Saltar ao contido

Gran Premio de Bélxica de 1992

Modelo:Competición deportivaGran Premio de Bélxica de 1992
Nome oficialL Grand Prix de Belgique Editar o valor en Wikidata
TipoGran Premio de Bélxica Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Parte deCampionato Mundial de Fórmula 1 de 1992 Editar o valor en Wikidata
Distancia do evento44 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónCircuíto de Spa-Francorchamps (Provincia de Liexa) 50°26′14″N 5°58′17″L / 50.437222222222, 5.9713888888889 Editar o valor en Wikidata
Lonxitude7,003 km Editar o valor en Wikidata
PaísBélxica Editar o valor en Wikidata
Data30 de agosto de 1992 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoMichael Schumacher Editar o valor en Wikidata
Pole positionNigel Mansell Editar o valor en Wikidata
Volta máis rápidaMichael Schumacher Editar o valor en Wikidata

O Gran Premio de Bélxica de 1992 foi unha carreira de coches de Fórmula Un disputada o 30 de agosto de 1992, no Circuíto de Spa-Francorchamps. A carreira, disputada sobre 44 voltas no circuíto de sete quilómetros para unha carreira de distancia de 305 quilómetros, foi a duodécima rolda da tempada de 1992, o 50º Gran Premio de Bélxica, o 38ª que se celebrou en Spa-Francorchamps.

A carreira gañouna Michael Schumacher co Benetton, a primeira do seu récord de 91 vitorias e a primeira dun piloto alemán desde Jochen Mass no Gran Premio de España de 1975 dezasete anos antes. O triunfo do Benetton B192 tamén marca a última vitoria na F1 dun coche cunha caixa de cambios manual H-Pattern. Segundo e terceiro foron os pilotos de Williams Nigel Mansell (quen sobreviviu a unha colisión con Jean Alesi na primeira curva) e Riccardo Patrese, aseguraron para o equipo o seu primeiro título de Construtor desde 1987.

Terminaron dezaoito autos, o maior número de finalistas da tempada, aínda que Érik Comas lesionouse nun choque durante a práctica e non comezou. Ao pasar xunto ao automóbil accidentado Ayrton Senna detívose na pista para axudar a Comas e evitou un incendio cortando o motor. Comas quedara inconsciente pero recuperouse rapidamente. Emanuele Naspetti fixo o seu debut no Gran Premio para o equipo March. Por primeira vez na tempada de 1992 non se celbrou a precualificación, despois de que Brabham non se presentara, poñendo fin aos 30 anos de historia do equipo.

Durante a carreira, Senna mostrou un forte ritmo nas primeiras voltas. Con todo, apostou a que a choiva deteríase e, polo tanto, non necesitaría cambiar a pneumáticos para choiva. Esta estratexia fallou, tivo que entrar a boxes para cambiar os seus pneumáticos, o que o deixou en duodécimo lugar e necesitou o posteriormente famoso movemento de adiantamento ao Lotus de Mika Häkkinen desde o exterior para ser quinto na volta 43 (xusto cando Michael Schumacher comezaba a súa última volta).

Johnny Herbert retirouse no seu Lotus do oitavo lugar debido a un problema no motor só 10 segundos antes de que Michael Schumacher cruzase a liña para a primeira vitoria da súa carreira. Herbert clasificouse no décimo terceiro lugar.

Esta carreira foi a 500º saída da Scuderia Ferrari nunha carreira do Campionato Mundial como equipo.[1]

