Hoatzín
Hoatzín Opisthocomus hoazin | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
No río Beni, Bolivia | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Área de distribución do hoatzín
| |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
O hoatzín[2] (Opisthocomus hoazin), é unha especie de ave tropical que vive en pantanos, bosques húmidos e mangleirais da bacía do río Amazonas e do delta do río Orinoco, en América do Sur.
Coñécense varias especies fósiles, incluíndo unha de África,[3] e outra de Europa.[4]
Características
[editar | editar a fonte]O hoatzín é do tamaño dun faisán, cunha lonxitude total de 65 cm, un longo pescozo e a cabeza pequena. A cara, sen plumas, é de cor azul; os ollos son de cor granate.
A cabeza está coroada por unha crista de plumas acabadas en punta e cor marela.
A cola é longa, de cor marrón pálida, acabada nunha punta ancha.
As partes superiores do corpo son escuras, cun bordo de cor marrón pálido nas coberteiras alaress, e raias no lombo e a caluga. As partes inferiores son brillantes, e os flancos son de cor castaña arrubiada (visíbeis só cando a ave abre as súas ás).[5]
Unha das súas característica diferencial é a de posuír poutas en dous dos seus dedos das ás.
Bioloxía
[editar | editar a fonte]Alimentación
[editar | editar a fonte]O hoatzín é herbívoro: come follas e froitos. Ten un aparello dixestivo infrecuente nas aves, moi amplo, adpatado para a fermentación da materia vexetal, dunha maneira en certo modo análoga ao aparello dixestivo dos mamíferos ruminantes. Estas aves desprenden un mal olor, causado pola fermentación dos alimentos no seu parello dixestivo.[6]
Costumes
[editar | editar a fonte]O hoatzín é unha especie ruidosa, cunha variedade de chamadas roucas, incluíndo xemidos, grallos, asubíos e gruñidos. Estas chamadas a miúdo asócianse con movementos corporais, como a expansión das ás.[5]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]É o único membro do xénero Opisthocomus,[7] o que o converte na única especie existente da familia dos opistocómidos,[8] e da orde dos opistocomiformes.[9]
A posición taxonómica da familia foi moi debatida e aínda está lonxe de ser clara.[5]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Xénero
[editar | editar a fonte]O nome do xénero, Opisthocomus, está formado pola unión dos elementos do latín científico Opistho- e -comus. O primeiro está tirado da raíz do adverbio do grego antigo ὂπισθεν ópisthen, 'detrás', 'cara a atrás'; e o segundo derviva do subatantivo do grego antigo κόμη kómē, 'pelo', 'cabeleira'. Literalmente: 'os de cabeleira cara a atrás', en referencia á súa gran crista de plumas.[5]
Especie
[editar | editar a fonte]O epiteto específico, hoazin, deriva do náhuatl huāctzin.[10]
Descrición da especie, sistemática e evolución
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita orixinariamente en 1766 polo zoólogo alemán Statius Müller, co nome Phasianus hoazin.[5]
Houbo moito debate sobre as relacións de hoatzín coas outras aves. Por mor das súas diferenzas foi situada na súa propia familia, a dos opistocómidos, e na súa propia orde, a dos opistocomiformes. En varias ocasións foi relacionado con outros taxa, como os tinamiformes, os galiformes, os rálidos, os otídidos (da orde dos gruiformes), os cariamiformes, gangas, columbiformes, musofáxidos, cuculiformes e coliiformes.[11]
En 2015, unha investigación xenética indicou que o hoatzín é o último membro supervivente dunha liña de aves que se desviou na súa propia dirección hai 64 millóns de anos, pouco despois do evento da extinción que acabou cos dinosauros.[12]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International (2016): Opisthocomus hoazin na Lista vermella da UICN. Versión 2018-2. Consulatada o 29 de xaneiro de 2019.
- ↑ Definición de hoatzín no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
- ↑ Mayr, G.; Alvarenga, H. & Mourer-Chauviré, C. (2011): "Out of Africa: Fossils shed light on the origin of the hoatzin, an iconic Neotropic bird". Naturwissenschaften 98 (11): 961–966.
- ↑ Gerald Mayr and Vanesa L. De Pietri (2014): "Earliest and first Northern Hemispheric hoatzin fossils substantiate Old World origin of a Neotropic endemic". Naturwissenschaften 101 (2): 143–148.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Thomas, B. T. 1996.
- ↑ Jackson, Tom (2015): DK Eyewitness Books: The Amazon. New York, NY, USA: DK Publishing. ISBN 978-1-4654-3566-8, p. 21.
- ↑ Opisthocomus Illiger, 1811 no ITIS.
- ↑ Opisthocomidae no ITIS.
- ↑ Opisthocomiformes no ITIS.
- ↑ hoatzin no Merriam-Webester Unabriged Dictionary.
- ↑ Jarvis, E. D. et al. (2014): "Whole-genome analyses resolve early branches in the tree of life of modern birds". Science 346 (6215): 1320–1331.
- ↑ Prum, Richard O.; Berv, Jacob S.; Dornburg, Alex; Field, Daniel J.; Townsend, Jeffrey P.; Lemmon, Emily Moriarty & Lemmon, Alan R. (2015): "A comprehensive phylogeny of birds (Aves) using targeted next-generation DNA sequencing". Nature 526: 569–573.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hoatzín |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Hoatzín |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Thomas, B. T. (1996): "Family Opisthocomidae (Hoatzins)". En: del Hoyo, Josep; Andrew, Jordi & Sargatal, Christie. Handbook of the Birds of the World. Volume 3, Hoatzins to Auks. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-87334-20-2, pp. 24–32.