Saltar ao contido

Hauts-de-France

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaHauts-de-France
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 49°55′14″N 2°42′11″L / 49.9205573, 2.7029777
EstadoFrancia
Divisións administrativasFrancia Metropolitana Editar o valor en Wikidata
CapitalLille Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación5.995.292 (2021) Editar o valor en Wikidata (188,45 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie31.813 km² Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoWatigny (197 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Organización política
• Xefe do gobernoXavier Bertrand (pt) Traducir (2016–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoRegional Council of the Hauts-de-France (en) Traducir , Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2FR-HDF Editar o valor en Wikidata
Código NUTSFRE Editar o valor en Wikidata
INSEE region code (en) Traducir32 Editar o valor en Wikidata

Páxina webhautsdefrance.fr Editar o valor en Wikidata
Facebook: regionhautsdefrance Twitter: hautsdefrance Instagram: region_hautsdefrance LinkedIn: region-hauts-de-france Snapchat: regionhdf Youtube: UCyuW5V5YSUpeb_hkQ8DkDPg Editar o valor en Wikidata

Hauts-de-France[1] é unha rexión francesa. Creada a partir da reforma territorial de 2014 coa fusión de Norte-Paso de Calais e Picardía, a nova rexión entrou en vigor o 1 de xaneiro de 2016, tralas eleccións rexionais de decembro de 2015.[2] O Consello de Estado de Francia aprobou Hauts-de-France (Alta Francia) como novo nome da rexión no día 28 de setembro de 2016.[3] A rexión abarca unha área de máis de 31 813 km2 (12 283 sq mi) e contaba no 2015 cunha poboación de 6 009 976 habitantes.[4] A súa capital e cidade máis poboada é Lille.

Toponimia

[editar | editar a fonte]

O nome temporal de Nord-Pas-de-Calais-Picardie foi un termo combinado baseado na suma alfabeticamente ordenada[5] dos nomes das agora abandonadas denominacións rexionais de Norte-Paso de Calais e de Picardía.

O 14 de marzo de 2016, con suficiente anticipación á data límite do 1 de xullo, o Consello Rexional aproba "Hauts-de-France" como o nome definitivo da rexión[1][5], supoñendo o abandono do nome provisional para o 30 de setembro de 2016.[3]

Ao igual que sucede coa rexión do Gran Leste, o nome de Alta Francia non contén referencia algunha á historia ou identidade da área, limitándose a describir a súa posición xeográfica dentro da Francia metropolitana.

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Mapa da nova rexión cos seus cinco departamentos, coloreados de acordo ás provincias históricas tal e como existiron ata 1790
     Picardía      Illa-de-Francia      Condado de Artois      Flandes Francés      Hainaut francés      Cambrais      Champaña      Other

A rexión linda con Bélxica (Flandres e Valonia ao nordeste), co canal da Mancha e o Reino Unido (Inglaterra ) ao noroeste, así como coas rexións galas do Gran Leste ao sueste, Illa-de-Francia ao sur e de Normandía ao sueste.

Principais poboacións

[editar | editar a fonte]
Lille
Amiens
  1. Lille (227,560; prefectura da rexión)
  2. Amiens (133,448)
  3. Roubaix (94,713)
  4. Tourcoing (91,923)
  5. Dunkirk (90,995)
  6. Calais (72,589)
  7. Villeneuve-d'Ascq (62,308)
  8. Saint-Quentin (55,978)
  9. Beauvais (54,289)
  10. Valenciennes (42,989)
  1. 1,0 1,1 Regional council votes for "Hauts-de-France", La Voix du Nord, 14 de marzo de 2016
  2. "La carte à 13 régions définitivement adoptée". Le Monde (en French). Agence France-Presse. 17 de decembro de 2014. Consultado o 13 de xaneiro de 2015. 
  3. 3,0 3,1 "Portant fixation du nom et du chef-lieu de la région Hauts-de-France" (en francés). 28 de setembro de 2016. 2016-1265. 
  4. "Insee - Populations légales 2012 - Populations légales 2012 des régions". Insee. Consultado o 16 de xaneiro de 2015. 
  5. 5,0 5,1 "Relative à la délimitation des régions, aux élections régionales et départementales et modifiant le calendrier électoral" (en francés). 16 de xaneiro de 2015. 2015-29. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]