Incitatus
Aparencia
Incitatus foi o cabalo favorito do emperador romano Calígula, cabalo de carreiras de orixe hispano. Vivía nunha corte de mármore con presebe de marfil ata que Calígula mandou construír unha vila para o seu uso exclusivo, con 18 servintes para o seu coidado. Durmía con mantas purpúreas e levaba colares de pedras preciosas. Cóntanos Suetonio que o emperador puxérao na lista de senadores e queríao nomear cónsul.
Incitatus participaba nas competicións celebradas en Roma, e a noite antes de cada competición Calígula durmía con el e decretaba silencio xeral en toda a cidade. Quen non cumprise podía ser condenado a morte.