Héptatlon
O héptatlon é unha competición do atletismo actual que consta de sete probas, realizadas en dous días consecutivos e polo mesmo atleta. O nome ven do grego hepta (sete) e athlon (proba).
Existen dous tipos diferentes de héptatlon, dependendo de se se realiza en pista cuberta ou ó aire libre.
Héptatlon en pista cuberta
[editar | editar a fonte]Proba que se realiza en campionatos de atletismo de pista cuberta. Esta proba realízana os atletas masculinos absolutos.
O primeiro día dispútanse as seguintes probas e nesta orde:
No segundo día:
Héptatlon ó aire libre
[editar | editar a fonte]Esta proba realízase oficialmente en campionatos e só é unha proba feminina. O primeiro día dispútanse as seguintes probas e nesta orde:
No segundo día:
Actualmente, unha das máximas figuras desta modalidade é a sueca Carolina Klüft, campioa olímpica en 2004 e dobre campioa mundial.
O actual récord do mundo de héptatlon mulleres en pista ó aire libre é:
- Jackie Joyner-Kersee 7291 pts Seúl, 24 de setembro de 1988
Marcas
[editar | editar a fonte]Marca | Atleta | País | Lugar | Data |
---|---|---|---|---|
7291 | Jackie Joyner-Kersee | Estados Unidos | Seúl | 24-09-1988 |
7032 | Carolina Klüft | Suecia | Osaka | 26-08-2007 |
7001 | Larisa Turchinskaya | Unión Soviética | Bryansk | 11-06-1989 |
6985 | Sabine Braun | Alemaña | Götzis | 31-05-1992 |
6942 | Ghada Shouaa | Siria | Götzis | 26-05-1996 |
6935 | Ramona Neubert | Alemaña Oriental | Moscova | 19-06-1983 |
6889 | Eunice Barber | Francia | Arlés | 05-06-2005 |
6859 | Natalya Shubenkova | Unión Soviética | Kíiv | 21-06-1984 |
6858 | Anke Vater-Behmer | Alemaña Oriental | Seúl | 24-09-1988 |