Saltar ao contido

Joe DiMaggio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJoe DiMaggio

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(it) Giuseppe Paolo DiMaggio Editar o valor en Wikidata
25 de novembro de 1914 Editar o valor en Wikidata
Martinez, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte8 de marzo de 1999 Editar o valor en Wikidata (84 anos)
Hollywood, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro de pulmón Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaHoly Cross Cemetery (en) Traducir, Section I, Row 11 Area 6/7 37°40′17″N 122°26′45″O / 37.67131, -122.44585 Editar o valor en Wikidata
EducaciónGalileo Academy of Science and Technology (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lateralidadedestro Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbeisbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade3 de maio de 1936 Editar o valor en Wikidata - 30 de setembro de 1951 Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Conflitosegunda guerra mundial Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebéisbol Editar o valor en Wikidata
LigaMajor League Baseball Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCampista central (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1936–1942 New York Yankees
1946–1951 New York Yankees
Familia
CónxuxeMarilyn Monroe (1954–1955), divorcio
Dorothy Arnold (1939–1944), divorcio Editar o valor en Wikidata
IrmánsDom DiMaggio
Vince DiMaggio Editar o valor en Wikidata
Premios

Páxina webjoedimaggio.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0227154 Musicbrainz: 79f0fa50-572e-4323-890d-26a356bd48de Discogs: 1517513 WikiTree: DiMaggio-19 Find a Grave: 4701 Editar o valor en Wikidata

Joseph Paul DiMaggio (Giuseppe Paolo DiMaggio), nado en Martinez, California, o 25 de novembro de 1914 e finado en Hollywood, Florida o 8 de marzo de 1999, alcumado "Joltin' Joe" e "The Yankee Clipper", foi un xogador de béisbol estadounidense da Major League Baseball que xogou profesionalmente nos New York Yankees ao longo da súa carreira.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Infancia e mocidade

[editar | editar a fonte]

DiMaggio naceu en Martinez, California,[1] sexto de sete fillos dos inmigrantes italianos Giuseppe (1872–1949) e Rosalia (de solteira Lucido; 1878–1951) DiMaggio, de Isola delle Femmine, Sicilia. O seu pai era pescador e quería que os seus fillos continuasen o oficio,[2] mais só o fixeron os dous máis vellos, mentres que tres (Joe, Vince e Dom) se converteron en xogadores das ligas maiores de béisbol.

Comezou a súa carreira nas ligas menores nos San Francisco Seals cos que xogou tres temporadas. En 1933 gañou 61 partidos consecutivos bateando cunha media de 340, con 28 homeruns e 169 RBI.[3]

"The Yankee Clipper"

[editar | editar a fonte]

Os Yankees adquirírono por 50 000 dólares e cinco xogadores para xogar durante a tempada de 1936.[4] Non debutou ata o 3 de maio por unha lesión na perna; a súa eficacia no ataque foi de 3-6. Esa temporada bateou por unha media de 323 e 29 homeruns (dous nunha soa entrada), marcou 132 carreiras, 125 RBI e 15 triplos.

En 1941 realizou a fazaña de 56 xogos consecutivos bateando polo menos un hit, que comezou o 15 de maio e rematou o 17 de xullo.[5] Moitos expertos consideran que esta marca é a maior proeza da historia do béisbol. Despois do partido en que rematou a racha, anotou 17 xogos consecutivos con polo menos un imparable. En 1942 rematou a súa primeira etapa nas grandes ligas, xa que serviu nas forzas armadas do seu país na segunda guerra mundial.

