Intercesión da Nai de Deus
A Intercesión da Nai de Deus, coñecida en eslavo eclesiástico como Pokrov (Покровъ, "protección") e en grego como Skepê (Σκέπη), é unha festividade da Virxe María celebrada na Igrexa Ortodoxa e nas Igrexas orientais católicas o 14 de outubro (1 de outubro segundo o calendario xuliano). A festividade celebra a protección subministrada os fieis por medio da intercesión da Theotokos (a Nai de Deus). A festividade celébrase conxuntamente en todas as Igrexas Ortodoxas orientais, pero onde se celebra con máis fervor é en Rusia, Belarús e Ucraína. É unha das festividades máis importantes do ano litúrxico na Igrexa Ortodoxa Rusa e en Rusia é unha das solemnidades máis importante tras a Resurrección de Xesús e as Doce Grandes Festas da Igrexa Ortodoxa.