Gran Premio de Motociclismo de Europa
Tipo | evento deportivo recorrente |
---|---|
Deporte | Motociclismo de velocidade |
Localización e Datas | |
País | España |
Vixencia | 1991 – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
O Gran Premio de Motociclismo de Europa, era unha proba de motociclismo de velocidade que se celebrou en España entre os anos 1991 e 1995 que formou parte do Campionato do Mundo de Motociclismo.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Engadiuse en 1991 ao calendario do Campionato do Mundo como complemento do Gran Premio de Motociclismo de España, aproveitando o éxito dos pilotos españois (moitos deles cataláns) en dita especialidade e número de seguidores do campionato en España. A edición de 1991 correuse no Circuíto do Jarama, e as posteriores no Circuíto de Cataluña. Foi substituído polo Gran Premio de Motociclismo de Cataluña en 1996.
O estadounidense Wayne Rainey venceu tres veces consecutivas en 500cc, o italiano Luca Cadalora acadou nesta proba unha vitoria en 500cc e dúas en 250cc e o seu paisano Max Biaggi venceu tres veces consecutivas en 250cc.
Gañadores
[editar | editar a fonte]Ano | Circuíto | 125 cc | 250 cc | Moto GP |
---|---|---|---|---|
1995 | Cataluña | Haruchika Aoki (Honda) | Max Biaggi (Aprilia) | Àlex Crivillé (Honda) |
1994 | Cataluña | Dirk Raudies (Honda) | Max Biaggi (Aprilia) | Luca Cadalora (Yamaha) |
1993 | Cataluña | Noboru Ueda (Honda) | Max Biaggi (Honda) | Wayne Rainey (Yamaha) |
1992 | Cataluña | Ezio Gianola (Honda) | Luca Cadalora (Honda) | Wayne Rainey (Yamaha) |
1991 | Jarama | Loris Capirossi (Honda) | Luca Cadalora (Honda) | Wayne Rainey (Yamaha) |