Cando se retirou en 1951 alcanzou unha media de 325 por vida. Gañou tres títulos de bateo e foi elixido tres veces como o xogador máis valioso (1939, 1941 e 1947). Cos Yankees gañou dez títulos de liga. En 1955 foi incluído no Salón da Fama do Béisbol e nunha enquisa de 1969 foi votado o mellor xogador vivo.[6]

Pasamento

[editar | editar a fonte]
Tumba de Joe DiMaggio en Colma, California

DiMaggio, gran fumador durante parte da súa vida adulta,[7] ingresou no Memorial Regional Hospital de Hollywood, Florida, o 12 de outubro de 1998, para ser operado de cancro de pulmón e permaneceu alí durante 99 días.[8] Regresou á súa casa en Hollywood, Florida, o 19 de xaneiro de 1999 e morreu alí aos 84 anos o 8 de marzo.

O funeral de DiMaggio celebrouse o 11 de marzo de 1999 na igrexa católica de San Pedro e San Paulo en San Francisco. Foi enterrado no cemiterio Holy Cross en Colma, California. O fillo de DiMaggio morreu ese mesmo ano en agosto, aos 57 anos.[9]

Matrimonios

[editar | editar a fonte]

Dorothy Arnold

[editar | editar a fonte]

DiMaggio e Dorothy Arnold casaron na igrexa de San Pedro e San Paulo de San Francisco o 19 de novembro de 1939, con 20 000 seguidores abarrotando as rúas. O seu fillo, Joseph Paul DiMaggio Jr. (1941–1999), naceu no Doctors Hospital de Staten Island.[10] A parella divorciouse en 1944 mentres estaba de permiso dos Yankees durante a segunda guerra mundial.

Marilyn Monroe

[editar | editar a fonte]
DiMaggio e Marilyn Monroe no Hotel Imperial de Tokyo na súa lúa de mel

Segundo a súa autobiografía My Story, escrita pola "fantasma" Ben Hecht,[11] Marilyn Monroe orixinalmente non quería coñecer a DiMaggio, temendo que fose un deportista arrogante estereotipado. Aínda que ela padecía endometriose,[12] Monroe e DiMaggio expresaron aos xornalistas o seu desexo de formar unha familia.

A relación foi perturbada desde o principio polos celos e a actitude controladora de DiMaggio; tamén era fisicamente abusivo.[13] Despois de regresar a Hollywood desde Nova York en outubro de 1954, Monroe solicitou o divorcio de DiMaggio despois de só nove meses de matrimonio. Despois do fracaso do seu matrimonio, DiMaggio entrou en terapia, deixou de beber alcohol e expandiu os seus intereses alén do béisbol.[14]

DiMaggio volveu a entrar na vida de Monroe cando o seu matrimonio con Arthur Miller estaba a rematar. O 10 de febreiro de 1961 conseguiu a súa liberación da clínica psiquiátrica Payne Whitney en Manhattan. Xuntouse a el en Florida, onde estaba a adestrar aos Yankees. A súa afirmación de seren "só amigos" non impediu que voasen os rumores sobre un novo matrimonio.

Segundo a biografía de Maury Allen, DiMaggio estaba alarmado pola forma en que Monroe se involucraba con persoas que consideraba prexudiciais para o seu benestar. Val Monette, propietario dunha compañía de subministración militar, díxolle a Allen que DiMaggio deixou o seu traballo o 1 de agosto de 1962, porque decidiu pedir a Monroe que casase de novo con el.

Catro días despois, o 5 de agosto, Monroe foi atopada morta na súa casa de Brentwood, Os Ánxeles, despois de que a empregada do fogar Eunice Murray chamase o psiquiatra de Monroe, o doutor Ralph Greenson. O fillo de DiMaggio falara con Monroe por teléfono a noite da súa morte e dixo que parecía estar ben.[15] A súa morte foi considerada un probable suicidio polo "forense das estrelas" Thomas Noguchi. Tamén foi obxecto de teorías conspirativas.

