Saltar ao contido

José Sacristán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Sacristán

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de setembro de 1937 Editar o valor en Wikidata (87 anos)
Chinchón (Segunda República Española) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor, director de cinema Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1960 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0755364 Allocine: 10346 Allmovie: p62549
BNE: XX1042121 Musicbrainz: c6fc7b9c-ff3a-4c07-8751-ffe9f3dea387 Editar o valor en Wikidata

José Sacristán, nado en Chinchón (Madrid) o 27 de setembro de 1937 é un actor español de cinema, teatro e televisión.

Integrante do grupo de actores do chamado “landismo”, a súa carreira e orientación deu un xiro importante a partir da Transición Española, con filmes tan relevantes como Un hombre llamado Flor de Otoño ou Asignatura pendiente, que lle permitiron enriquecer o seu rexistro interpretativo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado en Chinchón, estudou na Institución Sindical de Formación Profesional Virgen de la Paloma, entón administrada pola congregación Salesiana, pero abandonou o centro para traballar desde a súa adolescencia nun taller mecánico.

Cando estaba realizando o servizo militar en Melilla, decidiu dedicarse á interpretación, deixando o seu traballo de mecánico para seguir a súa vocación teatral. Interesouse no teatro independente e comezou no Teatro Infanta Isabel de Madrid. Actuou como afeccionado ata 1960, ano no que debutou como profesional. A súa entrada no mundo cinematográfico deuse na década dos sesenta, con papeis secundarios que pouco a pouco irán adquirindo importancia. O seu debut no tivo lugar en La familia y uno más e logo virían as comedias atrevidas da época.Estivo incluído no grupo de actores máis comerciais do cinema español da década de 1970, xunto con Alfredo Landa e José Luis López Vázquez.

Sacristán revelouse como un excelente actor dramático en traballos como Un hombre llamado Flor de Otoño, de Pedro Olea, La colmena, de Mario Camus ou El pájaro de la felicidad, de Pilar Miró.

Con máis dun centenar de filmes na súa carreira, tamén destacou como director, dirixindo e protagonizando Soldados de plomo (1983), Cara de acelga (1987), onde tamén foi o responsable do guión xunto con Carlos Pérez Merinero, e Yo me bajo en la próxima, ¿y usted? (1992), na que compartiu protagonismo con Concha Velasco.

Estreitamente vinculado ao teatro, entre os seus traballos destacan musicais como El hombre de La Mancha e My Fair Lady nos que compartiu escenario con Paloma San Basilio e nos que mostrou unha faceta ata agora descoñecida.

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

O 2 de xullo de 2021 recibiu o Premio Nacional de Cine 2021.[1]

Filmografía

[editar | editar a fonte]

Televisión

[editar | editar a fonte]
  1. Europa Press (2 de xullo de 2021). "El actor José Sacristán, Premio Nacional de Cine 2021". elprogreso.es (en castelán). Consultado o 7 de xullo de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]