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Cualificación

[editar | editar a fonte]
Pos Piloto Construtor Q1 Q2 Diferenza
1 5 Nigel Mansell Williams-Renault 1:50.545 2:07.693
2 1 Ayrton Senna McLaren-Honda 1:52.743 2:14.983 +2.198
3 19 Alemaña Michael Schumacher Benetton-Ford 1:53.221 2:11.770 +2.676
4 6 Italia Riccardo Patrese Williams-Renault 1:53.557 +3.012
5 27 Francia Jean Alesi Ferrari 1:54.438 2:11.360 +3.893
6 2 Austria Gerhard Berger McLaren-Honda 1:54.642 +4.097
7 25 Bélxica Thierry Boutsen Ligier-Renault 1:54.654 2:12.153 +4.109
8 11 Finlandia Mika Häkkinen Lotus-Ford 1:54.812 2:15.987 +4.267
9 20 Martin Brundle Benetton-Ford 1:54.973 2:12.619 +4.428
10 12 Johnny Herbert Lotus-Ford 1:55.027 2:16.726 +4.482
11 15 Italia Gabriele Tarquini Fondmetal-Ford 1:55.965 +5.420
12 28 Italia Ivan Capelli Ferrari 1:56.075 2:15.529 +5.530
13 4 Italia Andrea de Cesaris Tyrrell-Ilmor 1:56.111 2:11.341 +5.566
14 9 Italia Michele Alboreto Footwork-Mugen-Honda 1:56.282 2:14.734 +5.737
15 14 Bélxica Eric van de Poele Fondmetal-Ford 1:56.674 +6.129
16 21 Finlandia JJ Lehto Dallara-Ferrari 1:56.809 2:12.232 +6.264
17 32 Italia Stefano Modena Jordan-Yamaha 1:56.889 2:14.037 +6.344
18 16 Austria Karl Wendlinger March-Ilmor 1:57.039 2:14.765 +6.494
19 22 Italia Pierluigi Martini Dallara-Ferrari 1:57.267 +6.722
20 29 Francia Bertrand Gachot Larrousse-Lamborghini 1:57.330 2:13.415 +6.785
21 17 Italia Emanuele Naspetti March-Ilmor 1:57.794 2:16.618 +7.249
22 3 Francia Olivier Grouillard Tyrrell-Ilmor 1:57.818 2:13.612 +7.273
23 24 Italia Gianni Morbidelli Minardi-Lamborghini 1:58.126 2:23.090 +7.581
24 33 Maurício Gugelmin Jordan-Yamaha 1:58.499 2:15.268 +7.954
25 10 Aguri Suzuki Footwork-Mugen-Honda 1:58.826 2:14.711 +8.281
26 30 Ukyo Katayama Larrousse-Lamborghini 1:59.383 2:19.247 +8.838
27 23 Christian Fittipaldi Minardi-Lamborghini 1:59.626 +9.081
28 34 Roberto Moreno Andrea Moda-Judd 2:05.096 2:24.830 +14.551
29 35 Perry McCarthy Andrea Moda-Judd 2:15.050 +24.505
30 26 Francia Érik Comas Ligier-Renault
Fonte:[2][3][4]
Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 19 Alemaña Michael Schumacher Benetton-Ford 44 1:36:10.721 3 10
2 5 Nigel Mansell Williams-Renault 44 +36.595 1 6
3 6 Italia Riccardo Patrese Williams-Renault 44 +43.897 4 4
4 20 Martin Brundle Benetton-Ford 44 +46.059 9 3
5 1 Ayrton Senna McLaren-Honda 44 +1:08.369 2 2
6 11 Finlandia Mika Häkkinen Lotus-Ford 44 +1:10.030 8 1
7 21 Finlandia JJ Lehto Dallara-Ferrari 44 +1:38.237 16
8 4 Italia Andrea de Cesaris Tyrrell-Ilmor 43 +1 volta 13
9 10 Aguri Suzuki Footwork-Mugen-Honda 43 +1 volta 25
10 14 Bélxica Eric van de Poele Fondmetal-Ford 43 +1 volta 15
11 16 Austria Karl Wendlinger March-Ilmor 43 +1 volta 18
12 17 Italia Emanuele Naspetti March-Ilmor 43 +1 volta 21
13 12 Johnny Herbert Lotus-Ford 42 Motor 10
14 33 Maurício Gugelmin Jordan-Yamaha 42 +2 voltas 24
15 32 Italia Stefano Modena Jordan-Yamaha 42 +2 voltas 17
16 24 Italia Gianni Morbidelli Minardi-Lamborghini 42 +2 voltas 23
17 30 Ukyo Katayama Larrousse-Lamborghini 42 +2 voltas 26
18 29 Francia Bertrand Gachot Larrousse-Lamborghini 40 Trompo 20
Ret 25 Bélxica Thierry Boutsen Ligier-Renault 27 Trompo 7
Ret 28 Italia Ivan Capelli Ferrari 25 Motor 12
Ret 15 Italia Gabriele Tarquini Fondmetal-Ford 25 Motor 11
Ret 9 Italia Michele Alboreto Footwork-Mugen-Honda 20 Caixa de cambios 14
Ret 27 Francia Jean Alesi Ferrari 7 Picada 5
Ret 3 Francia Olivier Grouillard Tyrrell-Ilmor 1 Accidente 22
Ret 2 Austria Gerhard Berger McLaren-Honda 0 Transmisión 6
Ret 22 Italia Pierluigi Martini Dallara-Ferrari 0 Trompo 19
NSC 23 Christian Fittipaldi Minardi-Lamborghini
NSC 34 Roberto Moreno Andrea Moda-Judd
NSC 35 Perry McCarthy Andrea Moda-Judd
NSC 26 Francia Érik Comas Ligier-Renault Accidente na practica
Fonte:[5]

Posicións logo da carreira

[editar | editar a fonte]
  • Texto en negra indica Campión Mundial.
  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
  1. A participación dun Ferrari privado no Gran Premio de Francia de 1950, que a miúdo se conta incorrectamente para as súas carreiras como equipo (a diferenza de como fabricante) non conta para as participacións como equipo.
  2. "Belgian Grand Prix – QUALIFYING 1". formula1.com. Consultado o 13 de setembro de 2017. 
  3. "Belgian Grand Prix – QUALIFYING 2". formula1.com. Consultado o 13 de setembro de 2017. 
  4. "Belgian Grand Prix – OVERALL QUALIFYING". formula1.com. Consultado o 13 de setembro de 2017. 
  5. "1992 Belgian Grand Prix". formula1.com. Arquivado dende o orixinal o 3 de novembro de 2014. Consultado o 23 de decembro de 2015. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]


Carreira anterior:
Gran Premio de Hungría de 1992
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1992
Carreira seguinte:
Gran Premio de Italia de 1992
Carreira anterior:
Gran Premio de Bélxica de 1991
Gran Premio de Bélxica Carreira seguinte:
Gran Premio de Bélxica de 1993