Devastado, DiMaggio reclamou o seu corpo e organizou o seu funeral no cemiterio Westwood Village Memorial Park; prohibiu a participación da elite de Hollywood, así como de membros da familia Kennedy, incluído o entón presidente John F. Kennedy. Mandou colocar media ducia de rosas vermellas tres veces á semana na súa cripta durante 20 anos.[16] Rexeitou falar dela publicamente ou explorar a súa relación doutro xeito e nunca volveu casar. Segundo o avogado de DiMaggio, Morris Engelberg, as últimas palabras de DiMaggio foron: "Por fin vou ver a Marilyn". Non obstante, o irmán de Joe, Dominic, desafiou a versión de Engelberg dos últimos momentos de Joe, así como os seus motivos.[17][18]

  1. "Joe DiMaggio Jr.; Son of Yankees Baseball Legend Led Troubled Life". Los Angeles Times. 8 de agosto de 1999. Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2019. Consultado o 14 de febreiro de 2020. 
  2. Schwartz, Larry. "Joltin' Joe was a hit for all reason". ESPN. Arquivado dende o orixinal o 5 de febreiro de 2009. Consultado o 12 de marzo de 2009. 
  3. Nemec, David; Flatow, Scott (2008). Great Baseball Feats, Facts and Figures. A Signet Book (2008 ed.). Nova York: Penguin Group. p. 210. ISBN 978-0-451-22363-0. 
  4. "Yankees Timeline". New York Yankees. Arquivado dende o orixinal o 6 de setembro de 2015. Consultado o 21 de setembro de 2015. 
  5. Arbesman, Samuel; Strogatz, Steven (30 de marzo de 2008). "A Journey to Baseball's Alternate Universe". The New York Times. Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2017. Consultado o 9 de febreiro de 2017. 
  6. Callahan, Gerry (July 19, 1999). "Hank Or Ted Or Willie Or...:Who's the best living ballplayer now that Joe DiMaggio's gone?". Sports Illustrated. Arquivado dende o orixinal o 3 de febreiro de 2014. Consultado o 16 de setembro de 2009. 
  7. "JOE DIMAGGIO 1914-1999: Goodbye, Joe". web.archive.org. 2019-08-04. Archived from the original on 04 de agosto de 2019. Consultado o 2020-12-18. 
  8. Berkow, Ira (1998-11-25). "Sports of The Times; DiMaggio, Failing, Is 84 Today (Published 1998)". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2020-12-18. 
  9. "TheDeadballEra.com :: Joe Dimaggio Jr's Obit". web.archive.org. 2010-10-20. Archived from the original on 20 de outubro de 2010. Consultado o 2020-12-18. 
  10. "JOE DIMAGGIO 1914–1999"San Francisco Examiner 9 de marzo de 1999. Consultado o 4 de agosto de 2009 Arquivado 1 de abril de 2005 en Wayback Machine.
  11. cursumperficio.net
  12. Fraser, IS (2008). "Recognising, understanding and managing endometriosis". J Hum Reprod Sci 1 (2): 56–64. PMC 2700667. PMID 19562047. doi:10.4103/0974-1208.44112. 
  13. Donahue, Anne T. (15 de setembro de 2014). "'That silly little dress': the story behind Marilyn Monroe's iconic scene". Arquivado dende o orixinal o 6 de agosto de 2019. Consultado o 21 de xullo de 2019 – vía www.theguardian.com. 
  14. "50 things you didn't know about Marilyn Monroe". The Sydney Morning Herald (en inglés). 2012-08-03. Consultado o 2020-12-18. 
  15. Huber, Robert (xuño de 1999). "Joe DiMaggio Would Appreciate It Very Much If You'd Leave Him the Hell Alone". Esquire. 
  16. Durso, Joseph (1999-03-09). "Joe DiMaggio, Yankee Clipper, Dies at 84 (Published 1999)". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2020-12-18. 
  17. O'Keeffe, Michael. "Joe D's Brother Takes Swing". nydailynews.com. Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2020. Consultado o 2020-12-18. 
  18. O'Keeffe, Michael; Madden, Bill; Cyphers, Luke. "Joe D & Morris: The Final Days How Lawyer Crony Isolated the Dying DiMaggio". nydailynews.com. Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2020. Consultado o 2020-12-18. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]