Saltar ao contido

Hook, o capitán Garfo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Hook, o capitán Garfo
Ficha técnica
Título orixinalHook
DirectorSteven Spielberg
ProdutorFrank Marshall
Kathleen Kennedy
Gerald R. Molen
GuiónJames V. Hart
Malia Scotch Marmo
Baseado enObra de James Matthew Barrie
IntérpretesRobin Williams
Dustin Hoffman
Julia Roberts
Bob Hoskins
Charlie Korsmo
Amber Scott
Dante Basco
MúsicaJohn Williams
FotografíaDean Cundey
MontaxeMichael Kahn
EstudioAmblin Entertainment
DistribuidoraTriStar Pictures
Estrea1991
Duración144 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroAventuras, Fantástico
Orzamento$70 000 000[1]
Recadación$300 854 823
Na rede
IMDB: tt0102057 Filmaffinity: 397537 Allocine: 7280 Rottentomatoes: m/hook Mojo: hook Allmovie: v23072 TCM: 21019 Metacritic: movie/hook BNE: XX3828989 Netlix: 600346 Editar o valor en Wikidata

Hook, o capitán Garfo (en inglés: Hook) é un filme estadounidense de aventuras dirixido por Steven Spielberg que se estreou en 1991. O guión é obra de James V. Hart e Malia Scotch Marmo, e está protagonizado por Robin Williams como Peter Pan/Peter Banning, Dustin Hoffman como Capitán Garfo, Julia Roberts como Campaíña, Bob Hoskins como Smee, Maggie Smith como Avoa Wendy, Caroline Goodall como Moira Banning e Charlie Korsmo como Jack Banning. O filme é unha sorte de secuela da novela de J. M. Barrie Peter and Wendy, e conta a historia dun Peter Pan adulto que esqueceu a fantasía da súa nenez. Agora coñecido como "Peter Banning", é un avogado de éxito con muller e dous fillos. Garfo secuestra ós seus nenos, e Peter debe volver a "Nunca Xamais" para recuperar o seu espírito aventureiro para poder enfrontarse ó seu inimigo.

Spielberg comezou a desenvolver o filme a comezos dos anos 1980 con Walt Disney Productions e Paramount Pictures. Peter Pan entrou en pre produción en 1985, pero Spielberg abandonou o proxecto. James V. Hart creou un novo guión xunto co director Nick Castle e TriStar Pictures antes de que Spielberg decidise dirixilo en 1989. Hook foi rodado completamente en escenarios de Sony Pictures Studios en Culver City (California). Malia ter un mal recibimento por parte dos críticos, foi un éxito de recadación e foi nomeado en varias categorías da 64ª edición dos Oscar. A partir do filme realizáronse videoxogos, figuras de acción e adaptacións á banda deseñada.

Peter Pan (Robin Williams) é un prestixioso avogado e ten unha encantadora familia, pero perdeu o contacto con algo marabilloso: a súa infancia. Porén, cando os seus fillos son secuestrados polo seu antigo inimigo, o Capitán Garfo (Dustin Hoffman), e son levados ó País de Nunca Xamais, tamén el terá que viaxar a ese reino encantado, onde, coa axuda de Campaíña (Julia Roberts), poderá recuperar non só ós seus fillos, senón tamén ó neno que un día foi.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Galardóns e nomeamentos

[editar | editar a fonte]

1991: 5 nomeamentos ó Oscar: dirección artística, canción, vestiario, maquillaxe e efectos visuais. 1991: Nomeada ó Globo de Ouro: Mellor actor comedia ou musical (Dustin Hoffman).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]