Gran Premio do Xapón de 1991
Nome oficial | XVII Fuji Television Japanese Grand Prix |
---|---|
Tipo | Gran Premio do Xapón |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1991 |
Distancia do evento | 53 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto de Suzuka (Suzuka) 34°50′30″N 136°32′20″L / 34.8417, 136.5389 |
Lonxitude | 5,807 km |
País | Xapón |
Data | 20 de outubro de 1991 |
Competición | |
Primeiro posto | Gerhard Berger |
Pole position | Gerhard Berger |
Volta máis rápida | Ayrton Senna |
O Gran Premio do Xapón de 1991 (oficialmente o XVII Fuji Television Japanese Grand Prix) foi unha carreira de Fórmula Un disputada en Suzuka o 20 de outubro de 1991. Foi a décimo quinta e penúltima proba da tempada 1991 da Fórmula Un, o 18º Gran Premio do Xapón, o quinto en Suzuka e o sétimo que se celebrou no marco do campionato mundial de pilotos de Fórmula Un. A carreira disputouse ao longo de 53 voltas ao circuíto de seis quilómetros por unha carreira de 310 quilómetros. Foi gañada polo piloto de McLaren Gerhard Berger despois de comezar desde a pole position. O seu compañeiro de equipo Ayrton Senna terminou en segundo lugar e Riccardo Patrese foi terceiro para o equipo Williams.
Informe
[editar | editar a fonte]A Fórmula Un chegou ao Xapón coa loita polo título aínda aberta, foi o quinto ano consecutivo en que o título decidirase no circuíto de Suzuka. Os organizadores esperaban que os eventos do Gran Premio do Xapón de 1990 non se repetisen. Ambos contendentes ao campionato Ayrton Senna e Nigel Mansell sabían exactamente o que tiñan que facer, Mansell tiña que gañar con axuda e Senna necesitaba vencer a Mansell. Houbo varios cambios na aliñación de pilotos, sendo o máis notable o de Leyton House, onde Ivan Capelli foi substituído polo mozo austríaco Karl Wendlinger. Por outra parte, AGS quedou sen diñeiro e non fixo a viaxe ao Xapón, mentres que outros atrasados como Coloni contrataron ao condutor local Naoki Hattori, pero non puido precualificarse. Johnny Herbert estaba detrás do volante do Lotus logo de perderse unhas carreiras na segunda metade da tempada debido aos compromisos de Fórmula 3000 xaponesa.
A cualificación viu moitos grandes accidentes, incluída a nova sensación Michael Schumacher e o piloto de Ferrari Jean Alesi. O maior destes accidentes foi o que lle sucedeu a Éric Bernard que rompeu o nocello e non tomou parte na carreira. Ao final das sesións de cualificación, quedou unha primeira fila de McLaren con Gerhard Berger, por diante de Ayrton Senna. Mansell foi terceiro seguido polo infeliz Alain Prost, Riccardo Patrese, Jean Alesi, Pierluigi Martini, Gianni Morbidelli, Michael Schumacher, e Nelson Piquet.
No comezo da carreira, Berger saíu ben e Senna bloqueou a Mansell como lle fixo Mansell en Portugal. Por outra parte, o día de Jean Alesi terminou na primeira volta en mdio dunha nube de fume, o seu motor Ferrari explotara. Ao final da 1ª volta, a orde era Berger, Senna, Mansell, Patrese e Prost. Houbo un grande accidente na segunda volta cando Andrea de Cesaris trompeou co seu Jordan mentres lideraba a outros autos, e o accidente resultante levou a Wendlinger, Pirro, e Lehto con el. diante, Berger púxose na cabeza mentres Mansell acosaba a Senna. Todo terminou na volta 10 cando Mansell cometeu un erro na primeira curva e saíuse. O seu Williams quedou atrapado na grava e Mansell estaba fóra da loita polo campionato.
Coa noticia da retirada de Mansell, Senna e Berger perdéronse na distancia, con Berger saudando ao seu compañeiro de equipo campión do mundo cando o pasou. Os dous correron en formación durante o resto da carreira con Senna deixando pasar a Berger na última volta para gañar a súa primeira carreira para McLaren.
