Jakub Błaszczykowski
Jakub Błaszczykowski, nado o 14 de decembro de 1985 en Truskolasy, é un futbolista polaco. Xoga de centrocampista e o seu club actual é o VfL Wolfsburg. É o capitán da Selección de fútbol de Polonia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Club
[editar | editar a fonte]Comezou a súa carreira por varios equipos polacos, antes de fichar polo Wisła Kraków. Conseguiu rapidamente chegar ao primeiro equipo, e xogou o seu primeiro partido na Ekstraklasa o 20 de marzo de 2005 contra o Polonia Warsaw.
En febreiro de 2007, Błaszczykowski asinou un contrato de catro anos co Borussia Dortmund. Anotou o seu primeiro gol na Bundesliga o 25 de abril de 2008 contra o Eintracht Frankfurt, nun partido que remataría con empate a un gol. Gañou dúas ligas consecutivas co Borussia Dortmund, nas tempadas 2010-11 e 2011-12. Gañou ademais a Copa de Alemaña na tempada 2011-12, tras gañarlle 5-2 ao Bayern de Múnic.[1]
Selección
[editar | editar a fonte]Błaszczykowski debutou coa selección de Polonia nun amigable contra Arabia Saudita o 28 de marzo de 2006. Foi incluído no equipo polaco para disputar a Eurocopa de Austria/Suíza de 2008, pero mancouse e tivo que retirarse da concentración.
Foi incluído tamén no equipo da selección polaca para a disputa da Eurocopa de Polonia/Ucraína de 2012.
Palmarés
[editar | editar a fonte]Club
[editar | editar a fonte]- Wisła Kraków
- Ekstraklasa: 1
- 2004–05
- Borussia Dortmund
- Bundesliga: 2
- 2011–12
- Supercopa de Alemaña: 1
- 2008
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Król Lewandowski, Borussia z pucharem!" (en polaco). przegladsportowy.pl. 12 de maio de 2012. Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2012. Consultado o 12 de maio de 2012.