Hidroscáfidos
Hidroscáfidos Rango fósil: Aptiano-Recente | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Hydroscapha natans | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||
|
Os hidroscáfidos (Hydroscaphidae) son unha pequena familia de escaravellos acuáticos.[1] En 2010, había 23 especies incluídas nesta familia.[2] Describíronse algunhas mais recentemente.
Son escaravellos pequenos, a maioría de menos de 2 mm de lonxitude. Son de cor marrón ou torrado e teñen élitros acurtados, que deixan varios terxitos do extremo do abdome expostos. O abdome vaise estreitando progresivamente bastante. As ás están beireadas de longas setas. As larvas son fusiformes, cun amplo tórax e un abdome que se vai estreitando.[2]
Viven en alfombras de algas cubertas cunha fina capa de auga corrente. Estas alfombras poden ser as algas acumuladas que cobren xusto as beiras dunha corrente de auga.[3] Toleran un amplo rango de temperaturas; observáronse en fontes termais e en escorrentías de neves de fusión xeadas. A súa fonte de alimento son as algas.[2]
O seu ciclo reprodutor non se coñece ben. Polo menos nunha das especies a femia pon un só ovo grande sobre as alfombras de algas.[2]
Atopáronse especies de hidroscáfidos en todos os continentes menos na Antártida.
Xéneros:[4]
- Hydroscapha LeConte, 1874
- Scaphydra Reichardt, 1973
- Yara Reichardt & Hinton, 1976
- Confossa Short, Joly, García & Maddison, 2015
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cai, C.; et al. (2012). "The first skiff beetle (Coleoptera: Myxophaga: Hydroscaphidae) from Early Cretaceous Jehol Biota". Journal of Paleontology 86 (1): 116–9. doi:10.1666/11-050.1.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Falamarzi, S.; et al. (2010). "Confirmed occurrence of Hydroscapha granulum in Iran, with notes on its biology (Coleoptera: Myxophaga: Hydroscaphidae)" (PDF). Acta Entomologica Musei Nationalis Pragae 50: 97–106.
- ↑ Fikáček, M.; Šípková, H. (2009). "New Asian Hydroscapha, with comments on male-female association of co-occurring species (Coleoptera, Myxophaga, Hydroscaphidae)" (PDF). Zootaxa 2286: 31–48. doi:10.11646/zootaxa.2286.1.2.
- ↑ Beutel, R G.; Haas, A. (1998). "Larval head morphology of Hydroscapha natans (Coleoptera, Myxophaga) with reference to miniaturization and the systematic position of Hydroscaphidae.]". Zoomorphology 118 (2): 103–116. doi:10.1007/s004350050061.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Hall, W. Eugene (2001). "4. Hydroscaphidae LeContre, 1874". En Arnett, Ross H. Jr.; Thomas, Michael C. American Beetles, Volume I: Archostemata, Myxophaga, Adephaga, Polyphaga: Staphyliniformia. CRC Press. pp. 27–29. ISBN 978-1-4822-7432-5.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hidroscáfidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Hidroscáfidos |
- Hydroscaphidae. Arquivado 12 de xaneiro de 2023 en Wayback Machine. Tree of Life.