Knoppix
Knoppix | |
---|---|
Knoppix (6.0.1). | |
Desenvolvedor | Klaus Knopper |
Familia de S.O. | Linux |
Modelo de desenvolvemento | Software libre |
Núcleo | Linux |
Tipo de núcleo | Monolítico |
Licenza | GPL |
Última versión estable | 7.7.1 27 de outubro de 2016 |
Estado actual | En desenvolvemento |
Sitio web | knoppix.org |
Knoppix é unha distribución de GNU/Linux creada polo alemán Klaus Knopper en 2002. Knoppix está baseada en Debian e execútase directamente dende un CD/DVD sen usar o disco duro ou instalar ningún ficheiro nel. Knoppix usa o ambiente gráfico LXDE, pero existe unha opcións para empregalo KDE Plasma 5 e con Gnome[1].
Características
[editar | editar a fonte]A súa detección de hardware permite que se arrinque directamente un ambiente gráfico na maioría das máquina sen necesidade de configuración ningunha. Conéctase automaticamente á maioría dos tipos de redes, e inclúe software tanto para uso normal (especialmente navegadores web, a suite informática LibreOffice, e o programa de retoque fotográfico GIMP) coma para a reparación de sistemas. O completo ambiente gráfico e de rede é máis cómodo cá xeración anterior de discos de arrinque para os administradores de sistemas que reparaban sistemas nos que os discos duros non arrincaban. Ademais Knoppix permite conservar os cartafois persoais dos usuarios e a configuración do sistema despois de apagar o ordenador. Aínda que Knoppix é unha distribución de Linux en Live CD pódese instalar no disco duro mediante un script.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficial Arquivado 08 de xullo de 2005 en Wayback Machine. (en inglés)
- Knoppix Arquivado 15 de agosto de 2019 en Wayback Machine. (en castelán)
Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |