Saltar ao contido

Henry Molaison

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHenry Molaison
Nome orixinal(en) Henry Gustav Molaison Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento26 de febreiro de 1926 Editar o valor en Wikidata
Central Manchester, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte2 de decembro de 2008 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Windsor Locks, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da morteInsuficiencia respiratoria Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónobreiro Editar o valor en Wikidata

Find a Grave: 45095010 Editar o valor en Wikidata


Henry Gustav Molaison nado o 26 de febreiro de 1926 e finado o 2 de decembro de 2008 en Windsor Locks, tamén coñecido como HM, foi un estadounidense cun raro trastorno da memoria e o seu caso e cerebro foron estudados amplamente polos investigadores.[1] [2]

O paciente de amnesia máis estudado na historia da medicina era portador de amnesia anterógrada, é dicir, podía lembrar perfectamente a súa vida antes dun momento determinado, pero era totalmente incapaz de formar recordos permanentes despois diso e foi estudado amplamente desde finais de 1957 até a súa morte e o seu cerebro foi mapeado en 3D despois da súa morte.

Molaison foi operado de epilepsia o 25 de agosto de 1953, cando lle extirparon os dous lados do hipocampo. Despois da cirurxía, que tivo éxito no seu propósito principal, HM sufriu unha amnesia anterógrada severa (aquela que mantén intacta a memoria de traballo e a memoria previa á operación, pero o seu cerebro non podía absorber novos eventos na súa memoria explícita) e o paciente continuou a vivir o resto da súa vida coma se espertase ao día seguinte da operación.

Até 2002, HM foi voluntario para estudos de neurociencia e, en 1992, asinou un prazo para doar o seu cerebro ao MIT (Massachusetts Institute of Technology) despois de morrer. Coa súa morte en 2008, os estudos continuaron co seu cerebro, sendo cortado en capas moi finas e cada unha destas capas foi escaneada para formar un mapa 3D e facilitar os estudos actuais e futuros.

[editar | editar a fonte]

Nun capítulo da serie Explained de Netflix adicado á formación da memoria aparece a voz de HM nunhas gravacións.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]