Heliodoro Rivas Rivas
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1884 Vigo, España |
Morte | século XX valor descoñecido |
Alcalde de Redondela | |
21 de xullo de 1936 – 27 de xullo de 1936 ← Serafín Dacosta Pazo – Francisco Cunqueiro Montenegro → | |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Heliodoro Rivas Rivas, coñecido como Rivitas, nado en Vigo en 1884, foi un xornalista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Oficial maior do concello de Redondela, desempeñou o posto de Secretario nalgúns períodos. Vinculado á Sociedade de Agricultores La Progresiva de Chapela. Dirixiu os periódicos redondeláns La Opinión e Redención e foi correspondente de El Pueblo Gallego en Redondela. Presidiu a VI Asemblea Agraria (1915). Foi directivo do Centro Republicano Radical (1932) do que chegou a presidente en 1933, repetindo cargo en 1935. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado alcalde interino de Redondela polo Comandante Militar de Vigo o 21 de xullo. Cesou seis días despois, o 27 de xullo.
Predecesor: Serafín Dacosta Pazo |
Alcalde de Redondela 1936 |
Sucesor: Francisco Cunqueiro Montenegro |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Ángela García.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Amoedo López, Gonzalo; Gil Moure, Roberto (2002). Do Castro, ed. Redondela, crónica dun tempo pasado: A II República e o primeiro franquismo. Sada. pp. 305–306. ISBN 84-8485-090-0.