Juan Jover
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (ca) Joan Jover Sañés 23 de novembro de 1903 Barcelona, España |
Morte | 28 de xuño de 1960 (56 anos) Sitges, España |
Causa da morte | accidente de tráfico |
Actividade | |
Ocupación | piloto de Fórmula Un, piloto de automobilismo, piloto de motociclismo |
Deporte | automobilismo Motociclismo |
Participou en | |
24 Horas de Le Mans |
Juan Jover Sañés, nado en Barcelona o 23 de novembro de 1903 e finado preto de Sitges o 28 de xuño de 1960 foi un piloto de carreiras catalán. Con Francisco Godia, Jover foi o primeiro piloto español en competir na Fórmula Un.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Jover correu para Scuderia Milano - Maserati no Gran Premio de Bari de 1947, onde terminou sexto,[2] e no Gran Premio de Albi de 1948, onde chegou sétimo.[3] Logo terminou segundo nas 24 Horas de Le Mans de 1949 con Henri Louveau.[4]
Na tempada de 1951 participou no Gran Premio de España de 1951 de Fórmula Un, cualificacou 18º, pero non comezou a carreira logo de que o seu motor rebentara.[5]
Jover cambiou as hillclimbing, e tamén as carreiras de resistencia coa Scuderia Pegaso. Sufriu graves feridas na perna esquerda cando se estrelou co seu Pegaso Z-102 durante as probas para as 24 Horas de Le Mans de 1953, pero volveu as hillclimbing en xuño de 1954.[6] En 1957, gañou o Gran Premio de Barajas nun Maserati 200S, e ao ano seguinte gañou La Rabassada hillclimb, pilotando un Mercedes-Benz 300SL.
Jover morreu nun accidente de tráfico en 1960, cando o seu convertible saíuse da estrada e caeu por un cantil preto de Sitges en Cataluña.
Resultado completos na Fórmula Un
[editar | editar a fonte](Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1951 | Scuderia Milano | Maserati 4CLT/48 | Maserati 4 en liña | SUI | 500 | BEL | FRA | GBR | ALE | ITA | ESP NTS |
NC | 0 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Take 12 Spaniards - a nation's racing history". formula1.com. April 2008. Consultado o 18 novembro 2010.
- ↑ "I Bari Grand Prix". silhouet.com. Consultado o 18 November 2010.
- ↑ "X Grand Prix de l'Albigeois". silhouet.com. Consultado o 18 November 2010.
- ↑ "17èmes Grand Prix d'Endurance les 24 Heures du Mans 1949". experiencelemans.com. Consultado o 18 novembro 2010.
- ↑ "Grand Prix results: Spanish GP, 1951". grandprix.com. Consultado o 18 novembro 2010.
- ↑ "An 'original' design...". Autosport. Summer 2001. Consultado o 18 novembro 2010.