Lee Remick
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de decembro de 1935 Quincy, Estados Unidos de América |
Morte | 2 de xullo de 1991 (55 anos) Brentwood, Estados Unidos de América |
Causa da morte | cancro de ril cancro de fígado |
Educación | Barnard College (pt) |
Actividade | |
Ocupación | actriz, actriz de teatro, actriz de televisión, actor de xénero, actriz de cinema |
Período de actividade | 1953 - 1989 |
Familia | |
Nai | Gertrude Margaret Remick |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
|
Lee Ann Remick, nada en Quincy (Massachusetts) o 14 de decembro de 1935 e finada nos Ánxeles (California) o 2 de xullo de 1991, foi unha actriz estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Despois de estudar danza, debutou no teatro e na televisión antes de dar o salto ao cine grazas a Elia Kazan, que a fixo aparecer en A Face in the Crowd (1957) xunto ao tamén debutante Andy Griffith. O seu aspecto sensual fixo que Remick fose a intérprete feminina revelación da tempada (chegou a aparecer na prensa como "a resposta americana" á francesa Brigitte Bardot), e este estado confirmouse ao final desa década coas súas actuacións en The Long, Hot Summer, de Martin Ritt (1958), Anatomía dun asasinato, de Otto Preminger (1959) e These Thousand Hills, de Richard Fleischer (1959).
En 1957 casou co produtor e director Bill Colleran con quen tivo dous fillos. Divorciáronse once anos despois.
Na década de 1960 demostrou o seu talento na interpretación con filmes como Río salvaxe (1960) con Montgomery Clift e dirixido por Elia Kazan, Días de viño e rosas (1962), unha filme sobre o alcoholismo coprotagonizado por Jack Lemmon e dirixido por Blake Edwards que lle valeu unha candidatura ao Óscar; Experiment in Terror (1962) tamén de Edwards e con Glenn Ford, The Running Man (1963) de Carol Reed, Wheeler Dealers (1963) de Arthur Hiller, Baby the Rain Must Fall (1965) de Robert Mulligan, The Detective (1968) de Gordon Douglas, ou No Way to Treat a Lady (1968) de Jack Smight.
Nesa década tamén volveu á pequena pantalla e aos escenarios de Broadway, onde brillou e foi recompensada cunha candidatura ao Premio Tony pola súa interpretación na obra Wait until Dark.[1]
A alternancia entre os medios continuou nos anos setenta, cando Lee aumentou as súas aparicións televisivas. No cine destacaron títulos como Ás veces unha grande noción (1971) de Paul Newman, The Omen (1976) de Richard Donner, Telefon (1977) de Don Siegel ou The Europeans (1979) de James Ivory.[2]
Durante os anos 80 e 90 continuou a traballar case exclusivamente en producións de televisión e ela mesma, xunto con Peter Duchow e James Garner, fundou a súa propia produtora en 1988.
Despois de divorciarse de Colleran en 1968, casou con William Rory Gowans en 1970, que quedou viúvo o 2 de xullo de 1991 cando a actriz de Massachusetts morreu de cancro nos Ánxeles. Só tiña 55 anos.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Personaxe |
---|---|---|
1957 | A Face in the Crowd | Betty Lou Fleckum |
1958 | The Long, Hot Summer | Eula Varner |
1959 | These Thousand Hills | Callie |
1959 | Anatomía dun asasinato | Laura Manion |
1960 | Río salvaxe | Carol Garth Baldwin |
1961 | Sanctuary | Temple Drake |
1962 | Experiment in Terror | Kelly Sherwood |
1962 | Días de viño e rosas | Kirsten Arnesen Clay |
1963 | The Running Man | Stella |
1963 | The Wheeler Dealers | Molly Thatcher |
1965 | Baby the Rain Must Fall | Georgette Thomas |
1965 | A batalla dos outeiros do whisky | Cora Templeton Massingale |
1968 | No Way to Treat a Lady | Kate Palmer |
1968 | The Detective | Karen |
1969 | Hard Contract | Sheila Metcalfe |
1970 | Loot | Nurse Fay McMahon |
1970 | A Severed Head | Antonia Lynch-Gibbon |
1971 | Ás veces unha grande noción | Viv Stamper |
1973 | A Delicate Balance | Julia |
1974 | Touch Me Not | Elanor |
1975 | Hennessy | Kate Brooke |
1976 | The Omen | Katherine Thorn |
1977 | Telefon | Barbara |
1978 | The Medusa Touch | Doctor Zonfeld |
1979 | The Europeans | Eugenia Young |
1980 | The Competition | Greta Vandemann |
1980 | Tribute | Maggie Stratton |
1988 | Emma's War | Anne Grange |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Search Results: Lee Remick". Tony Awards. Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2016. Consultado o 26 de setembro de 2015.
- ↑ Smith, Cecil (30 de abril de 1979). "A Rush of Lee Remick on Television" Los Angeles Times: E1.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lee Remick |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Lee Remick en Film Reference