James Harden
(2022) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (en) James Edward Harden 26 de agosto de 1989 (35 anos) Os Ánxeles, Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Artesia High School (en) Universidade do Estado do Arizona (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 196 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 100 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2009 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Escolta e Base | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 13 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Oklahoma City Thunder | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2014 | Campionato do Mundo de Baloncesto de 2014 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2012 | Xogos Olímpicos de 2012 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
James Edward Harden Jr., nado nos Ánxeles (California) o 26 de agosto de 1989, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que pertence ao equipo dos Los Angeles Clippers da National Basketball Association (NBA). Con 1,96 metros de altura xoga na posición de escolta.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Universidade
[editar | editar a fonte]Xogou dúas tempadas cos Sun Devils da Universidade Estatal de Arizona, onde acadou 19 puntos e 5,5 rebotes por partido.[1] Na súa segunda tempada foi un dos 50 finalistas no prestixioso Premio John R. Wooden.[2] Conseguiu a súa mellor marca anotadora o 30 de novembro de 2008, ao conseguir 40 puntos ante UTEP.[3] Foi elixido mellor xogador do torneo da Pacific-10 Conference tras derrotar a USC no Staples Center, e posteriormente xogador do ano da conferencia, ademais de entrar no primeiro equipo All-American.[4] Tras dous anos na universidade, declarouse elixible para o draft de 2009.[5]
Estatísticas
[editar | editar a fonte]Tempada | Equipo | P | PTS | REB | AST | ROUB | TAP | %TC | %3P | %TL | MIN | PER |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2007-08 | Arizona State Sun Devils | 34 | 17.8 | 5.3 | 3.2 | 2.1 | 0.6 | .527 | .407 | .754 | 34.1 | 2.6 |
2008-09 | Arizona State Sun Devils | 35 | 20.1 | 5.6 | 4.2 | 1.7 | 0.3 | .489 | .356 | .756 | 35.8 | 3.4 |
Total: | 69 | 19.0 | 5.4 | 3.7 | 1.9 | 0.4 | .506 | .376 | .755 | 35.0 | 3.0 |
Profesional
[editar | editar a fonte]Oklahoma City Thunder (2009-2012)
[editar | editar a fonte]Harden foi elixido na terceira posición do Draft da NBA do 2009 polos Oklahoma City Thunder.[6] Isto fixo que se convertera no primeiro xogador drafteado polos Oklahoma City Thunder dende que a franquía tivo ese nome.
Na súa primeira tempada na NBA, Harden xogou máis de 22 minutos por partido, facendo 9.9 puntos por encontro. Foi elixido no segundo equipo de rookies ao remate da tempada. No seu segundo ano, xogou nos 82 partidos da tempada regular, con 12.2 puntos de media. Nos playoffs acadou 13.0 puntos por partido, cunha porcentaxe de 47% de tiros de campo.
O 18 de abril de 2012, anotou 40 puntos na vitoria por 109-97 contra os Phoenix Suns, a máxima anotación da súa carreira. A tempada 2011-12 foi a súa mellor tempada dende que chegou á NBA, con 16.8 puntos en 31.4 minutos por partido, aínda que tan só xogou 2 partidos de 62 coma titular. Ao remate da tempada, foi elixido coma Mellor Sexto Home da NBA, converténdose no segundo xogador máis novo en conseguilo. Liderou aos suplentes da NBA con 16.8 puntos por partido.[7]
Houston Rockets (2012-2021)
[editar | editar a fonte]O 27 de outubro de 2012, Harden foi traspasado ós Houston Rockets xunto a Cole Aldrich, Daequan Cook e Lazar Hayward a cambio de Kevin Martin, Jeremy Lamb e varias futuras eleccións do Draft.[8] Este traspaso produciuse despois de que Harden rexeitara unha oferta de renovación por catro anos e 52 millóns de dólares cos Thunder, quen traspasaron ó escolta inmediatamente despois da súa negativa.
