Saltar ao contido

Katharine Ross

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaKatharine Ross

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Katharine Juliet Ross Editar o valor en Wikidata
29 de xaneiro de 1940 Editar o valor en Wikidata (84 anos)
Hollywood (Estados Unidos de América) Editar o valor en Wikidata
EducaciónLas Lomas High School (en) Traducir
Diablo Valley College (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz, actriz de televisión, escritora de literatura infantil, actriz de cinema, actriz de teatro, escritora, autora, guionista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1962 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoWéstern Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeSam Elliott (1984–)
valor descoñecido (1974–1979), divorcio
Conrad Hall (1969–1974), divorcio
valor descoñecido (1964–1967), divorcio
Joel Fabiani (1960–1962), divorcio Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0001684 Allocine: 1790 Allmovie: p61632 92368 TV.com: people/katharine-ross BNE: XX1151608 WikiTree: Ross-10444 Editar o valor en Wikidata

Katharine Juliet Ross, nada en Hollywood (California) o 29 de xaneiro de 1940,[1] é unha actriz estadounidense.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Katherine Ross naceu en Hollywood, California, en 1940, cando o seu pai Douley Ross estaba na mariña de guerra.[2] O seu pai tamén traballou máis adiante para a axencia Associated Press.[3] Durante a súa infancia, a súa familia instalouse en Walnut Creek (California), ao leste de San Francisco, e Ross graduouse na Las Lomas High School en 1957. Na súa mocidade gustáballe montar a cabalo e era amiga de Casey Tibbs, un xinete de rodeo.[4]

Carreira profesional

[editar | editar a fonte]

Katharine Ross estudou no Santa Rosa Junior College durante un ano, de 1957 a 1958, onde foi introducida no mundo da actuación nunha montaxe teatral do musical The King and I. Despois, retirouse do curso para mudarse a San Francisco, onde decidiu estudar interpretación e arte dramática.[5] Máis tarde uniuse ao The Actors Workshop e estivo con eles tres anos, ata 1962, traballando como suplente e chegando a aparecer espida no escenario nunha obra de Jean Genet. En 1964 interpretou a Cordelia nunha representación de O rei Lear, dirixida por John Houseman.[6][7] Mentres estaba co grupo comezou a actuar en series de televisión nos Ánxeles para poder gañar cartos extra. Despois trasladouse a Hollywood a petición da Metro-Goldwyn-Mayer e foi contratada por Universal Studios.[8]

O seu primeiro papel na televisión foi en Sam Benedict, en 1962. Foi contratada polo axente Wally Hiller, e en 1964 apareceu en episodios de Arrest and Trial, O Virxiniano, Gunsmoke e The Alfred Hitchcock Hour (en 1963).[9] Despois fixo unha proba de pantalla para o filme The Young Lovers, en 1964, e traballou na súa primeira longametraxe, Shenandoah, en 1965, ao que seguiu un papel protagonista xunto a James Garner en Mr. Buddwing, de MGM. En 1966, apareceu nun episodio da serie The Road West, de NBC.

Ese mesmo ano, comezou a protagonizar filmes de éxito. Despois apareceu nos populares O graduado, de 1967, interpretando a Elaine Robinson, e Butch Cassidy and the Sundance Kid, de 1969, encarnando a Etta Place.[10] En 1967, participou na cerimonia de entrega dos premios Óscar para entregar o premio á mellor fotografía a Burnett Guffey, polo seu traballo no filme Bonnie e Clyde. Ademais, nesta edición dos premios, Ross era candidata ao Óscar á mellor actriz secundaria, premio que finalmente gañou Estelle Parsons. Tamén recibiu o Globo de Ouro á nova estrela do ano.[5]

Na décaa de 1970, Ross tivo un papel protagonista en The Stepford Wives (1975), co que gañou un premio Saturn á mellor actriz e conseguiu o seu segundo Globo de Ouro polo seu traballo no drama Voyage of the Damned (1976). Outros papeis durante este período inclúen The Swarm (1978), The Legacy (1978) e The Final Countdown (1980). Ross apareceu en vairos telefilmes na década de 1980, como Murder in Texas (1981) e The Shadow Riders (1982), e tamén participou na serie televisiva The Colbys entre 1985 e 1987.

Ross pasou a maior parte da década de 1990 semirretirada, aínda que retornou cun papel no filme de culto de Richard Kelly Donnie Darko (2001). En 2016, prestou a súa voz para a serie animada American Dad! e en 2017 protagonizou a comedia dramática The Hero, xunto ao seu esposo, o actor Sam Elliott.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Ross casou en cinco ocasións. O seu primeiro matrimonio foi co actor Joel Fabiani, de 1960 a 1962.[11] Despois estivo casada con John Marion, de 1964 a 1967.[12] En 1969, casou co director de fotografía Conrad Hall, mais separáronse en 1973.[13] Tamén estivo casada con Gaetano "Tom" Lisi, de 1975 a 1979.