Patrese terminou en terceiro lugar seguido de Prost, Martin Brundle anotou os últimos puntos na historia do equipo de Brabham, e Stefano Modena no Tyrrell. Senna gañara o seu terceiro campionato mundial, pero o brasileiro freou as celebracións na entrevista posterior á carreira facendo comentarios mordaces sobre o presidente sainte da FISA Jean-Marie Balestre e admitindo que sacou intencionadamente a Alain Prost da pista o ano anterior en Suzuka, o que provocou moito resentimento e críticas a Senna da comunidade da F1.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Cualificación Previa
[editar | editar a fonte]Pos | Nº | Piloto | Construtor | Tempo | Diferenza |
---|---|---|---|---|---|
1 | 7 | Martin Brundle | Brabham-Yamaha | 1:41.289 | — |
2 | 10 | Alex Caffi | Footwork-Ford | 1:42.382 | +1.093 |
3 | 9 | Michele Alboreto | Footwork-Ford | 1:42.479 | +1.190 |
4 | 14 | Gabriele Tarquini | Fondmetal-Ford | 1:43.025 | +1.736 |
5 | 8 | Mark Blundell | Brabham-Yamaha | 1:44.025 | +2.736 |
6 | 31 | Naoki Hattori | Coloni-Ford | 2:00.035 | +18.746 |
Cualificación
[editar | editar a fonte]Pos | Nº | Piloto | Construtor | Q1 | Q2 | diferenza |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | Gerhard Berger | McLaren-Honda | 1:36.458 | 1:34.700 | — |
2 | 1 | Ayrton Senna | McLaren-Honda | 1:36.490 | 1:34.898 | +0.198 |
3 | 5 | Nigel Mansell | Williams-Renault | 1:36.529 | 1:34.922 | +0.222 |
4 | 27 | Alain Prost | Ferrari | 1:37.565 | 1:36.670 | +1.970 |
5 | 6 | Riccardo Patrese | Williams-Renault | 1:37.874 | 1:36.882 | +2.182 |
6 | 28 | Jean Alesi | Ferrari | 1:37.718 | 1:37.140 | +2.740 |
7 | 23 | Pierluigi Martini | Minardi-Ferrari | 1:40.176 | 1:38.154 | +3.454 |
8 | 24 | Gianni Morbidelli | Minardi-Ferrari | 1:41.088 | 1:38.248 | +3.548 |
9 | 19 | Michael Schumacher | Benetton-Ford | 1:39.742 | 1:38.363 | +3.663 |
10 | 20 | Nelson Piquet | Benetton-Ford | 1:40.557 | 1:38.614 | +3.914 |
11 | 33 | Andrea de Cesaris | Jordan-Ford | 1:40.407 | 1:38.842 | +4.142 |
12 | 22 | JJ Lehto | Dallara-Judd | 1:40.191 | 1:38.911 | +4.211 |
13 | 32 | Alessandro Zanardi | Jordan-Ford | 1:39.051 | 1:38.923 | +4.223 |
14 | 4 | Stefano Modena | Tyrrell-Honda | 1:39.245 | 1:38.926 | +4.226 |
15 | 3 | Satoru Nakajima | Tyrrell-Honda | 1:40.100 | 1:39.118 | +4.418 |
16 | 21 | Emanuele Pirro | Dallara-Judd | 1:41.246 | 1:39.238 | +4.538 |
17 | 25 | Thierry Boutsen | Ligier-Lamborghini | 1:39.946 | 1:39.499 | +4.799 |
18 | 15 | Maurício Gugelmin | Leyton House-Ilmor | 1:40.714 | 1:39.518 | +4.818 |
19 | 7 | Martin Brundle | Brabham-Yamaha | 1:40.867 | 1:39.697 | +4.997 |
20 | 26 | Érik Comas | Ligier-Lamborghini | 1:41.251 | 1:39.820 | +5.120 |
21 | 11 | Mika Häkkinen | Lotus-Judd | 1:41.485 | 1:40.024 | +5.324 |
22 | 16 | Karl Wendlinger | Leyton House-Ilmor | 1:41.639 | 1:40.092 | +5.392 |
23 | 12 | Johnny Herbert | Lotus-Judd | 1:40.512 | 1:40.170 | +5.470 |
24 | 14 | Gabriele Tarquini | Fondmetal-Ford | 1:42.835 | 1:40.184 | +5.484 |
25 | 30 | Aguri Suzuki | Lola-Ford | 1:41.528 | 1:40.255 | +5.555 |
26 | 10 | Alex Caffi | Footwork-Ford | 1:40.517 | 1:40.402 | +5.702 |
27 | 9 | Michele Alboreto | Footwork-Ford | 1:41.536 | 1:40.844 | +6.144 |
28 | 34 | Nicola Larini | Lambo-Lamborghini | 1:43.057 | 1:42.492 | +7.792 |
29 | 35 | Eric van de Poele | Lambo-Lamborghini | 1:46.641 | 1:42.724 | +8.024 |
30 | 29 | Éric Bernard | Lola-Ford | — | — | NTS* |
* Precualificado pero lesionado durante a práctica (perna rota)
Carreira
[editar | editar a fonte]Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]- Texto en negra indica quen aínda ten unha oportunidade teórica de converterse en Campión do Mundo.
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Footnotes
[editar | editar a fonte]Referencias
[editar | editar a fonte]- ↑ "1991 Japanese Grand Prix". formula1.com. Arquivado dende o orixinal o 3 de novembro de 2014. Consultado o 23 de decembro de 2015.
- Henry, Alan (1991). AUTOCOURSE 1991-92. Hazleton Publishing. pp. 232–233. ISBN 0-905138-87-2.
- "The GEL Motorsports Information page". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 17 de decembro de 2017.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Carreira anterior: Gran Premio de España de 1991 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1991 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Australia de 1991 |
Carreira anterior: Gran Premio do Xapón de 1990 |
Gran Premio do Xapón | Carreira seguinte: Gran Premio do Xapón de 1992 |