Herbert Basedow
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de outubro de 1881 Kent Town, Australia |
Morte | 4 de xuño de 1933 (51 anos) Kent Town, Australia |
Causa da morte | trombose venosa (pt) |
Lugar de sepultura | North Road Cemetery (en) |
Member of the South Australian House of Assembly (en) | |
8 de abril de 1933 – 4 de xuño de 1933 (finado no cargo) Circunscrición electoral: Barossa (en) | |
Member of the South Australian House of Assembly (en) | |
26 de marzo de 1927 – 4 de abril de 1930 Circunscrición electoral: Barossa (en) | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Adelaide (pt) - graduado en ciencias (1910–) Universidade de Breslau - Doutor en filosofía (–1908) Prince Alfred College (en) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Australia Meridional |
Ocupación | explorador, xeólogo, médico, político, antropólogo, funcionario |
Familia | |
Pai | Martin Basedow |
Herbert Basedow, nado o 27 de outubro de 1881, e finado o 4 de xuño de 1933, foi un antropólogo, xeólogo, político, explorador e médico australiano.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Basedow naceu en Kent Town, Australia Meridional. Educouse en Adelaide e en Hannover, Alemaña. Despois de rematar a escola, Basedow estudou ciencia na Universidade de Adelaide onde se especializou en xeoloxía. Basedow completou posteriormente os seus estudos de posgrao en numerosas universidades de Europa e traballou como médico en diferentes sitios.
Durante a súa vida, Basedow participou en expedicións xeolóxicas, exploratorias e médicas en Australia Central e o norte do país. Nesas expedicións, tomou fotografías e recolleu espécimes naturais e artefactos aborixes australianos.
Basedow foi unha das poucas persoas en recoller e estudar a vida tradicional dos aborixes.[2] Tamén participou no activismo para mellorar o trato ós aborixes e fixo campaña para mellorar a saúde aborixe.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Harmstorf, Ian. "Basedow, Herbert (1881 - 1933), Australian Dictionary of Biography Online Edition". Adbonline.anu.edu.au. Consultado o 25 de decembro de 2012.
- ↑ Kaus, David. A Different Time: The Expedition Photographs of Herbert Basedow 1903-1928, National Museum of Australia Press, Canberra, 2008. Extract: Basedow the man. Arquivado 23 de xullo de 2018 en Wayback Machine.