Finalmente, en maio de 1984, contraeu matrimonio co actor Sam Elliott,[14][15] e catro meses despois naceu a súa única filla, Cleo Rose Elliott.

Filmografía

[editar | editar a fonte]
Ano Título Personaxe
1965 Shenandoah Ann Anderson
1965 Mister Buddwing Janet
1966 The Singing Nun Nicole Arlien
1967 The Longest Hundred Miles Laura Huntington
1967 Games Jennifer Montgomery
1967 O graduado Elaine Robinson
1968 Hellfighters Tish Buckman
1969 Butch Cassidy and the Sundance Kid Etta Place
1969 O val do fuxitivo Lola
1970 Fools Anais Appleton
1972 Get to Know Your Rabbit Nameless Woman
1972 They Only Kill Their Masters Kate Bingham
1974 Love and Chance Docteur Constance Weber
1975 The Stepford Wives Joanna Eberhart
1976 Voyage of the Damned Mira Houser
1976 Wanted: The Sundance Woman Etta Place / Mrs. Sundance /
Annie Martin / Bonnie Doris
1978 The Betsy Sally Hardeman
1978 The Swarm Helena Anderson
1978 The Legacy Margaret Walsh
1979 Murder by Natural Causes Allison Sinclair
1980 The Final Countdown Laurel Scott
1980 Rodeo Girl Sammy Garrett
1981 Murder in Texas Ann Kurth
1982 Wait Until Dark Suzy Hendrix
1982 Marian Rose White Nurse Bonnie MacNeil
1982 The Shadow Riders Kate Connery/Sister Katherine
1982 Wrong Is Right Sally Blake
1983 Travis McGee Gretel Howard
1983 Secrets of a Mother and Daughter Ava Price
1986 Red Headed Stranger Laurie
1991 A Climate for Killing Grace Hines
1997 Home Before Dark Rose
2001 Donnie Darko Dr. Lilian Thurman
2002 Don't Let Go Charlene Stevens
2006 Eye of the Dolphin Lucy
2013 Wini + George Wini
2015 Slip, Tumble & Slide Charlene Stevens
2017 The Hero Valerie Hayden
2019 Attachments Eileen
  1. Chase's 2015, p. 106.
  2. "Kentucky New Era - Google News Archive Search". 
  3. Amory, Cleveland (8 de abril de 1977). "Katharine Ross has always wanted to play an Indian". The Modesto Bee. Consultado o 10 de agosto de 2010. [Ligazón morta]
  4. Bradford, Jack (18 de xuño de 1968). "Off the Grapevine". Toledo Blade. Consultado o 10 de agosto de 2010. 
  5. 5,0 5,1 De Paolo, Ronald (1 de marzo de 1968). "Sudden Stardom of the 'Graduate Girl'". Life. Consultado o 10 de agosto de 2010. 
  6. Houseman, John (1984). Final Dress. Simon & Schuster. p. 263. ISBN 0-671-42032-1. 
  7. Schuhmach, Murray (22 de maio de 1964). "Hollywood 'Lear' lures Carnovsky; Actor Blacklisted in '51 to Play Title Role at U.C.L.A.". New York Times. Consultado o 12 de agosto de 2010. 
  8. Champlin, Charles (7 de xuño de 1969). "Katherine Ross: Post-Graduate". The Tuscaloosa News. Consultado o 10 de agosto de 2010. 
  9. Gaydos, Steven (5 de febreiro de 2015). "Katharine Ross Looks Back on Being a Young TV Star in the ’60s". Variety. Consultado o 1 de marzo de 2015. 
  10. Andreychuk, Ed (1997). The golden corral: a roundup of magnificent Western films. McFarland. p. 142. ISBN 0-7864-0393-4. 
  11. Gold (2002). "When San Francisco Was Cool". En James O'Reilly; Larry Habegger; Sean O'Reilly. Travelers' Tales San Francisco: True Stories. Travelers' Tales. p. 30. ISBN 1-885211-85-6. 
  12. Story of love between Sam Elliott and Katherine Ross, who had 4 husbands before
  13. Haber, Joyce (19 de marzo de 1973). "Katharine Moves, Horses and All". Los Angeles Times. Arquivado dende o orixinal o 3 de novembro de 2012. Consultado o 12 de agosto de 2010. 
  14. "Katharine Ross". People. 4 de maio de 1992. Arquivado dende o orixinal o 28 de abril de 2016. Consultado o 10 de agosto de 2010. 
  15. Magruder, Melonie (31 de decembro de 2008). "Straight from her heart". Malibu Times. Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2019. Consultado o 10 de agosto de 2010. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]