Saltar ao contido

Just Fontaine

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJust Fontaine

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Just Louis Fontaine Editar o valor en Wikidata
18 de agosto de 1933 Editar o valor en Wikidata
Marrakech (Protetorado Francês em Marrocos) Editar o valor en Wikidata
Morte28 de febreiro de 2023 Editar o valor en Wikidata (89 anos)
Tolosa (Francia) Editar o valor en Wikidata
EducaciónLycée Lyautey (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura174 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, adestrador de fútbol Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1950 Editar o valor en Wikidata - 1962 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaFrancia Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1950–1953 US Marocaine Casablanca 48(62)
1953–1956 Olympique Gymnaste Club Nice Côte d'Azur 69(43)
1956–1962 Stade de Reims Champagne 131(122)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1953–1960   Francia 21(30)
  Adestrador Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Paris Saint-Germain
1967–1967   Francia Editar o valor en Wikidata
Participou en
xuño de 1958Mundial de Fútbol Suecia 1958 Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm1408519 FIFA: 29875 UEFA: 35676 WikiTree: Fontaine-2360 Editar o valor en Wikidata

Just Fontaine, nado en Marrakech (daquela pertencente ao Marrocos Francés) o 18 de agosto de 1933 e finado en Tolosa (Francia) o 1 de marzo de 2023, foi un futbolista francés.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Ten a marca de máis goles anotados nun mesmo mundial, 13 goles no Mundial de Fútbol Suecia 1958. Na clasificación de máis goles en total figura no cuarto posto, detrás de Gerd Muller con 14, Ronaldo con 15 e Miroslav Klose con 16 goles.

Fontaine comeza a súa carreira no USM Casablanca, onde xoga entre 1950 e 1953. o Nice reclútao ese mesmo ano, onde xogará ata 1956 e anotará 44 goles. Rematará no Stade de Reims substituíndo a Raymond Kopa e con 121 goles en seis tempadas. En total, na liga francesa marcou 165 goles en 200 encontros, e gañou dúas veces o campionato, en 1958 e 1960.

Coa selección francesa, os seus números son aínda máis impresionantes. No seu debut o 17 de decembro de 1953 anota 3 goles contra Luxemburgo, rematando o encontro en 8-0. En total coa escuadra nacional marcou 30 goles en 21 partidos, entre eles os 13 do mundial de 1958. Segundo conta o propio Fontaine, neste torneo tirou dezasete veces a porta: trece goles, tres paradas dos porteiros e un remate fóra.

Fontaine xogou o seu derradeiro encontro en xullo de 1962, obrigado a retirarse por mor dunha lesión recorrente.

Foi elixido por Pelé coma un dos 125 mellores futbolistas vivos en marzo de 2004. Tamén foi escollido mellor xogador francés dos últimos 50 anos pola Federación Francesa de Fútbol en novembro de 2003.[1]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]