Saltar ao contido

Lactación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Símbolo Internacional da Lactación.
Neno aleitándose.

A lactación[1] é a alimentación con leite do seo materno. A Organización Mundial da Saúde (OMS) e o Fondo das Nacións Unidas para a Infancia (Unicef) sinalan así mesmo que a lactación «é unha forma inigualable de facilitar o alimento ideal para o crecemento e desenvolvemento correcto dos nenos».[2]

Fomento da lactación e recomendacións

[editar | editar a fonte]

A OMS e o Unicef recomendan como imprescindible a lactación materna exclusiva durante o seis primeiros meses do bebé. Tamén recomendan seguir aleitando a partir dos seis meses, ao mesmo tempo que se vai ofrecendo ao bebé outros alimentos propios para a súa idade complementarios, até un mínimo de dous anos.[3] A Academia Americana de Pediatría recomenda manter a lactación polo menos durante o primeiro ano.[4] O Comité de Lactación da Asociación Española de Pediatría coincide nas súas recomendacións con OMS e Unicef.[5]

A Semana Mundial da Lactación Materna celébrase anualmente na primeira semana de agosto.

Duración

[editar | editar a fonte]

Segundo a OMS e o Unicef, a partir dos dous primeiros anos a lactación materna ten que manterse ata que o neno ou a nai decidan, sen que exista ningún límite de tempo. Non se sabe cal é a duración "normal" da lactación materna na especie humana. Os referentes sobre os termos e características da lactación compréndense desde o contexto cultural das nais que lactan, de tal forma que os períodos de lactación pódense estender tanto como a variabilidade de culturas existentes no mundo. No mundo podemos referir casos onde se considera un acto unicamente de bebés de poucas semanas ou meses, así como tamén se atopan casos nos que se mantivo a lactación durante varios anos.

Algúns estudos antropolóxicos publicados conclúen que a franxa natural de lactación en humanos atópase situada entre os dous anos e medio e os sete anos.[6][7]

Lactación e feminismo

[editar | editar a fonte]

No Estado Español o libro La lactancia materna. Política e identidad da Editorial Cátedra de Beatriz Gimeno achégase á lactación desde a teoría feminista.[8]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para lactación.
  2. OMS, UNICEF. Protección, promoción y apoyo de la lactancia natural: la función especial de los servicios de maternidad. Ginebra: Organización Mundial de la Salud; 1989. Arquivado 11 de decembro de 2009 en Wayback Machine.
  3. Organización Mundial de la Salud. Ginebra: Organización Mundial de la Salud (2002). http://www.who.int/nutrition/publications/gs_infant_feeding_text_spa.pdf «Estrategia mundial para la alimentación del lactante y el niño pequeño.»] Consultado o 28 de novembro de 2009.
  4. American Academy of Pediatrics Section on Breastfeeding. and the use of human milk.» Pediatrics. 2005 Feb;115(2):496-506. Arquivado 25 de febreiro de 2012 en Wayback Machine.
  5. Comité de Lactancia Materna de la Asociación Española de Pediatría. «Recomendaciones para la lactancia materna.» Arquivado 25 de marzo de 2010 en Wayback Machine. Asociación Española de Pediatría; 2008.] Consultado o 28 de novembro de 2009.
  6. Dettwyler, K. A. «A time to wean: the hominid blueprint for the natural age of weaning in modern human populations.» En: Stuart-Macadam, P., Dettwyler, K. A., editores. Breastfeeding: biocultural perspectives. New York: Aldine de Gruyter; 1995. pp. 39-73.
  7. Dettwyler, K. A. «Duration of breast feeding and adult arterial distensibility. Humans are primates, designed to breast feed for years not months.» BMJ. 2001 Sep 22;323(7314):689-90 Dispoñible en: http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pmc/articles/PMC1121244/?tool=pubmed] Consultado el 28 de novembro de 2009.
  8. Requena Aguilar, Ana (23 de maio de 2018). "La lactancia está sirviendo para marcar el estándar de la buena y la mala madre. Entrevista Beatriz Gimeno". El Diario. Consultado o 24 de maio de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Baumslag, Naomi; Michels, Dia L. (1995). Bergin & Garvey, ed. Milk, money, and madness: the culture and politics of breastfeeding. Westport, Connecticut. ISBN 978-0-313-36060-2. 

Outros artigos

[editar | editar a fonte]