou a Harry Schell, quen se retirou unhas 11 voltas antes do final. Con todo, a regra aplicouse noutras carreiras, como o Gran Premio de Bélxica de 1960. As regras aclararonse máis tarde, en 1966.[1]
A vitoria permitiulle a Brooks reducir a catro puntos a vntaxe do líder do campionato, o piloto australiano de Cooper, Jack Brabham.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Pos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 4 | Tony Brooks | Ferrari | 60 | 2:09:31.6 | 1 | 9 |
2 | 6 | Dan Gurney | Ferrari | 60 | + 2.9 | 3 | 6 |
3 | 5 | Phil Hill | Ferrari | 60 | + 1:04.8 | 6 | 4 |
4 | 8 | Maurice Trintignant | Cooper-Climax | 59 | + 1 volta | 12 | 3 |
5 | 9 | Jo Bonnier | BRM | 58 | + 2 voltas | 7 | 2 |
6 | 18 | Ian Burgess | Cooper-Maserati | 56 | + 4 voltas | 15 | |
7 | 10 | Harry Schell | BRM | 49 | + 11 voltas | 8 | |
Ret | 2 | Bruce McLaren | Cooper-Climax | 36 | Transmisión | 9 | |
Ret | 11 | Hans Herrmann | BRM | 36 | Accidente | 11 | |
Ret | 3 | Masten Gregory | Cooper-Climax | 23 | Motor | 5 | |
Ret | 1 | Jack Brabham | Cooper-Climax | 15 | Transmisión | 4 | |
Ret | 16 | Graham Hill | Lotus-Climax | 10 | Caixa de cambios | 10 | |
Ret | 15 | Innes Ireland | Lotus-Climax | 7 | Diferencial | 13 | |
Ret | 17 | Cliff Allison | Ferrari | 2 | Embrague | 14 | |
Ret | 7 | Stirling Moss | Cooper-Climax | 1 | Transmisión | 2 | |
NTS | 12 | Jean Behra | Behra-Porsche-Porsche | Accidente mortal | |||
NTS | 14 | Wolfgang von Trips | Porsche | Retirouse |
Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]
|
|
- Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Hayhoe, David & Holland, David (2006). Grand Prix Data Book (4th edition). Haynes, Sparkford, UK. ISBN 1-84425-223-X
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Alemaña de 1959 |
Carreira anterior: Gran Premio do Reino Unido de 1959 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1959 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Portugal de 1959 |
Carreira anterior: Gran Premio de Alemaña de 1958 |
Gran Premio de Alemaña | Carreira seguinte: Gran Premio de Alemaña de 1961 |