Saltar ao contido

Imperio Songai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaImperio Songai

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 16°N 0°L / 16, 0
CapitalGao (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Lingua oficialLínguas songai (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónIslam Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación1464 Editar o valor en Wikidata
Disolución12 de marzo de 1591 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernomonarquía Editar o valor en Wikidata
Moedacowrie currency (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Expansión territorial c. 1500

O Imperio Songai (Songhai) ou Imperio Sonrai[Cómpre referencia] foi un estado pre-colonial africano e unha gran civilización da África Occidental que se desenvolveu en áreas pertencentes sobre todo o actual estado de Malí.

Do inicio do século XV até o final do XVI, Songai foi un dos maiores imperios africanos da historia. Tiña o mesmo nome do seu grupo étnico líder, os songais. A súa capital era a cidade de Gao, onde un pequeno estado songai xa existía desde o século XI. A súa base de poder era sobre a volta do río Níxer nos actuais Níxer e Burkina Faso.

Antes do Imperio Songai a rexión fora dominada polo Imperio de Malí, unha das civilizacións máis ricas da historia do mundo. Malí tornouse famoso debido á súa inmensa riqueza obtida a través do comercio co mundo árabe, e os lendários haje de Mansa Musa. No inicio do século XV, o Imperio de Malí comezou a declinar. As disputas pola sucesión enfraqueceron a coroa e moitos se afastaron. Os songais foron uns deles, facendo a cidade prominente de Gao a súa nova capital.

O Estado dos songais orixinouse na rexión de Dendi, do noroeste de Nixeria, no século VIII. O ano 800, estabeleceron unha cidade do mercado florescente en Gao. Aceptaron o islam en torno ao ano 1000. Durante séculos, dominaron os pequenos estados adxacentes mentres que eran controlados polo poderoso Imperio de Malí do Oeste. Os songais vivían da pesca e do comercio local de ouro e sal. O século XV, os songais conquistaron Malí, formando un único imperio,tamén mantiñan a agricultura e o pastoreo.[1][2][3][4][5]

  1. "Songai". Aulete. Consultado o 12/07/2016. 
  2. Enciclopédia brasileira mérito 19. Río de Janeiro: Editora Mérito S. A. 1967. p. 475. 
  3. Grande enciclopédia portuguesa e brasileira 29. Lisboa: Editorial Enciclopédia. p. 647. 
  4. Dicionário enciclopédico brasileiro, ilustrado. Porto Alegre: Editora Globo. 1965. p. 1212. 
  5. Enciclopédia Barsa 11. São Paulo: Encyclopaedia Britannica Editôres. 1967. p. 140. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.