Saltar ao contido

Gran Premio do Brasil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaGran Premio do Brasil
Imaxe
Tipoevento deportivo recorrente Editar o valor en Wikidata
Deportecompetición de Fórmula 1 Editar o valor en Wikidata
OrganizadorFederación Internacional do Automóbil Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónAutódromo José Carlos Pace (Cidade Dutra) (1990–2019)
Autódromo Internacional Nelson Piquet (Río de Xaneiro) (1981–1989)
Autódromo José Carlos Pace (Cidade Dutra) (1979–1980)
Autódromo José Carlos Pace (Cidade Dutra) (1972–1977)
Autódromo Internacional Nelson Piquet (Río de Xaneiro) Editar o valor en Wikidata
PaísBrasil Editar o valor en Wikidata
Vixencia1972 – Editar o valor en Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor en Wikidata

O Gran Premio do Brasil (en portugués: Grande Prêmio do Brasil) é unha carreira do Campionato Mundial de Fórmula Un que se corre no Autódromo José Carlos Pace de Interlagos, un distrito na cidade de São Paulo, Brasil.

O Gran Premio do Brasil celebrouse por primeira vez en Interlagos en 1972, aínda que non formou parte do Campionato Mundial de Fórmula Un. Ao ano seguinte, con todo, a carreira foi incluída por primeira vez no calendario oficial. En 1978 o Gran Premio do Brasil trasladouse en 1978 a Jacarepaguá no Río de Xaneiro, para volver a Interlagos nas seguintes dúas tempadas (1979-1980) de 1981 a 1989 Jacarepaguá convertese no único anfitrión, debido ás preocupacións pola seguridade do circuíto de Interlagos de 8 km. de lonxitude. En 1990 o Gran Premio volveu a un reducido circuíto de Interlagos, onde se mantivo desde entón. A carreira de 2004 foi a primeira vez desde a inclusión da carreira no calendario do Campionato de Fórmula Un que non era unha das tres primeiras carreiras da tempada. En 2005, por primeira vez, o GP do Brasil decidiu o campionato do mundo, gañado por Fernando Alonso. O 2 de novembro de 2008, Felipe Massa converteuse no último gañador da casa do GP do Brasil, a súa vitoria na última carreira da tempada 2008 non foi suficiente para asegurar o campionato xa que perdeu con Lewis Hamilton por un só punto.

O circuíto de Interlagos viu algunhas das carreiras máis emocionantes e memorables na recente historia da Fórmula Un, e é considerado como un dos circuítos máis desafiantes e emocionantes do calendario. Xunto con Spa-Francorchamps, é raro porque o circuíto na súa forma moderna é un dos poucos cunha longa historia no deporte que se considera que non perderon gran parte da súa mística ou desafío na súa adaptación as modernas normas de seguridade.

Particularmente memorable, na recente historia dos Grandes Premios do Brasil, foi a carreira de 2003, que viu a primeira vitoria nun Gran Premio, moi inesperada, e no medio de circunstancias caóticas e pouco comúns, do Jordan de Giancarlo Fisichella. A forte choiva antes e durante a carreira produciu problemas coa selección de pneumáticos que prexudicou a moitos equipos, o que permitiu ao débil equipo Minardi ter unha verdadeira oportunidade para a vitoria por única vez, porque era o único equipo preparado para as precipitacións, pero os seus pilotos pronto abandonaron. As condicións traizoeiras da pista causaron o abandono de varios pilotos, so remataron dez, incluíndo ao entón vixente campión do mundo Michael Schumacher, pondo fin a unha longa serie de carreiras sen abandonos que remóntase ao Gran Premio de Alemaña de 2001. No medio disto, varios pilotos, incluídos os de McLaren Kimi Raikkonen e David Coulthard, lideraron a carreira, e, cando un accidente do Renault de Fernando Alonso bloqueou o circuíto e sacaron a bandeira vermella, reinaba a confusión. Fisichella lideraba a carreira nese momento, logo de superar a Räikkönen, con todo, foi o finlandés, o que foi declarado gañador da carreira baixo a regra, que estipula que o resultado da carreira en tales circunstancias, tómase da orde de execución de dúas voltas antes da detención da carreira. Esta decisión foi revogada días despois na Corte de Apelación da FIA en París logo de que novas probas saíron á luz e demostraron que Fisichella cruzara a liña de meta na cabeza por segunda vez antes do accidente de Alonso, e polo tanto era o lexítimo gañador.

