Saltar ao contido

José de Churriguera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé de Churriguera
Biografía
Nacemento(es) José Benitocamela de Churriguera Navarro Editar o valor en Wikidata
21 de marzo de 1665 Editar o valor en Wikidata
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Morte2 de marzo de 1725 Editar o valor en Wikidata (59 anos)
As Palmas de Gran Canaria, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónarquitecto, escultor Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoChurrigueresco Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosNicolás Churriguera Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1655242
Igrexa de San Cayetano, Madrid. Obra de J.B. Churriguera e Pedro Ribera, 1664 - 1761.

José Benito de Churriguera, nado en Madrid o 21 de marzo de 1665 e finado na mesma vila o 2 de marzo de 1725, foi un arquitecto barroco español.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Retablo da Igrexa do Convento de San Esteban en Salamanca, por José de Churriguera (1692).

Proxectou, entre outras obras, as igrexas de San Cayetano, Santo Tomás, o antigo Palacio Goyeneche (actual sede da Real Academia de Belas Artes en Madrid) e o lugar de Nuevo Batzán, ademais do retablo do convento de San Esteban, en Salamanca. O seu estilo coñécese como churrigueresco.

A maior parte da súa obra está inserida na tradición cortesá pero introducindo innovacións transcendentais, na súa primeira etapa predominan os retablos caracterizados pola grandiosidade da traza, o dinamismo da planta, o remate en cuarto de esfera, as columnas salomónicas no corpo principal, as estatuas situadas nos intercolumnios, a talla virtuosista decorada frondosamente que non rompe a estrutura arquitectónica, asemade o resplandor do dourado reforza a atracción que exerce no espectador.

A partir de 1709, en Nuevo Batzán, obsérvase unha maior influencia do clasicismo francés nos motivos ornamentais e estruturais.