Hiparquía
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 350 a. C. Maronia, Grecia (pt) |
Morte | c. 280 a. C. (69/70 anos) |
Actividade | |
Campo de traballo | Filosofía e Cinismo |
Lugar de traballo | Grecia Antiga |
Ocupación | filósofa |
Período de tempo | Período helenístico |
Movemento | Cinismo |
Profesores | Brison de Acaia (pt) |
Familia | |
Cónxuxe | Crates de Tebas |
Fillos | Pasicles |
Irmáns | Metrocles de Maroneia |
Descrito pola fonte | Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft A Biographical Dictionary of the Celebrated Women of Every Age and Country (en) |
Hiparquía (Ιπαρχία), nada en Maronea (Tracia) ca. 346 a. C. e finada ca. 300 a. C., foi unha das primeiras mulleres filósofas.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Irmá de Metrocles e de familia acomodada, deixouse levar polos discursos de Crates de Tebas. Agradábanlle tanto a vida e a dialéctica de Crates, que ningunha das vantaxes dos seus pretendentes (como a riqueza, a nobreza e a fermosura) a apartaron de seu propósito, pois para ela só existía Crates. De feito, chegou a ameazar ós seus pais con suicidarse se non casaba con el. Os pais de Hiparquía foron falar con Crates e pedíronlle que falase con ela para que cambiase a súa decisión. Crates tratou de disuadila mais non puido; así que, ao final púxose de pé e espiuse de toda a roupa ante ela e díxolle: "Este é o mozo, esta a túa facenda, delibera ante esta situación. Porque non serás a miña compañeira se non te fas con estes mesmos costumes". A moza fixo a elección e, tomando os mesmas costumes ca el marchou na compaña do seu marido.
Así adoptou o modo de vida dos filósofos cínicos (baseado no desprezo da propiedade e a crítica á orde establecida e ás convencións) e ía con el aos banquetes. Foi precisamente nun banquete na casa de Lisímico onde rebateu a Teodoro o alcumado o Ateo, dirixíndolle o seguinte sofisma: "O que non sería considerado delito se o fixera Teodoro, tampouco será considerado delito se o fai Hiparquía. Teodoro non comete delito se se golpea a si mesmo, logo tampouco o comete Hiparquía se golpea a Teodoro". El non contestou a esta frase pero arrincoulle o vestido. Hiparqía non se inmutou nin se azorou como calquera muller. Senón que, cando el lle dixo: "Esta é a que abandonou a lanzadeira no tear", respondeu: "Eu son, Teodoro. É que che parece que tomei unha decisión errónea sobre min mesma, ao dedicar o tempo que ía investir no tear na miña educación?".
Hiparquía era unha moza boa e compasiva cos pobres, achegábase a eles e prodigáballes axuda. Ademais participaba en torneos de oratoria e felicitábase por dedicar o seu tempo ao estudo no canto de tecer, como facían as mulleres gregas da súa condición.
Obras
[editar | editar a fonte]Deixou escritas traxedias de carácter filosófico, como se pode observar neste fragmento:
Non é a miña patria unha soa torre, nin un tellado, mais toda a terra me serve de cidadela e de morada disposta a cobixarme.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dióxenes Laercio: Vidas, opinións e sentencias dos filósofos más ilustres.
- García Gual, Carlos (2002). 4. Crates, o filántropo. La secta del perro . Alianza Editorial. pp. 87. ISBN 8420677671.