Holly Hunter
Aparencia
Holly Hunter, nada en Conyers, Xeorxia o 20 de marzo de 1958, é unha actriz de cinema, teatro e televisión estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a actuar na universidade, en Pittsburgh, para logo marchar a Nova York, onde compartiu piso con Frances McDormand. Alí foi descuberta pola autora teatral Beth Henley.
Debutou no cinema co filme de terror The Burning, en 1981.
En 1993 rodou dous filmes polos que foi candidata aos oscar, The Piano, polo que gañou o oscar á mellor actriz, e The Firm, polo que foi candidata como actriz secundaria.
Produciu a serie de televisión Saving Grace, protagonizada por ela mesma.
É xorda do oído esquerdo.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Ano | Filme |
---|---|
1981 | The Burning |
1984 | Swing Shift |
1987 | Raising Arizona |
1987 | End of the Line |
1987 | A Gathering of Old Men |
1987 | Broadcast News |
1989 | Miss Firecracker |
1989 | Animal Behaviour |
1989 | Always, para sempre |
1993 | The Piano |
1993 | The Firm |
1995 | Copycat |
1995 | Home for the Holidays |
1996 | Crash |
1997 | A Life Less Ordinary |
1998 | Living Out Loud |
1999 | Jesus’ Son |
2000 | Woman Wanted |
2000 | Timecode |
2000 | O Brother, Where Art Thou? |
2000 | Things You Can Tell Just by Looking at Her |
2002 | Moonlight Mile |
2003 | Levity |
2003 | Thirteen |
2004 | Little Black Book |
2005 | Nine Lives |
2005 | The Big White |
2012 | Won’t Back Down |
2012 | Jackie |
2013 | Paradise |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Holly Hunter |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Holly Hunter na IMDb (en inglés).