O Gran Premio de 2001 foi notable por marcar a chegada explosiva de Juan Pablo Montoya á escena da Fórmula Un. O piloto colombiano incriblemente adiantou a Michael Schumacher desde o principio e aguantouno con facilidade ata que un incidente co arrows de Jos Verstappen terminou a súa carreira. Montoya finalmente enterrou a pantasma desa carreira ao gañar a carreira de 2004 no seu último Gran Premio con Williams antes de pasar a McLaren. A carreira de 2001 tamén foi notable porque dous irmáns, Michael Schumacher e Ralf Schumacher, compartiron a primeira fila na grella de saída por primeira vez.

Coche de seguridade no Gran Premio do Brasil de 2006

Fernando Alonso converteuse no máis novo Campión do Mundo de Fórmula Un no Gran Premio do Brasil 2005, co seu terceiro posto, por detrás do gañador Juan Pablo Montoya e o seu rival no campionato Kimi Räikkönen, suficiente para alzarse co título a falta de dúas carreiras.

En 2006, o Gran Premio do Brasil, como en 2004, trasladouse á prestixiosa posición de anfitrión da carreira final da tempada, na que foi a primeira despedida de Michael Schumacher da Fórmula Un, antes do seu regreso na tempada de Fórmula Un de 2010.

En marzo de 2008, o alcalde de São Paulo anunciou que asinara un novo acordo con Bernie Ecclestone para continuar coa celebración do Gran Premio do Brasil. Este acordo permite seguir coa carreira do Brasil ata o ano 2015. Con isto, Interlagos está listo para grandes melloras nas súas instalacións de boxes e paddock.

Gañadores

[editar | editar a fonte]

Gañadores múltiples (pilotos)

[editar | editar a fonte]

Os pilotos en letra grosa aínda compiten no campionato de Fórmula Un
Un fondo de cor rosa indica que un evento non forma parte do Campionato Mundial de Fórmula Un.

# Gañados Piloto Ano
6 Francia Alain Prost 1982, 1984, 1985, 1987, 1988, 1990
4 Carlos Reutemann 1972, 1977, 1978, 1981
Alemaña Michael Schumacher 1994, 1995, 2000, 2002
3 Alemaña Sebastian Vettel 2010, 2013, 2017
Lewis Hamilton 2016, 2018, 2021
Países Baixos Max Verstappen 2019, 2023, 2024
2 Emerson Fittipaldi 1973, 1974
Nelson Piquet 1983, 1986
Nigel Mansell 1989, 1992
Ayrton Senna 1991, 1993
Finlandia Mika Häkkinen 1998, 1999
Juan Pablo Montoya 2004, 2005
Felipe Massa 2006, 2008
Australia Mark Webber 2009, 2011
Alemaña Nico Rosberg 2014, 2015

Gañadores múltiples (construtores)

[editar | editar a fonte]

Os construtores en letra grosa aínda compiten no campionato de Fórmula Un
Un fondo de cor rosa indica que un evento non forma parte do Campionato Mundial de Fórmula Un.

Gañados Construtor Ano
12 McLaren 1974, 1984, 1985, 1987, 1988, 1991, 1993, 1998, 1999, 2001, 2005, 2012
11 Italia Ferrari 1976, 1977, 1978, 1989, 1990, 2000, 2002, 2006, 2007, 2008, 2017
7 Austria Red Bull 2009, 2010, 2011, 2013, 2019, 2023, 2024
6 Williams 1981, 1986, 1992, 1996, 1997, 2004
5 Alemaña Mercedes 2014, 2015, 2016, 2018, 2021
3 Brabham 1972, 1975, 1983
2 Benetton 1994, 1995
Francia Renault 1980, 1982

Un fondo de cor rosa indica que un evento non forma parte do Campionato Mundial de Fórmula Un.

