Saltar ao contido

Johan Ernst Gunnerus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJohan Ernst Gunnerus

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento26 de febreiro de 1718 Editar o valor en Wikidata
Christiania, Noruega (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte25 de setembro de 1773 Editar o valor en Wikidata (55 anos)
Kristiansund, Noruega (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Q115858797 Traducir
1758 – 1773
← Frederik Nannestad (pt) TraducirMarcus Frederik Bang (mul) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Grupo étnicoPobo noruegués Editar o valor en Wikidata
RelixiónLuteranismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoBotánica, Micoloxía, Ornitoloxía e teoloxía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbotánico, liquenólogo, teólogo, profesor universitario, micólogo, filólogo, zoólogo, briólogo, sacerdote, ornitólogo, pteridólogo, filósofo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Copenhague Editar o valor en Wikidata
Membro de
ProfesoresErik Nicolai Arbien (en) Traducir e Jacob Rasch (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Abreviación dun autor en botánicaGunnerus Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata

Johan Ernst Gunnerus, nado en Christiania (Oslo) o 26 de febreiro de 1718 e finado en Kristiansund (Noruega) o 23 de setembro de 1773, foi un naturalista, profesor, botánico, micólogo e bispo noruegués.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Gunnerus naceu en Christiania. Foi bispo de Trondheim desde 1758, e profesor de teoloxía na Universidade de Copenhaguen.

Gunnerus tiñaa un grande interese pola historia natural e acumulou unha gran colección de espécimes das súas excursións polo centro e o norte de Noruega. Tamén solicitaba aos seus coñecidos que llos enviaran.

Xunto co historiador Gerhard Schönning e Peter Friederich Suhm fundou a Sociedade Trondheim en 1760.

En 1767 recoñecéuselle o seu labor nomeándoo membro da Real Sociedade das Ciencias e as Letras de Noruega, da que foi vicepresidente e Director Perpetuus desde 1767 a 1773.

A Sociedade comezou a publicar, en 1761, un semanario titulado Det Trondhiemske Selskabs Skrifter, actualmente publicado como Det Kongelige Norske Videnskabers Selskabs Skrifter.

En 1765 Gunnerus publicou a descrición dun tiburón neste semanario, dándolle o nome científico de Squalus maximius, hoxe denominado Cetorhinus maximus (Gunnerus).

Gunnerus foi o primeiro en suxerir que as luces do norte (auroras boreais estaban causadas polo Sol, e que tamén podería haber auroras polares ao redor da Lúna, Venus e Mercurio.

Epónimos

[editar | editar a fonte]

O xénero de plantas Gunnera L. 1756 foi nomeado na súa honra.

Abreviaturas

[editar | editar a fonte]
  • A abreviatura Gunnerus emprégase para indicar a Johan Ernst Gunnerus como autoridade na descrición e clasificación científica en botánica.
  • A abreviatura Gunnerus emprégase para indicar a Johan Ernst Gunnerus como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]