O 31 de outubro de 2012, asinou un contrato por 5 anos e 80 millóns de dólares cos Rockets.[9] O mesmo día produciuse o seu debut contra os Detroit Pistons. Os Rockets gañaron por 105-96 en Detroit, e Harden conseguiu 37 puntos, 12 asistencias, 6 rebotes e 4 roubos de balón.[10] Desta forma, Harden igualou a terceira mellor marca de anotación dun xogador que debuta co seu novo equipo, tan só superado por Kiki Vandeweghe, que anotou 47 puntos cos Portland Trail Blazers, e Wilt Chamberlain, con 43 puntos para os Philadelphia Warriors no seu debut na NBA.
Brooklyn Nets (2021-2022)
[editar | editar a fonte]O 14 de xaneiro de 2021, Harden foi traspasado ós Brooklyn Nets nun traspaso entre catro equipos que mandou a Rodions Kurucs, Dante Exum, Victor Oladipo, catro eleccións da primeira rolda do Draft e catro intercambios de elección da primeira rolda ós Rockets.[11][12]
Philadelphia 76ers (2022-2023)
[editar | editar a fonte]O 10 de febreiro de 2022, Harden foi traspasado xunto a Paul Millsap ós Philadelphia 76ers a cambio de Ben Simmons, Seth Curry, Andre Drummond e dúas eleccións da primeira rolda do Draft.[13]
Los Angeles Clippers (2023-presente)
[editar | editar a fonte]O 1 de novembro de 2023, os Los Angeles Clippers adquiriron a Harden xunto a P.J. Tucker e Filip Petrušev, a cambio de Nicolas Batum, Kenyon Martin Jr., Robert Covington e Marcus Morris.[14]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ficha de Harden en TDR
- ↑ "2008-2009 John R. Wooden Award Preseason Top 50 List". Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2009. Consultado o 11 de outubro de 2009.
- ↑ UTEP Miners vs. Arizona State Sun Devils - Box Score - November 30, 2008
- ↑ "Arizona State's James Harden Named USBWA First Team All-American". Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2009. Consultado o 11 de outubro de 2009.
- ↑ "James Harden Declares Entry to NBA Draft". Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2009. Consultado o 11 de outubro de 2009.
- ↑ "2009 NBA Draft". Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2009. Consultado o 11 de outubro de 2009.
- ↑ "Thunder's James Harden wins Kia Sixth Man Award". Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2012. Consultado o 12 de maio de 2012.
- ↑ "Thunder trade Harden to Rockets for Martin, Lamb and picks". Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2012. Consultado o 28 de outubro de 2012.
- ↑ "Rockets sign new pickup Harden to five-year deal". Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2012. Consultado o 01 de novembro de 2012.
- ↑ "Notebook: Rockets 105, Pistons 96". Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2012. Consultado o 01 de novembro de 2012.
- ↑ "Brooklyn Nets Acquire James Harden". NBA.com. 14 de xaneiro de 2021. Consultado o 17 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Rockets Announce Revised Four-Team Trade". NBA.com. 16 de xaneiro de 2021. Consultado o 17 de xaneiro de 2021.
- ↑ "76ers Acquire Seven-Time All-NBA Selection James Harden and Four-Time All-Star Paul Millsap in Trade with Brooklyn Nets". NBA. 10 de febreiro de 2022. Consultado o 11 de febreiro de 2022.
- ↑ "Three-Team Deal with LA Clippers, Oklahoma City Thunder Completed". NBA.com. 1 de novembro de 2023. Consultado o 1 de novembro de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 10 de xuño de 2021 en Wayback Machine. (en inglés)
- Nados en 1989
- Nados nos Ánxeles
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Xogadores de baloncesto olímpicos dos Estados Unidos de América
- Xogadores dos Oklahoma City Thunder
- Xogadores dos Houston Rockets
- Xogadores dos Brooklyn Nets
- Xogadores dos Philadelphia 76ers
- Xogadores dos Los Angeles Clippers
- Eleccións no Draft da NBA dos Oklahoma City Thunder
- Escoltas de baloncesto
- MVP da Tempada da NBA
- Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2012
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2012
- Medallistas olímpicos de ouro polos Estados Unidos de América
- Medallistas olímpicos en baloncesto