Katy Perry
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2020.) |
Katheryn Elizabeth Hudson, nada o 25 de outubro de 1984 en Santa Bárbara (California), é unha cantante, compositora, bailarina e xurado televisiva estadounidense, coñecida artisticamente como Katy Perry.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Logo de cantar na Igrexa durante a súa infancia, comezou a súa carreira musical sendo adolescente cantando gospel. Firmou coa discográfica Red Hill Records e lanzou o seu álbum debut Katy Hudson (o título do álbum é o seu nome orixinal) en 2001. Non obstante, este álbum non tivo éxito. O ano seguinte, mudouse a Os Ánxeles para probar un novo estilo de música separado do seu pasado relixioso logo do peche de Red Hill Records, e así comezou a traballar con produtores como Glen Ballard, Dr. Luke, ou Max Martin. Logo de adoptar o nome artístico de Katy Perry e de deixar The Island Def Jam Music Group e Columbia Records, firmou un contrato coa discográfica Capitol Records en abril do ano 2007. Perry alcanzou a fama en 2008 co seu segundo álbum musical, One of the Boys (Un dos rapaces), un disco pop rock que contiña os singles "I Kissed a Girl" (Biquei unha rapaza) e "Hot n Cold" (Quente e frío). O seu terceiro álbum, Teenage Dream (Soño adolescente) lanzado no ano 2010, atreveuse cun estilo disco, e foi o seu primeiro álbum en chegar ao número un na listaxe estadounidense dos Billboard Hot 100 grazas aos singles "California Gurls" (Rapazas californianas), "Teenage Dream" (Soño adolescente), "Firework" (Fogo artificial), e "Last Friday Night (T.G.I.F)" (A noite do venres pasado) mentres "The One That Got Away" (O que se escapou) alcanzou o posto número tres. Este álbum converteuse no primeiro álbum dunha artista feminina en conseguir cinco números un nos Estados Unidos, e o segundo álbum en xeral en obter este recoñecemento logo do álbum Bad de Michael Jackson. No ano 2012, Perry reeditou o álbum co nome de Teenage Dream: The Complete Confection, contendo as cancións "Part of Me" (Parte de min) e "Wide Awake" (Completamente desperto). O seu seguinte ábum foi Prism (Prisma) publicado no ano 2013, o cal se converteu no seu segundo álbum en chegar á cima das clasificacións estadounidenses. Contén influencias dos estilos pop e dance, e con el Perry converteuse na primeira artista en obter un billón de visitas en múltiples vídeos no canal Vevo; ditos vídeos foron: "Roar" (Ruxido) e "Dark Horse" (Cabalo Escuro). Continuou a súa produción musical no ano 2017 co álbum Witness (Testemuña), o cal indagou no estilo do electropop e se converteu no seu terceiro álbum en acadar o número un nos Estados Unidos. "Chained to the Rhythm" (Encadeado ao ritmo) foi o single máis exitoso do álbum, rompendo o récord de Spotify do maior número de reproducións no primeiro día de emisión dunha canción dunha artista feminina.
Perry recibiu varios premios, incluíndo catro Guiness World Records, cinco American Music Awards, un Brit Award, e un Juno Award. Foi incluída na listaxe anual de Forbes das mulleres máis ricas no mundo da música dende o ano 2011 ata o ano 2018. O seu patrimonio neto estimado era de $125 millóns no ano 2016. É unha das artistas musicais con maior número de vendas en todos os tempos, vendendo máis de 18 millóns de copias de álbums e 125 millóns de sinxelos mundialmente durante a súa carreira.
No referido á industria cinematográfica, lanzou un documental autobiográfico titulado Katy Perry: Part of Me (Katy Perry: unha parte de min) no ano 2012 e tamén participou como actriz de doblaxe de Pitufina no filme dos Pitufos do ano 2011 e na súa continuación no ano 2013.
Perry tamén ocupa o cargo de xuíza no programa American Idol dende o ano 2018.
Vida privada
[editar | editar a fonte]Katy Perry é a filla mediana de dous pastores evanxélicos, tendo unha irmá máis vella (Angela) e un irmán máis novo (David).
Katy Perry comezou a cantar na súa igrexa desde os nove até os dezaseis anos. Perry, medrou escoitando música gospel. Asistiu a escolas cristiás e campamentos. Como un rapaza calquera, Katy Perry, aprendeu a bailar nunha sala de Santa Bárbara. Ela estivo a cargo de bailaríns e comezou co swing, Lindy Hop, e jitterbug. Ao cabo, decidiu abandonar a escola para seguir unha carreira na música. Recibiu así mesmo clases de canto e durante un tempo estudou ópera italiana.
O 4 de marzo de 2020 colgou na súa páxina de Youtube unha nova canción e vídeo, no cal confirmou o seu embarazo. Momentos despois da publicación do vídeo, fixo unha emisión en directo na súa páxina de Instagram na cal confirmou que no verán do 2020 sacaría un novo álbum: darei a luz literal e figuradamente.
Discografía
[editar | editar a fonte]- Álbums de Estudio
- Katy Hudson (2001)
- One of the Boys (2008)
- Teenage Dream (2010, reeditado no 2012 como Teenage Dream: The Complete Confection)
- Prism (2013)
- Witness (2017)
- EPs
- Ur So Gay (2004)
- The Hello Katy Australian Tour EP (2009)
- Outros Discos
- Katy Perry (2004)
- The Matrix (2004)
Tours
[editar | editar a fonte]- Hello Katy Tour (2009)
- California Dreams Tour (2011-2012)
- Prismatic World Tour (2014-2015)
- Witness: The Tour (2017-2018)
Filmografía
[editar | editar a fonte]- The Smurfs (2011)
- Katy Perry: Part of Me (2012)
- The Smurfs 2 (2013)
- Brand: A Second Coming (2015)
- Katy Perry: The Prismatic World Tour (2015)
- Katy Perry: Making of the Pepsi Super Bowl Halftime Show (2015)
- Jeremy Scott: The People's Designer (2015)
- Zoolander 2 (2016)
- Popstar: Never Stop Never Stopping (2016)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Katy Perry |