Ano Piloto Construtor Circuíto Resultados
2024 Países Baixos Max Verstappen Red Bull-Honda RBPT Interlagos circuíto 4´3 km. Resultados
2023 Países Baixos Max Verstappen Red Bull-Honda RBPT Resultados
2022 George Russell Mercedes Resultados
2021 Lewis Hamilton Mercedes Resultados
2019 Países Baixos Max Verstappen Red Bull-Honda Resultados
2018 Lewis Hamilton Mercedes Resultados
2017 Alemaña Sebastian Vettel Ferrari Resultados
2016 Lewis Hamilton Mercedes Resultados
2015 Alemaña Nico Rosberg Mercedes Resultados
2014 Alemaña Nico Rosberg Mercedes Resultados
2013 Alemaña Sebastian Vettel Red Bull-Renault Resultados
2012 Jenson Button McLaren-Mercedes Resultados
2011 Australia Mark Webber Red Bull-Renault Resultados
2010 Alemaña Sebastian Vettel Red Bull-Renault Resultados
2009 Australia Mark Webber Red Bull-Renault Resultados
2008 Felipe Massa Ferrari Resultados
2007 Finlandia Kimi Räikkönen Ferrari Resultados
2006 Felipe Massa Ferrari Resultados
2005 Juan Pablo Montoya McLaren-Mercedes Resultados
2004 Juan Pablo Montoya Williams-BMW Resultados
2003 Italia Giancarlo Fisichella Jordan-Ford Resultados
2002 Alemaña Michael Schumacher Ferrari Resultados
2001 David Coulthard McLaren-Mercedes Resultados
2000 Alemaña Michael Schumacher Ferrari Resultados
1999 Finlandia Mika Häkkinen McLaren-Mercedes Resultados
1998 Finlandia Mika Häkkinen McLaren-Mercedes Resultados
1997 Jacques Villeneuve Williams-Renault Resultados
1996 Damon Hill Williams-Renault Resultados
1995 Alemaña Michael Schumacher Benetton-Renault Resultados
1994 Alemaña Michael Schumacher Benetton-Ford Resultados
1993 Ayrton Senna McLaren-Ford Resultados
1992 Nigel Mansell Williams-Renault Resultados
1991 Ayrton Senna McLaren-Honda Resultados
1990 Francia Alain Prost Ferrari Resultados
1989 Nigel Mansell Ferrari Jacarepaguá Resultados
1988 Francia Alain Prost McLaren-Honda Resultados
1987 Francia Alain Prost McLaren-TAG Resultados
1986] Nelson Piquet Williams-Honda Resultados
1985 Francia Alain Prost McLaren-TAG Resultados
1984 Francia Alain Prost McLaren-TAG Resultados
1983 Nelson Piquet Brabham-BMW Resultados
1982 Francia Alain Prost Renault Resultados
1981 Carlos Reutemann Williams-Ford Resultados
1980 Francia René Arnoux Renault Interlagos circuíto 8 km. Resultados
1979 Francia Jacques Laffite Ligier-Ford Resultados
1978 Carlos Reutemann Ferrari Jacarepaguá Resultados
1977 Carlos Reutemann Ferrari Interlagos circuíto 8 km. Resultados
1976 Australia Niki Lauda Ferrari Resultados
1975 Carlos Pace Brabham-Ford Resulados
1974 Emerson Fittipaldi McLaren-Ford Resultados
1973 Emerson Fittipaldi Lotus-Ford Resultados
1972 Carlos Reutemann Brabham-Ford Interlagos circuíto 8 km. Resultados

Patrocinadores

[editar | editar a fonte]
  • Grande Prêmio Marlboro do Brasil 1999-2004
  • Grande Prêmio Petrobras do Brasil 2009-2015

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]