Joyce Banda
Joyce Hilda Banda[1], nada en Zomba o 12 de abril de 1950, é unha avogada e política malauí. Exerceu a Presidencia da República desde o 7 de abril de 2012 até o 31 de maio de 2014, tralo falecemento do presidente Bingu wa Mutharika, converténdose na primeira muller en asumir a presidencia do país na historia e a segunda muller na historia de África en ser xefa de estado, despois de Ellen Johnson Sirleaf presidenta da República de Liberia.[2] De 2009 a 2012 asumira a vicepresidencia do país.[3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi membro do parlamento pola circunscrición de Zomba-Malosa e ministra de xénero, benestar do neno e servizos comunitarios ata que foi nomeada ministra de asuntos exteriores o 1 de xuño de 2006 polo presidente Bingu wa Mutharika. En 2009 asumiu a vicepresidencia do país, cargo que ocupou até 2012 cando se converteu na primeira muller presidenta da república e a segunda xefa de estado da historia de África.[3]
É a fundadora da Asociación Nacional de Mulleres de Negocios.[1]
En 2011 foi considerada pola revista Forbes como a terceira muller máis poderosa do continente africano.[4]
Tamén en 2011 fundou o Partido Popular, agrupación política que lidera e antes do falecemento de Bingu wa Mutharika era considerada a forza que podía disputarlle a presidencia nas eleccións xerais de 2014.[5]
Durante a elección presidencial de 2014 denunciou a falta de transparencia e tempo para estes comicios e pediu ao Tribunal Electoral suspender a constitución, isto despois de que o consello anunciase como gañador ao opositor Peter Mutharika, irmán do expresidente Bingu Wa. Con todo, o Tribunal fixo oídos xordos e finalmente o 31 de maio foi xuramentado Peter como novo presidente de Malaui.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Malawi" (PDF). Ministerio de Asuntos Exteriores del Reino de España. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 5 de xaneiro de 2010.
- ↑ "Malawi's President Mutharika dead". Reuters (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 06 de abril de 2012. Consultado o 28 de marzo de 2021.
- ↑ 3,0 3,1 "Mutharika starts second term as Malawi president" (en inglés). AFP. 18 de maio de 2009. Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2012. Consultado o 18 de decembro de 2009.
- ↑ "The 20 most powerful women in Africa, no3: Joyce Banda". Forbes (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2012. Consultado o 9 de abril de 2012.
- ↑ [Ligazón morta]